Razóns da web


A web "Encoro do Umia",  nace, no ano 1999,  para expoñer a opinión pública o noso desexo de que non se faga  o encoro do Umia xa que iba a perxudicar gravemente a natureza do Salnés e de Galicia, en particular iba destrozar o río Umia,  e o mismo tempo facer ver a necesidade vital de defender os veciños,  propietarios de fincas expropiadas por "utilidade pública", vaia mentira,  que anegará o encoro de Caldas, Cuntis e Moraña.

Esta web trata  que os galegos e non galegos  coñezan  unha loita que se estaba a dar en Caldas de Reis, Cuntis e Moraña en contra de facer un encoro irracional e sin pés nin cabeza e que iba, como así está demostrado, destrozar o río Umia para sempre.

Cos obxectivos anteriores  naceu, anos antes,  a Coordinadora Antiencoro de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, que canaliza os actos en contra da Xunta e de Hidroeléctricas Cortizo S.A.  para que ese encoro non se faga; así como aconsellar e defender os veciños afectados Esta loita comenzou no ano 1994 cando se soupo da construción do encoro.

wumia6.jpg (19248 bytes)

Coordinadora anti-encoro de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña.

 

A COORDINADORA DENUNCIOU NO SEU DÍA E ENTRE OUTRAS COUSAS QUE :
  • O proxecto é un fraude. Que é para aproveitamento hidroeléctrico e se está a utilizar o abastecemento de auga e as enchentes do río como excusa.

  • Que o encoro, ademáis do dano irreversible no patrimonio natural e cultural da Comarca, arruinaría o potencial turístico dos tres Concellos afectados, arruinando ó turismo termal e de natureza, para o que contan coa riqueza natural das augas quentes e da súa paisaxe.

  • Que non se fixeron estudios sobre a posible incidencia do encoro nas augas quentes.

  • Que o anteproxecto presenta gravísimas defiencias nos aspectos xeolóxico e xeotécnico ( existen informes acreditativos destes extremos) o que representa unha ameaza para a vida dos veciños, debido ás fallas do terreo, inadecuado para unha obra destas características ( alta permeabilidade).

  • Que o ESTUDIO DE IMPACTO AMBIENTAL é unha copia dun realizado para outro encoro. A fauna e a flora que se describen, perteñecen ó Sur Peninsular, e incluso figuran topónimos da provincia de Huelva ( Puebla de Guzmán, río Guadiana., etc).

  • Que no anteproxecto, afirmase que a Ponte do Areal, que quedaría anegada polo encoro, e de "principios de século, cando en realidade data de 1834".

 

wumia3.jpg (14942 bytes)

Posteriormente o encoro faixe,  inda que sexa ilegal,  como máis tarde se demostrou nos tribunais. Quedou claro que o único que importaba era a producción hidroeléctrica,  o resto eran mentiras para facer o encoro pola "vía da utilidade para Galicia"  e así pagar por parte da empresa Hidroeléctricas Cortizo o que lle derá a gana. Unha vergoña nun Estado de Dereito e plena democracia, anos 1994 a 2002.

Pero a loita sigue nos anos posteriores, ata hoxe, xa que o encoro, aparte de destrozar un río virxe dende o seu nacemento, logo fixéronse minicentrais na cabeceira,   presenta outros  problemas graves, como o tema das riadas, que non resolveu e incluso aumentou,  e o tema da auga, da que beben Caldas de Reis, Vilagarcia, e outros pobos do Salnés,  que a partir do ano 2006 é un auténtico veleno. Inda por riba estanse a gastar diñeiros que son de tódolos galegos, nunha obra que é para obter diñeiro unha empresa privada. Esperpéntico...

Actualmente, en novembro do 2010 pídese a demolición do encoro. Foi un engano indecente, soio sirve para quitarnos os diñeiros os galegos e para darnos disgustos; e estos inda poden ser máis e peores, pensar que según informes científicos o encoro está feito sobre terreos non estables..

Penso que está máis que xustificado que esta páxina dé a coñecer estas cousas.

 

flecha.jpg (1052 bytes)  Volver ó Umia