Fotografías do río Miño nos Peares.

Fotógrafo:  Secundino Lorenzo.

As fotografías corresponden a catro días días distintos dos anos2002,  2012 e 2017

O río Miño nos Peares recibe o seu afluente máis importante: o río Sil. Din,  e con razón,  que "O río Miño leva a fama e o río Sil lle da a auga". Na fotografía o río Sil é o que ven pola esquerda. Esta fotografía non está actualizada,  é do ano 2012,  xa que hoxe,  ano2017,  hai neste lugar unha ponte nova. Ver fotografía seguinte.

Os Peares é un pobo curioso: catro concellos, as casas da esquerda pertencen a  Nogueira de Ramuín (Ourense), as do centro da fotografía a Ferreira de Pantón (Lugo), as da dereita a Peroxa (Ourense) e inda hai outras que son as que divide o río Bubal que son de Carballedo (Lugo).

Ou sexa catro concellos e dúas provincias. Tamén tres ríos e cinco pontes.

 

Na fotografía dos Peares xa se ve a nova ponte que permite conectar a Nacional 120 coa estación dos Peares e así non ter que dar a volta,  os seus habitantes,  pola presa dos Peares.

Outra fotografía do río Miño xa coa nova ponte e neste caso pasando a Ponte da vía un mercancías cargado de madeira.

Fotografía sacada dende a nova ponte. Enfrente o río Sil, este día un pouco apagado xa que o encoro dos Peares no río Miño estaba turbinando a tope. Tanto o Miño como o Sil teñen encoros a 1,6  km. aproximadamente deste lugar.

 

Nesta fotografía do río Miño nos Peares  hai no mismo centro a desembocadura dun terceiro río o río Bubal (ver onde se separan as árbores, onde tamén se ve un pouco dunha ponte (que cruza o río Bubal)  e un muíño marabilloso que hai no lugar, a Acea do Bubal). Pois ben a dereita da fotografía as casas son dos Peares pero o Concello xa é Carballedo  e a Provincia é Lugo.

Nesta fotografía  vese a desembocadura do río Bubal e a Ponte que o cruza. Tamén a Acea do Bubal.

Fotografía do ano 2002, na que se ven perfectamente os tres ríos, o Bubal en primeiro término, que vai o río Miño. Enfrente a esquerda o río Sil. Fotografía tamén do autor da web.

 

A Acea do Bubal un muíño-central hidroeléctrica na parte dereita do río Bubal e que merece a pena visitar nos Peares. Ver tamén a 5ª ponte dos Peares. Esta cruza o río Bubal e reinicia un sendeiro pola marxen esquerda do río.

Nesta fotografía pode entenderse por qué o río Miño se considera o río Principal, tendo en conta o "principio de perceptoloxía" aplicada neste casos os ángulos na  confluencia dos dous ríos. Podedes ver a explicación no apartado de  Caixón de Sastre desta misma páxina web.

 

Río Miño. A liña de ferrocaril une Ourense e Monforte de Lemos. As casas de arriba a esquerda pertenecen a Carballedo (Lugo).  As de abaixo a esquerda a Peroxa (Ourense). As da dereita a Ferreira de Pantón (Lugo). O tellado do centro a Nogueira de Ramuín (Ourense).

 

Outra vista dos Peares. Río Miño.

 

Río Miño.

 

Río Sil entrando no río Miño. A estrada da esquerda leva a Santo Esteban de Ribas do Sil, o Ferrocarril subindo o río Sil a Monforte de Lemos. A fotografía está sacada dende a estrada que leva a Pombeiro.

No medio hai unha ponte, máis baixa, da antigua estrada de Ourense a Monforte. A ponte grande é da actual N-120.

El río Sil marca nos Peares a "Ribeira Sacra do Sil Ourensán" ou a "Ribeira sacra do Sil lucense" según pola beira que subamos. Calquera das dúas son auténticas xoias paisaxística e do románico. Un canón único

Fotografía do río Miño,  poucos metros por debaixo do encoro dos Peares. A partires deste punto está a "Ribeira Sacra do río Miño" cunha paisaxe incrible e un románico para ver e disfrutar. O Canón do río Miño é unha marabilla.

Fotografía dende o pequeno mirador que hai subindo pola estrada á Peroxa, a fotografía é distinta as anteriores e permite ver o río Sil e o comenzo do canón do mismo nome  de frente,  e o río Miño a esquerda e casi ver o encoro dos Peares, así como o comenzo do canón do río Mino.

Tamén as casas correspondentes os catro concellos

Dende o mismo mirador vese o río Miño e a nova ponte.

 

Nota:  nesta web sobre o río Miño hai un artigo adicado  o libro "Un verán en Galicia" de C. Gasquoine Hartley, escritora inglesa e pescadora de troitas e salmóns que xunto o seu marido, pescador tamén,  pasou uns días nos Peares no ano 1911. Unha xoia de texto ó que puxen unhas fotografías antigas marabillosas. Botarlle un vistazo, o texto e as fotografías.

 

        Volver á río Miño                     Volver a  río Miño