A XUNTA ACTUAL NON DA SOLUCIÓN A AUGA DO ENCORO DO UMIA. O PROBLEMA SIGUE. OCTUBRO DO 2010

 

 

 

 

 

Tratamento no Parlamento do Problema

O P.P. condena o encoro do Umia.

   
 

Ante o debate que sobre a situación do río Umia que tivo lugar hoxe mércores (27/10/2010) no Parlamento Galego, ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Umia queren manifestar:
 

 


1. Alédanos escoitar que tamén o grupo de goberno amósase preocupado pola salubridade da auga potable de Caldas de Reis: non podería ser doutra maneira dun grupo de goberno no que (a marxe de demagoxias sobre o que fixo ou deixou de facer o bipartito) descansa a responsabilidade (organismo autónomo de Augas de Galiza) de asegurar a calidade de auga do río e a responsabilidade (Consellería de Sanidade) de garantir que os concellos poidan subministrar á cidadanía unha auga potábel con todas as garantías de salubridade.

2. Tendo en conta o anterior, indígnanos escoitar as propostas que, dende o PP se ofrecen para solucionar o grave problema da proliferación explosiva de cianobacterias do xénero Microcystis aeruginosa nas augas do encoro de Caldas.

É certo que esta contaminación non é específica do encoro de Caldas, que dase tamén noutros encoros como no de As Forcadas en Valdoviño ou no de Belesar na bacía do Miño. Mais temos que recordarlle ao grupo de goberno (e ao propio goberno da Xunta) que, no caso do encoro de Caldas,
a) estamos ante un encoro financiado integramente con cartos públicas coa xustificación de garantir o abastecemento público de toda a comarca do Salnés;

b) e estamos ante un aproveitamento hidroeléctrico que, a maiores de todas as ilegalidades que o mesmo TSXG ten recoñecido en sentenza do 2002 anulando a declaración de utilidade pública, está absolutamente supeditado ao abastecemento público. Así consta na declaración de utilidade pública; na Declaración de Impacto Ambiental do encoro e na Declaración de Efectos Ambientais do aproveitamento hidroeléctrico: “A concesión non comprometerá de nigún xeito a calidade das augas en función cos usos asistentes augas abaixo desta". Así o manda tamén a Lei de Augas que dispón que o abastecemento público ten absoluta prioridade sobre calquera outro uso (incluso sobre os usos ambientais) e así o estabece a Directiva Marco da Auga ao esixir que os plans hidrolóxicos poñan a súa prioridade na calidade auga (máximo cando se destina á potabilización) e na calidade dos ecosistemas fluviais.

Xa que logo, non pode haber escusas: recuperar a concesión e abrir a o encoro para que o río volva a fluír libremente é a única medida efectiva que pode tomar unha administración cunha mínima sensibilidade pola xustiza e pola lei e cun mínimo de sentido común.
3. Dende ADEGA advertímoslle ao grupo Popular que estamos ante unha situación de emerxencia para a saúde pública pola contaminación por microcistina contra a que, como demostran as análises de auga que o Concello de Caldas ten publicado na súa web, de pouco serven os filtros de carbono activo, ou a oxidación con ozono, ou nen sequera a dilución con auga procedente da ETAP de Vilagarcia. Calquera pode ver que nestas análises o nivel de microcistina na auga da billa chega a 0,5 microgramos por litro, nível altamente preocupante por canto é unha toxina con comprobados efectos de bioacumulación e indutora de tumores. E pódese comprobar tamén que, apesar de tan "sofisticado" tratamento con carbono activo e oxidación con ozono, a auga de Caldas resulta SANITARIA E LEGALMENTE IMPOTÁBEL (o seu pH de 5,2 está moi por baixo do pH neutro de 7 e tamén moi por baixo do nivel legal permitido ( 6,5 ) no anexo II do Decreto 140/2003 sobre calidade da auga potable.

Tampouco o grupo Popular debera esquecer que trátase tamén dunha situación de emerxencia para a saúde do río, para a fauna piscícola, para a súa biodiversidade, para a calidade dos ecosistemas fluviais e para os usos recreativos.

Finalmente, resulta dunha absoluta inmoralidade que un día despois de aprobar na chamada Lei de Augas de Galicza un canon que todos os consumidores imos ter que pagar para o financiamento de novas infraestruturas de tratamento e de depuración, dígasenos hoxe que temos que seguir soportando con cartos públicos e de por vida todos os sobrecustos de tratamento e depuración da auga potábel de Caldas e O Salnés sen máis razón para seguir mantendo o negocio privado do Sr Cortizo.

Dende ADEGA e dende a Plataforma para a Defensa do Umia seguiremos defendendo a única alternativa que, en xustiza, por lei e por sentido común, existe para o río e para a salubridade da auga potable: recuperar a concesión hidroeléctrica e abrir definitivamente a presa para que o río volva a fluír libremente. Para iso traballamos e seguiremos traballando.

Rematamos cunha suxestión á presidencia do Parlamento que quixo desaloxar a membros da Plataforma por levar unha camiseta en defensa do río que só mostraba unha foto coa contaminación actual do encoro: esta situación de emerxencia non se resolve prohibindo a protesta pacífica dos cidadáns, senón facendo cumprir a legalidade vulnerada no seu día coa construción do encoro que hoxe síguese incumprindo.


 

 

 

                                                Saír.                                                   Salir.