SI O ENCORO DO UMIA SIGUE : 

MILLARES DE AREEIRAS ONDE SE CRÍA O MARISCO, CORREN O RISCO DE MODIFICARSE E PERDER CAPACIDADE PRODUCTIVA. PODE SE-LA RUÍNA.

 

O delta do Umia. Un lugar importantísimo de recollida de marisco en peligro.(Aeroguía del litoral-geoplaneta)

Na fotografía o río Umia que desemboca xusto frente a Toxa e O Grove, un lugar fora de serie para o marisco e que corre peligro.

Unha mariscadora de Cambados  decía nunha reunión informativa :

  "Teño 64 anos e levo desde os seis no Sarrido, eu sempre dixen que si este encoro vai arriba, nuns anos, estas praias só van valer pra bañarse".

Sin dúbida ten tódala razón.

 

A afirmación anterior require unha explicación científica:

Efectivamente o encoro do Umia non soio vai afectarse e moítisimo as comarcas de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, afectará é de forma grave aguas abaixo, xa que producirá cambios no delta do Umia ( O Sarrido) ao interrumpir o aporte de sedimentos provenientes da conca alta do río ( precisamente é no curso alto onde se produce maior erosión...) .  Este sedimento, mica feldespato e cuarzo meteorizados ( area), é o que formou e mantén o Sarrido a pesares das mareas. Se falta este aporte, as millores areeiras onde se cría o marisco, corren o risco de modificarse e perder capacidade productiva.

A conclusión é evidente ( non fai falta ser moi listo nin especialista no tema) , os ríos son un dos primeiros "ordenadores do territorio", son un ente vivo dende o seu nacemento ata a súa desembocadura, non se pode modificar unha parte deles sen que esto afecte á totalidade.

 

Desembocadura do Umia. Xurxo Lobato no libro Natureza Galega editado pola Xunta de Galicia.

Fotografía de Xurxo Lobato da Voz de Galicia, onde se ve a desembocadura do Umia. Un lugar incríble para o marisco. Sin dúbida o mellor do mundo.

" A nós a Xunta esíxenos de todo. Agora temos que pagar unha inseguridade social, permisos..., e a eles, ¿ quen lles esixe nada ? ., temos os depósitos de Ferrazo, o do novo porto deportivo da Toxa, o encoro....Os nosos políticos gábanse por ahí afora de que a Ría de Arousa é a máis productiva do mundo, e sen embargo actúan como si esa riqueza fora a durar toda a vida, facéndonos creer que é compatible cos recheos da costa, incremento do tráfico de sustancias perigosas pola ría, portos deportivos que transformarán as praias, o encoro de Caldas...Non hai ningunha política que garante que esa productividade se vai manter... O problema, é que a pesar da gran riqueza que xenera, da cantidade de postos de traballo, as familias que viven do mar ( unha riqueza moi repartida), é precisamente que os beneficiarios son xente autónoma, sen capacidade algunha de presión ante os grandes poderes económicos. Polo que un capital como o do Señor Cortizo, beneficiario da concesión do encoro de Caldas, dalle o poder e unha capacidade de presión que non terían miles de familias que viven do mar, ou do campo - no caso das terras asolagadas-."

Estas frases escoitáronse na reunión.

 

O ANTERIOR PON OS PELOS DE PUNTA. E NA MIÑA OPINIÓN,É  DENIGRANTE QUE ESTO ESTÉ A OCURRIR EN GALICIA, UN PAÍS DEMOCRÁTICO E LIBRE.

Venme a cabeza a famosa frase de López Cuevillas:

" Galicia es un país que quiere suicidarse y no lo consigue"

Ninguén sabe quen queima o monte, quen arrasa os ríos con minicentrales ( algún día se sabrá quenes están detrás, algún vai ruborizarse...), quen fai encoros como o do Umia esnafrando unhas terras marabillosas ( salvo os veciños de Caldas, Cuntis e Moraña e poucas máis), quen acaba co marisco, quen dinamita a sardiña, quen lle bota sosa as troitas e salmóns, quen fai que desaparezan o salmón, a lamprea, o sábalo , o sabago e un largo etc. Esto decía Cuevillas.

 

Eu dígolle a este gran home ( si me pode escoitar) :

"XA EMPEZAMOS A SABER MOITAS COUSAS , DENDE LOGO, SABEMOS QUEN QUERE QUE GALICIA SE SUICIDE ( por no saber manteñer o que temos e mirar únicamente o diñeiro) , E PROBABLEMENTE O CONSIGA  SI NON ACUDIMOS A TEMPO, A XENTE ESTÁ DESPERTANDO... E VENDO A REALIDADE, PERO ESTE DESPERTAR É LENTO E POIDA QUE NON CHEGUE PARA SALVAR  O MOITO QUE AÍNDA QUEDA".

Dibuxo de Fran Ameixeiras.

¡¡¡ O ENCORO DO RÍO UMIA NON PODE SEGUIR ADIANTE, ESTAN EN XOGO MOITAS COUSAS IMPORTANTES PARA OS GALEGOS !!!

 

¡¡¡¡ PEDIMOS XUSTIZA PARA GALICIA !!!!

salir.jpg (922 bytes) Saír.