O PELIGRO DO ENCORO DE CALDAS DE REIS.

               

Encoro do Umia, 08-02-2001.

Sr. Fraga entérese:

"O encoro non resolverá o problema das enchentas de Caldas, o contrario estas serán moito peores en algúns casos, sempre que o ilegal  encoro de Caldas se poña en marcha" .

 É cuestión matemática Sr. Fraga.

 

Coincidindo coas recentes enchentes, abril do ano 2001,  en Caldas de Reis, Fraga declarou que o encoro de Caldas é preciso para acabar dunha vez co espectáculo das lanchas polas rúas de Caldas. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) respondeu a estas declaracións pedindo "máis humildade cando se fala destas forzas da natureza, a menos que o Sr. Presidente se sinta investido de poderes sobrenaturais como para controlar este tipo de fenómenos atmosféricos" e achegando datos que mostran a falta de idoneidade do encoro promovido por Augas de Galicia para evitar inundacións na vila de Caldas. O encoro do Umia semella máis un risco para Caldas que unha protección. 

"Cómpre botar contas: anoten os datos e comproben as operacións.

Demostrarei que: cunha hipótesis de choiva  de por exemplo 80 l/m2 ó longo  aproximadamente dun día o encoro de Caldas pasa de 6,28 Hm3 a 15,36 é decir máis do doble. Para temblar. 



-Cunca vertente ao encoro de Caldas: 192 km2 (Declaración de Impacto Ambiental publicada no BOE do 21 de Xuño do 1.996)
-Intensidade das precipitacións, abril do 2001: 80 l/m2 en Pontevedra; 72 l/m2 no Carballiño; 46 l/m2 en Santiago. Por seguridade, para os cálculos convén tomar o dato máis desfavorábel dos tres.
-Capacidade do encoro: 6,28 hm3 = 6.280.000. m3 = 6.280.000.000 litros.
-Cálculo da precipitación total na cunca vertente no encoro: 192 km2 x 1.000.000 m2 x 80 l/m2 = 15.360.000.000 litros = 15,36 hm3. 

"En resumo, moito máis do dobre da capacidade do encoro. E aínda que supuxéramos que parte da auga caída fica retida no solo (cantidade que despois de estar empapado o terreo ten que ser ben pouco significativa), ou que non choveu con igual intensidade en toda a bacia, os cálculos demostran que o encoro quedaria ben pronto (en menos de 1 dia) rebasado na sua capacidade, o que, en lugar de aliviar, viria a agravar moi perigosamente a situación, pois haberia que abrir comportas para vaciar en lugar de cerralas para reter. E todo iso, a apenas 3 km rio arriba da vila de Caldas. ¿E que supoñer se en lugar de 80 l/m2 fosen 100 l/m2?".

Do encoro a Caldas hai 3 kms.



"¿Imaxinan que poderia ter pasado con tais intensidades de precipitación? ¿A quen haberia que pedir responsabilidades no caso dunha segura catástrofe provocada polo encoro? ¿Aos promotores? Anoten os seus nomes por se acaso!"

En determinadas situacións, os encoros poden agravar as enchentes en lugar de evitalas. ADEGA lembra o acontecido en Noia en 1987, cando estivo a piques de ser desaloxada "por temor a que o nivel da auga pasase (a pesar de ter todas as comportas abertas) por riba da presa do Tambre co conseguinte perigo de ruptura".

 

Saír