A FINALIDADE PARECE QUE É UNICAMENTE A PRODUCCIÓN ELECTRICA

Estado actual do encoro. Unha desfeita.

Altura: 35,5 metros. Superficie ocupada : 6 Kms.

Fotografía do muro do encoro sacada da páxina www de Néstor Fabián Ferreiro   sobre Caldas de Reis.

A DEMAGOXIA O SERVICIO DA UTILIDADE PÚBLICA:

triangulo.gif (115 bytes) A demagoxia consiste en afirmar que o encoro resolverá o problema das enchentes do río : demagoxia que se desmonta según a miña información có argumento contundente, que figura no proxecto, de que non se resolverá este problema xa que nas crecidas están implicados outros ríos, como o río Chaín, Follente e Bermaña. O mismo proxecto afirma a súa ineficacia.

 

triangulo.gif (115 bytes) O segundo argumento parece ser que abastecerá de auga á comarca do Salnés. Outro argumento obscuro xa que teño entendido que os alcaldes da zona, teñen afirmado públicamente que este problema o teñen resolto. A Xunta utiliza este argumento para xustificar e declara-la obra como de utilidade pública e polo tanto de urxente ocupación, xa que o aproveitamento hidroeléctrico sería de utilidade privada.

 

triangulo.gif (115 bytes) O terceiro argumento pode ser que o canon ( 60 millóns ó ano) que repercutirá na zona. Argumento sin peso dada as grandes pérdidas ecolóxicas que supondrá a construcción do encoro. Pérdidas impagables. O río Umia vale máis de 60 millóns o ano... moito máis.

wumia5.jpg (10558 bytes)

Fotografía do río Umia, na zona onde fan o encoro.

POLA CONTRA OS VECIÑOS DE CALDAS DE REIS, CUNTIS E MORAÑA SABEN MOI BEN O QUE LLES VEN ENRIBA, E POR ESO SE DEFENDEN E TEÑEN TÓDALA RAZÓN

SON CONSCIENTES DE QUE O PROXECTO É UN FRAUDE AUTÉNTICO E QUE O ÚNICO QUE QUEREN É O APROVEITAMENTO HIDROELÉCTRICO:

POSEEN MULTITUDE DE ESTUDIOS QUE LLES DEMOSTRAN, REPITO, QUE ESTE ENCORO É UN AUTÉNTICO FRAUDE:

                    A VERGOÑA DE GALICIA.

                    POR EXEMPLO OS SEGUINTES:

 

RESUME AUTORES.
n_star.gif (2841 bytes) Informe sobre o gravísimo impacto ambiental para a fauna e a flora, así como as múltiples irregularidades do estudio de impacto ambiental. Autor: Marco Gonzalez, profesor de Bioloxía de Santiago.
n_star.gif (2841 bytes) Informe onde se demostra que no Salnés non hai escasez de auga. Por riba que o encoro non solucionará os problemas das enchentes do río. Autor: Díaz Fierros e Alvarez Tenjo, da Universidade de Santiago.
n_star.gif (2841 bytes)Informes sobre o mexilón de río ( margaritifera), que desaparecerá. Tamén se coñece vulgarmente como "madreperla" de auga doce. Varios autores. Este mexilón existe no Umia e unha especie protexida pola Directiva Habitats, incorporada o dereito Español mediante R.D. en 1995. Esta especie nin siquera aparece no estudio da Xunta.
n_star.gif (2841 bytes)Informe que dice que o terreno non aguantará, que o encoro pódese vir abaixo en  20 anos. Duos Informes da Universidade de Vigo.
n_star.gif (2841 bytes)Querella por falsedade no   estudio ambiental, feito en 10 días pola COTOP. O informe é unha copia burda de outro realizado para Puebla de Guzmán, palabra que cambiaron por Caldas de Reis. ( vergonzoso). Incluso no informe figuran animais que non son da zona. Lamentable.
n_star.gif (2841 bytes)Informe da Delegación de Pontevedra da Consellería de Agricultura da Xunta de Galicia Neste informe descalifícase rotundamente o estudio realizado para facer o encoro.
n_star.gif (2841 bytes)Resolución do VALEDOR DO POBO, co asesoramento da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago. Neste informe ratifícanse as denuncias da Coordinadora sobre as deficiencias do Estudio de Impacto Ambiental.
n_star.gif (2841 bytes)Informe do Arquitecto D. Pedro De Llano sobre a antigüedade da Ponte do Areal. Neste informe afírmase que como mínimo a Ponte do Areal, que no anteproxecto dátase como de "principio de siglo", é de 1834. Faise a denuncia perante a Delegación da Consellería de Cultura.

 

SABEN DE SOBRA O QUE SUPORÁ ESTE ENCORO PARA A ZONA:

n_star.gif (2841 bytes)Os encoros desgracian o río. Os seus efectos están suficientemente estudiados e son mortais para a fauna e para o entorno. ( Si se queren ver os prexuízos das centrais e minicentrais pulsar este links.)

n_star.gif (2841 bytes)O valor paisaxístico reduce drásticamente e en moitos casos dasaparece. Hai que decirlle adeus a fervenza de Segade, a Ponte do Areal e un longo etc.

n_star.gif (2841 bytes)Cambio climático da zona : néboas, humidade, disminución da temperatura, prexuízos para a saúde, pragas, doenzas reumáticas, etc.

n_star.gif (2841 bytes)Prexuízo socio-económico : por tratarse dunha zona de balnearios, cunha potencial riqueza para o futuro turístico.

n_star.gif (2841 bytes)Por contra os estudios da zona en canto a impacto ambiental e outros pormenores foi moi cativo, por non decir inexistente. E incríble que neses estudios se faga mención o voitre negro e a aguía real, que se poden calificar de auténticas salvaxadas, e nunca mellor dito.

n_star.gif (2841 bytes)Hai tamén peligros graves para o sector marisqueiro de Arousa, xa que o encoro vai producir un freo na sedimentación natural do estuario, augas abaixo, e moi preto da desembocadura, e as variacións de caudais de augas doces son determiñantes para os cultivos mariños da zona. Moito máis do que se pensa. O problema dos encoros non é soio na zona do encoro, os maiores problemas, está demostrado, veñen augas abaixo.

n_star.gif (2841 bytes)Etc.

 

Cuiñas ( o Conselleiro de Política Territorial, hoxe en novembre de 1999 medio defenestrado do Partido do PP) en manifestación a TVGA insistía que:  o proxecto resolverá os problemas da agua o val do Salnés e as crecidas do río.

Este Conselleiro en vez de defender realmente o Territorio, parece que únicamente defende as empresas privadas, en contra precisamente do territorio.

 

A coordinadora antiencoro.

A portavoz da Coordinadora, Paloma Fernández, señalou que o Tribunal Supremo de Xusticia de Galicia considera que non está Xustificada a necesidade urxente de auga no expediente. O alto tribunal recoñece que o anteproxecto da presa do Umia descartou no seu día "que o encoro tivera como finalidade a regulación do río Umia a fin de evita-las riadas e inundacións que padecía a vila de Caldas nas enchentas invernais", dado que eran provocadas polos ríos Chaín, Bermaña e Follente. Tamén que o anteproxecto "non refire unha situación de abastecemento alarmante ou inquietante" polo que non había unha situación anómala ou excepcional, en canto ó abastecemento de auga que xustificase a declaración de urxencia.

A Coordinadora anti-encoro. Moi loitadora. Doulle as gracias como galego.

A Coordinadora antiencoro do río Umia solicitará a execución provisional da sentencia dos dous contenciosos interpostos en 1997 e pedirá a paralización cautelar das obras, argumentando que as fincas foron ocupadas ilegalmente. Dende este punto de vista o fallo do TSXG é moi positivo para os que estamos encontra deste mamotreto incríble.

A xente en Caldas , dende logo, esta moi cabreada e indignada e non me estrana. Os informes que hai en contra, son para poñerse a temblar, por riba desfán unha zona incríble e por si esto fora pouco, ocupan ilegalmente as terras.

En definitiva:

As declaracións de Cuiñas en TVGA de que o encoro xustifícase polo abastecemento de auga e o control das enchentas  é un puro conto, cara a opinión pública. O encoro xustifícase únicamente pola producción eléctrica, ese é o obxetivo, o demáis é un engano, como moitos. "Todo por Galicia nai e Señora"...

Fotografía da Xunta. No centro O Conselleiro de Xusticia e o topododeroso Cuiñas.

Fotografía da inaguración das obras. Dende logo una mal día para Galicia. Anoten: 17 de Abril de 1998 ás oito da mañán.

flecha.jpg (1052 bytes) Volver ó Umia.