salir.jpg (1925 bytes) Sair.

email.gif (985 bytes)  Correo.

Ríos Ourensáns : río Miño

 

Río Miño en Ourense. Año 1960. Foto Pacheco. ¡¡ Así me gustaría que fuese el río Miño hoy !!.

Fotografía 1960

Río Miño en Ourense, unha auténtica marabilla. A fotografía é de Pacheco e móstranos como era o río sobre 1960, un río do que disfrutamos moitos ourensáns.

Fotografía 1960

Hoxe non se parece nada. A dereita  un muro impresentable e feito sin cabeza, a esquerda unha estrada nacional e un hipermercado, que xa está feito, que é unha auténtica aberración.

Fotografía 2005

Os ourensáns non sabemos actuar cós ríos. É unha opinión.

Na fotografía o río Miño, como eu o coñecín polos anos 1950-1963, coa  Peña de Francia á dereita e cunhas orelas sensacionais á esquerda. Hoxe, febreiro do 2006, cambiou moito, moitísimo,  pero na miña opinión esta zona para mal. Na marxen esquerda, por riba do coial, unha estrada nacional  e toda a zona de baños xa non existe, como tal,  (queda a chamada Praia da Antena que son 10 metros de ríos no antiguo lugar do Bao, hoxe cun centro comercial. Realmente para chorar). Na dereita non se fixo case nada, coméuxelle o río un gran treito, taláronse moitas árbores e non se saneo. Unha magoa.

Hoxe o río Miño non está saneado. Sanear un río non é facer paseos e poñer barandillas e céspede  (o cal está moi ben e queda bonito...), é non botar o ríos augas fecais, nin contaminadas, é conservar e coidar o bosque de galería do río, perservar a fauna do río, os invertebrados que viven debaixo dos coios, é un longo etc. que hoxe, febreiro do 2006 non se fixo nin está previsto facer.

HAI QUE DECIR QUE  OS PASEOS DAS ORELAS DO RÍO MIÑO EN OURENSE ESTÁN MARABILLOSOS. AGORA COMPRE SANEAR O RÍO.

Datos do río Miño:

Nacimiento del río Miño, en Fonminá, Lugo.

Fonmiñá (A Pastoriza-Lugo)  onde se decía, falsamente,  que nacía o río Miño. Pedregal de Irimia (na Serra de Meira), onde nace realmente o río Miño. A 6 kms. de Fonmiña.

O río Miño non nace en Fonmiñá (A Pastoriza -Lugo), sinon no Pedregal de Irimia (na Serra de Meira, a carón de Fonmiñá), tamén na provincia de Lugo e a seis km. do lugar anterior. Pasa pola ciudade de Lugo e empeza a estar embalsamado dende preto de Portomarín ata Arbo. Os encoros que ten son: Belesar, Peares e Velle. A partir de Ourense Castrelo de Miño e Frieira. Realmente o río Miño, o noso pai, está embalsamado por non decir outra palabra.

"Nos altos manantíos de Fontmiña, nace este pai dos ríos galegos, vello árbol, símbolo do noso país". Así comenza un magnífico libro "Pescadores del río Miño", una obra de Eliseo Alonso, que non contamina.

É por excelencia o gran río de de Galicia e por suposto de  Ourense ciudade.

No que sigue analizo o río Miño na Provincia de Ourense. 

En tempos, foi un río incrible e cheo de vida en Ourense, unha auténtica maravilla. Hoxe é unha pena.

Decía C. Gasquoine Hartley, escritora inglesa que veu a pescalo co seu marido en 1911, "que era o mellor río de Europa: un río sensacional".

Realmente os ourensanos e os galegos  non sabemos a sorte que temos...

Miramos pouco para o río Miño.

"Río Miño en Portomarín: pobriño"

 

"Pescadores do río Miño"

 

"Una reflexión  sobre o Miño"

 

  "Un río incrible en Ourense"

 

  "Un río cheo de vida"

 

  "Un verán en Galicia 1911"

 

  "O río Miño avisa - 2001".

 

  "A Ponte do Milenio - 2001".

 

 

 

Desembocadura del río Barbaña: la modernidad del puente y el tercer mundismo de un río asqueroso.

Río Barbaña na súa desembocadura no río Miño, en Ourense ciudade. A modernidade da nova ponte unido ó "terceiro-mundismo" dunha contaminación asquerosa e impresentable.

Nota: parece que coa inauguración da Ponte do  Milenio o río Barbaña está recobrando as augas limpas., si é así enhoraboa.

En xaneiro do ano 2006 xa vexo que foi unha ilusión óptica...

Realmente en Ourense o río Miño en Abril do ano 2001 é unha auténtica cloaca. Lamentable. Sexamos optimistas e esperemos que en poucos anos o río Miño en Ourense sexa realmente o río que todos queremos.   "O río Miño en Ourense é unha cloaca auténtica. ( 14-04-2.001)".

No 2002 parece que vai mellorar. Veremos...

No 2006 temos unhas orelas bonitas e un río lamentable...

                              

 

En setembro do 2001 inaugurouse a Ponte do Milenio, realmente sensacional.

Parece que eso leva consigo unha mellora do río Barbaña, polo tanto apréciase unha mellor limpeza, neste río e polo tanto no río Miño.

Esperemos que continue e non sexa flor dun día.

  "A Ponte do Milenio, sensacional.  

( 01-09-2001)".

 

 

Viaducto. O miño e o tren. Javier Morais Gallego.

Río Miño en Ourense. Fotografía sensacional de Javier Morais Gallego. Pulsar na fotografía para ve-la máis grande.

 

Fotografía sensacional do río Miño en Ourense. Descoñezo o autor. Pulsar para ver en grande.

 

Estado de conservación:

Tramo Peares-Velle:

    Perigroso nas  beiras debido o encoro de Velle e o trazado da estrada que une Ourense e Ponferrada. Ten pouca vida no que a troitas e anguias se refere. Unhas poucas no tramo dos Peares, apenas 2 km. Vense moitos patos e gaivotas.

Seica van a potenciar o turismo desa zona. A verdade é que o río Miño dende os Peares ata Velle quedou defenestrado por Fenosa co encoro de Velle. Lamentable. ¿ Que se pode facer hoxe, en agosto do 2.000 ? . Moi pouco. Esperemos acontecementos...

 

Tramo Encoro de Velle-Encoro de Castrelos:

Río Miño o seu paso por Ourense. Foto sacada da revista Auria.

     Lastimoso. A  presa de Castrelos é unha auténtica cloaca. Pode comprobarse. A UE ( Voz de Galicia do 24-05-98) dice que non se deben bañar as persoas. Incrible.

Río Miño en Castrelo. Foto de Villariño.

As gaivotas abundan, buscando a porquería da cidade, como nos contos da miña compañeira    Hit.jpg (934 bytes) Uxía. As gaivotas son un auténtico problema hoxe en Ourense.

As troitas están desaparecendo a mans dos  Black-Blas e as carpas, como xa está dito. Tramo moi castigado por todo tipo de vertidos da capital e dos matadeiros que hai as beiras. Hoxe xa non se ven plumas de polo, pero seguro que acolchan o leito do encoro.

Recentemente ( xaneiro do 2000) a Voz de Galicia fixo un estudio en tres puntos do río Miño no tramo de Ourense: na praia da Antena, en Reza e en Eirasvedras, nos tres lugares a situación pode catalogarse de desastrosa, incluso no tramo de Eirasvedras a parte de Coliformes, Enterococus , Estaphylococus, atopouse a Salmonella, a verdade é vergonzoso.Para ve-los resultados do estudio pinchar este link. Este estudio, repito, publicado recientemente polo diario La Voz de Galicia levantou moita polvareda, de tal xeito que o PSOE pide explicacións a Carlos del Álamo por esta contaminación, e tamén piden explicacións o Concello de Ourense, tanto o PSOE como o BNG. O feito é que o Concello de Ourense nunca, nunca,  mirou o río e xa vai xendo hora de que se faga algo, que non sexan barbaridades...

Neste tramo, o parecer, hai vinte municipios que se unen nun proxecto común para potenciar o turismo das beiras do río Miño ( 9-08-2000).

Personalmente, non creo nos encoros como potencia turística, pero podo estar equivocado.., na miña modestísima opinión o río Miño en Ourense pasa:

1.- Sanear os vertidos o río: vai feito unha cloaca. Demostrable, en Abril do 2001.

2.- Limpar as beiras do río e potenciar os camiños na súa beira, pero sin comerlle o río. Pero sempre si se da o paso un, que non é doado.

 

En la fotografía de Miguel Villar , el famoso tinteiro en Ourense.

Maio do 2000:

Os expertos detectan no río Miño, a altura do Tinteiro, bacterias vinculadas coa colitis e a salmonella, apendicitis, etc.

Un Auténtico desastre que atribuen ós lixiviados do vertedero de Eirás.

Efectivamente, pero hai que ter en conta que a ciudade de Ourense está facendo os seus vertidos ó río tal cual e precisamente por riba de ese lugar. Fai  varios meses que na desembacadura do río Barbaña hai un colector vertendo tal cual lle chega a merda o río. Outro á altura dos Salesianos. E Renfe sigue facendo vertidos. Tamén o río Lonia ten vertidos fecais por tódolos lados.

Ver un estudio das augas feito no ano 2000. ¡Para temblar!

Atención ¡¡¡ o río Miño é xa unha pocilga en Ourense !!!  ¡¡¡¡ ese é o problema principal desta ciudade !!!! .

Desde vertidos hai varios en Ourense. Non coidamos o río.

Esta fotografía é de maio do 2000 e está situada o final do río Barbaña, xusto onde están construindo a nova ponte de Ourense. O vertido é de merda auténtica...Unha vergoña.

En Ourense non miramos para o río.

Días despois destas porquerías, que inda siguen en xunio do 2000, inaugurase o paseo das ninfas, marxen izquierdo do río Miño, por Reza.

Pareceme unha boa obra, pero en todo momento vaixe vendo o río Miño e dende logo é unha pocilga, onde a xente non pode nin debe bañarse, so pena de coller calquera enfermedade e esto digo con coñecemento de causa, os análisis feitos o río Miño son para temblar e pedir responsabilidades.

 

Río Miño 18 de abril do 2002. Desembocadura do río Barbaña. Asqueroso e cheira mal. Penoso.

 

 

O río Miño de seguir nesta situación non tardará moito en convertirse nunha cloaca auténtica.

Imaxen de satélite do encoro de Castrelo de Miño. É increible. O Miño sufre unha eutrofización galopante nesta zona. Esperemos que coas enchentas do 2001 non vexamos o río deste xeito.

Río Miño cerca de Ribadavia. Foto sacada do libro Ourense Natural.

Río Miño preto da zona de Castrelos. Un río a cuidar.

 

Encoro de Castrelos-Encoro de Frieira:

A presa de Castrelo de Castrelo de Miño foi unha auténtica aberración histórica. Unha presa que hoxe, no ano 2002, seguramente non se faría, un robo auténtico a un río sensacional.

A presa de Frieira foi outra aberración lamentable. (Admito, ata certo punto a de Belesar e os Peares, pero a presa de Velle,, Castrelo e Frieira hipotecaron o rei dos ríos galegos para sempre).

Sin escalas no encoro de Frieira, fai tempo non se pesca o Salmón atlántico en cantidade, o sábalo ( non existe) , as anguias morren o non poder subir a presa e as lampreas, cada día hai menos.

min1b.jpg (7212 bytes)

Última hora: o Valedor do Pobo investiga a mortandade piscícola que provoca a central de Frieira.( 26-02-98).

É casi todo encoro. Realmente non chega a 1 km de río, dende a Presa de Castrelos á desembocadura do Avia. O resto é encoro.

O problema das anguías ( o anguieiro) sigue en pe no ano 2000 pese ás promesas. As anguías morren a centos no muro do encoro de  Frieira , Fenosa non fai nada e Medio Ambiente fai pachangadas para a galería, pero nada efectivo. Una auténtica vergüenza.

Fenosa, abril do 2004 remata de facer un teleférico para subida de salmóns, anguías, sable, saboga, lamprea e o que se tercie.

Ver este link. Realmente nono vexo solución. Parece unha obra para cubrir as apariencias e non ser multados...

A partir da presa de Frieira o río Miño volve a ser río. Veremos por canto tempo...O encoro de Selas está ó caer... pais...

Hit.jpg (934 bytes) É couto salmoneiro en Frieira. Para chorar. É broma.

PESCA DO SALMÓN EN ESTE COUTO.

1975 1980 1985 1990 1995 1996 1997 1998 1999 2000
301 142 57 57 12 19 8 0 0 0

Saquen as súas conclusións.

 

Presa Frieira-Desembocadura:

Presidente de la coooperativa de Pescadores del río Miño.

Fernando Ferreira. Presidente da Cooperativa de Pescadores do río Miño.

"El futuro del Miño es muy negro"

Voz de Galicia 9-12-99

 

"La contaminación, los desniveles de las aguas por las presas,  un ciclo de mala pesca, están acabando con el río; su futuro es muy negro como no se tomen medidas en serio"

 

"Las presas están constantemente provocando cambios en el caudal del río al cerrar las compuertas durante cierto tiempo y, llegado el momento, al abrirlas para evacuar agua cuando están demasiado llenas. En la presa de Frieira, cuando dejan las compuetas cerradas y se utiliza agua para generar electricidad a través de las turbinas, en la parte alta del cauce hay zonas muy grandes que quedan completamente secas. Y ahí mueren ejemplares adultos, pero lo más  grave es que muere la recría. Por el contrario, cuando sueltan el agua de la presa se produce una avalancha tremenda del caudal, con zonas en las que el nivel sube hasta metro y medio. De este modo, nunca se sabe qué va a pasar y se ha hecho una costumbre que esto sea un desastre para la fauna del río Miño"

Creo que o anterior resume de forma profesional o que pasa actualmente có río Miño  na súa parte baixa.

 

Nota de última hora (xunio de 1999): O programa Life o parecer fará que se recupere o salmón no Miño ? . Ó parecer este programa promovido por Fenosa, a Xunta e algúns Concellos "senta cátedra e non ten precedente no mundo", trátase de habilitar un ascensor en Frieira para posibilitar a súbida dos salmóns, evidentemente a frase non é miña. O anterior sona un pouca a coña. Fenosa leva 40 anos sin facer nada polo salmón e de repente, ando xa o salmón non sube polo río Miño, senta cátedra..... os galegos debemos ser tontos.

Nota : En octubre do 2002 o anterior é un conto chino...fixeron catro artesas e listo. De ascensor nada. Cando acorden o salmón xa non chegará a Frieira.

No 2002 pescáronse 164 salmóns dos cales 126 foron no río Eo. Do río Miño fálase de un ou dous salmóns pero a verdade é que non se pescou ningún.

É unha auténtica vergoña.

Pódese decir xa: é un AUTÉNTICO DESASTRE ECOLÓXICO O DO SALMÓN, NO SOIO NO MIÑO SINÓN EN TODA GALICIA.

No río Miño perdéronse preto de 3.000 kilómetros de metros fluviais de acceso do salmón. (Voz de Galicia do 2002, artículo de Javier Lombardero de Lugo).

 

Ver fotografía de salmóns pescados no río Miño.

Vela ficha do salmóns, xa que hoxe soio se ven salmóns de piscifactoría.....

 

----------------------------------------------------------------

Finalmente o río Miño, pai de tódolos ríos galegos vai morrer no Atlántico pola Guardia(Galicia) e Camiña(norte de Portugal).

En total ten unha conca que abarca o 40% do territorio galego e un recorrido de 307,5 Km. É o segundo río da península despois do Ebro.

 

Desembocadura do río Miño. La Guardia e Camiña.

No nome de moitos galegos, pídolle perdón a este gran río...

flecha.jpg (1051 bytes)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tres misterios do Pai Miño

Tres cuestións sobre o río Miño:

1.- Según algúns escritores e estudiosos, a verdadeira fonte do Río Miño é un lugar coñecido como Pedregal de Irimia. Básanse en que o caudal da Fonte Miña únese, realmente, a 10 km de recorrido do río Miño, polo tanto augas abaixo. As augas de Fonte Miña únense a ezquerda, mais abaixo e con menos caudal, que o que leva o río xa. Non lles falta razón.

O río Miño nace de forma apacible e tranquila e así se manifesta nos primeiros 40 kms.

2.- Ó río de ritmo cansino no seu nacemento síguelle un río máis xuvenil que escaba profundas gargantas. De feito pasa dos 69 metros de Lugo ós 100 metros de Villamarin e os 200 metros dos Peares baixo a penillanura. O misterio está según D. Francisco Río Barja que o río Miño non aproveita os Valles de Sarria e Monforte, que constituen un nivel de base máis baixo e que é a lei fundamental que rixe a dinámica fluvial. Curioso.

Nos Peares úneselle o Sil que aporta 157 m3/seg frente os 108 m3/seg que aporta o Miño, de eiquí o dito "o Sil leva a auga e o Miño a fama". Logo entra na Provincia de Ourense.

OS ENCOROS ACTUAIS TÉÑENO MACHACADO: Belesar, Os Peares, Velle, Castrelo, Frieira e últimamente fálase do encoro de Sela ( despois de Arbo). UN DESASTRE.

O tercer misterio é o siguinte:

3.- Unha ollada ó mapa das rías baixas  incita sempre a sospeita dunha posible ría que podría haberse formado na desembocadura do Miño. Un tema a discutir.

O río Miño morre no mar despois de 350 km. A súa conca drena a mitade da rexíon galega, creando máis de 20 comarcas naturais e o seu  cauce pode alcanzar ata 400 m3 por segundo. Por algo lle chaman "O Pai Miño" non sin razón...

        Ata eiquí un resumen dun traballo realizado por D. Francisco Río e presentado no Libro "Conferencias sobre el río Miño" editado por Caixa Ourense.

O río Miño, é actualmente, un río abandonado á mans das compañías hidroeléctricas como Fenosa, abandonado tamén a unha forte contaminación. Non temos perdón.

A UN PAI HAI QUE TRATALO MELLOR.

SOMOS UNS MALOS FILLOS.

flecha.jpg (1051 bytes)