Según o Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández,  non hai problema nin de enchentas en Caldas, nos dez últimos anos,   nin de microcystis no Umia no 2010. (¡Mentireiro!).

Fotografías do domingo día 7 de novembro do 2010. Jesús Rguez.

  Ver as declaracións do Conselleiro para a prensa: Diario de arousa, Diario de Pontevedra,  Faro de Vigo, Voz de Galicia

«... O embalse evita o dano por enchentas; é un feito incuestionable nos últimos dez anos»... Agustín Hernández.  ¡Mentireiro!

«... Neste ano 2010 non se chegou a detectar toxina no río. Por tanto, non houbo problema de saúde pública»...Agustín Hernández. ¡Mentireiro!

  Resumen de actuacións da Xunta no encoro do Umia.

 Ver a nota de prensa de Adega sobre as declaracións anteriores.

 Ver a nota de prensa do BNG de Caldas de Reis. 16/11/2010.

 Ver o comunicado da Coordinadora Antiencoro do Umia. 16/11/2010.

  Parece que remite la microcistina. 21/11/2010.

Saír.                                                   Salir. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOTA DE ADEGA SOBRE AS DECLARACIÓNS ANTERIORES.

Nota de prensa:

 

O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS VOLVE A POÑER O NEGOCIO HIDROELÉCTRICO DO SR CORTIZO POR DIANTE DA SAÚDE DO RÍO, A SALUBRIDADE DA AUGA POTABLE  E  A SAÚDE DA XENTE

Caldas, 14 novembro do 2010.

 

A Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia ven de anunciar a través dos medios de comunicación unha serie de medidas coas que acabar coa proliferación explosiva de cianobacterias no encoro de  A Baxe, no río Umia (Caldas de Reis), entre as que citou

- a experimentación con balas de palla, similar á que unha equipa de investigadores da USC está a levar a cabo no encoro de As Forcadas;

- a inversión de 350.000 Euros para a eliminación “pola vía de urxencia” de dúas construcións “abandonadas” na zona;

- a declaración da cunca como  zona sensible;

- a elaboración dun Plan de Xestión Integral da bacía do Umia, no que se incluirá a declaración da cunca como zona sensible.

                  Ante tal proposta de actuacións, temos que empezar por dicir que non debera facer falla ter problemas no encoro para elaborar e acometer un Plan de Xestión Integral para o río: esta é unha obriga derivada da Directiva Marco da Auga e da Lei 5/2006 para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos.

                  Dito isto, temos que continuar denunciando que, unha vez máis e contra toda legalidade e sentido común, o Sr. Conselleiro non só  queira poñer o negocio dos amigos por diante da salubridade pública senón que, unha vez máis, pretende salvar os beneficios hidroeléctricos do Sr. Cortizo á conta dos fondos públicos.  O Sr. Conselleiro, -que como anterior xefe do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico asinou as actas de expropiación dos bens e dereitos afectados polo encoro-, non debería  ter esquecido que trátase, antes de nada,  dun encoro construído integramente con fondos públicos para asegurar o abastecemento de Caldas e da comarca do Salnés e, resulta, absolutamente indignante e mesmo inmoral que este negocio hidroeléctrico do Sr. Cortizo que, por disposición da Lei de Augas e por Resolución da Declaración de Impacto Ambiental, ten que estar supeditado á asegurar a calidade da auga no encoro e no río acabe prevalecendo por riba da saúde pública e saúde do río e dos ecosistemas fluviais.

                  O Sr. Conselleiro tamén debera ter aprendido no seu cargo no Organismo Autónomo Augas de Galicia, dende o que asinou as resolucións para o levantamento de actas previas dos bens e dereitos afectados polo encoro, que na lei de Augas na redacción entón vixente (o mesmo que na redacción actual) o abastecemento público ten absoluta prioridade sobre calquera outro uso, por riba mesmo de calquera outra limitación ambiental.

                  Con estes antecedentes e con estas disposicións da Lei e da Declaración de Impacto Ambiental (que tamén é de obrigado cumprimento),  recordando de novo que o encoro foi integramente realizado con cartos públicos e que ano tras ano temos que soportar

-uns sobrecustos en tratamento da auga potable, sen que, por riba, se nos poda garantir a salubridade da auga;

-uns sobrecustos en depuración  e en xestion do encoro, sen que, por elo, se poda asegurar a saúde do río;

Non ten porque sorprenderse o Sr. Conselleiro de que nós, o mesmo que calquera cidadá con sentido común e sentido da xustiza, lle ESIXAMOS QUE CUMPRA COA LEI E DISPOÑA A APERTURA DO ENCORO PARA QUE O RÍO PODA FLUÍR LIBREMENTE. Non pode haber ningún tipo de excusas: dicir agora que o encoro de Caldas, con todo este problema de contaminación,  é  necesario para impedir que vertidos de accidentes como o BRENNTAG no 2006 teña chegado ás Rías, ou para asegurar aos concellos de Caldas, Cuntis e Moraña uns ingresos (en concepto de canon) de 120.000 Euros para cada un; ou que grazas ao encoro se están a cubrir un déficit de 171 días de abastecemento  É, SIN MAIS, OFENDER AO MAIS ELEMENTAL SENTIDO COMÚN so entendible dende a prepotencia ou a ignorancia de quen pensa que os ríos se poden adquirir nun supermercado.

                  En calquera caso, como cidadás que pagamos os impostos cos que se van a financiar todos eses investimentos públicos que agora nos anuncia o Sr. Conselleiro,  temos dereito a saber que é o que ten este negocio hidroeléctrico do Sr. Cortizo para prevalecer desta maneira por riba da xustiza, por riba da Lei e por riba do sentido común?

 

 

Máis información: Daniel Vispo, membro da Directiva de ADEGA (619808662)

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RESUMEN DA PRENSA DESE DÍA.

 

DIARIO DE AROUSA

 

 

 

DIARIO DE PONTEVEDRA

 

 

 

 

FARO DE VIGO

 

VOZ DE GALICIA

 

 

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RESUMEN DE ACTUACIÓNS.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PARECE QUE REMITE LA MICROCISTINA.

Volver.