A pesca no río Miño.

(La pesca en el río Miño)

(Apuntes sobre  a pesca no río Miño,  "onte e hoxe". Secundino Lorenzo. Email.)

 

 

 

Especies pescables no Miño.

Os útiles de pesca.

As pesqueiras históricas.

Os barcos e as barcas de pesca.

Estadísticas de pesca.

A pesca hoxe,  Problemas

 

Nota: moitas cousas están sacadas do libro "Pescadores del río Miño (Tramo gallego Portugués)" de Eliseo Alonso. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra 1989.

Tamén do libro "Ribeiras del Baixo Miño" de Praxiteles González. San Miguel de Tabagón 1997.

E tamén do libro "O legado dos ribeiraos" de Xosé Manuel Vázquez. Asociación Barcas do Miño. 2011.

salir.jpg (1925 bytes) Saír.                Salir

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Especies pescables no Miño.

(En tempos...)

Na seguinte tabla tendes as especies que se podían pescar, en xeral, no río Miño. Cós tres puntos azuis as máis importantes en cantidade, calidade e tamaño (quitando o meixón ou angula).

 

Na lista anterior están practicamente todolos peixes que habitan no río Miño, non poño os foráneos ou exóticos como a perca ou bass e a carpa. Cos tres puntos azuis están os que tiñan importancia para a pesca. A barbela, o espiñento son moi pequenos. A boga e o escalo non teñen importancia tendo en conta os demais.

Os peixes históricos de pesca son por este orden: o Sable, o salmón, a lamprea, anguías  e os meixóns.

Por suposto que o río Miño inda da sobre todo dende Frieira:  lampreas, anguías, salmóns, reos e troitas. A súa pesca está limitada as "Lei de pesca fluvial en Galicia" do ano correspondente,  e tamén as leis de "Pesca en augas  internacionais" do ano

O sable e a sabela están prácticamente desaparecidos do río Miño, salvo algúns na desembocadura.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os útiles de pesca.

Vexamos algúns dos máis utilizados:

 

Paréceme moi interesante esta selección, sacada do libro "Os ríos de Galiza" de Manuel Núñez, Adela Leiro e Mon Daporta. A nosa Terra. 2007. Todas elas prohibidas hoxe salvo o boitirón para lampreas en pescos,  que estén autorizados,  e por suposto as canas, tendo licencia de pesca...

Estas eran as ferramentas  usadas para pescar no río Miño. Hoxe cada vez menos. O boitirón é o que se pon nas pesqueiras e nel caen sobre todo lampreas.  As nasas sempre foron especiais para as anguías. As francadas foron usadas fai moitos anos  como método de pesca.

Aqui vense pescadores no Miño botando recollendo o Alcharife. Fotografía de Eliseo Alonso sacada do libro  "Pescadores del río Miño" (Tramo gallego-Portugués. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. 1989)

A rede máis noble do río Miño foi o Alcharife, unha rede entre 120 m. a 160 m. e con malla de 120 mm. Esta rede usábase para coller sábalos e as veces caía algún salmón.

Como rede  importante está a cabeceira. Esta é a cabeceira unha rede moi usada no río Miño en tempos. Chamábanlle a rede do "bello lance". Tamén a pesca da mariposa. Fotografía de Eliseo Alonso sacada do libro  "Pescadores del río Miño" (Tramo gallego-Portugués. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. 1989).

Paréceme moi interesante a clasificación que se fai noi libro "O legado dos ribeiraos" de Xosé Manuel Vázquez e que resume as artes de pesca no río Miño o longo do seu trazado:

Simplemente aclarar algúns nomes:

TENAZ e TESOIRAS : son pinzas de madeira con dentes metálicos na boca, moi empregada para coller lampreas. No miño era utilizado un instrumento parecido para coller o concho que é o mexilón de río. Esta texoiras eran moi utilizadas tamén para coller anguías.

MANUXO DE VIDES : empregado para coller anguías en moitos ríos. Ver no meu dicionario fluvial a palabra MOLLO.

REDOTE : é un cilindro cuberto de arame ou tea, funciona parecido as nasas de cestería, e a súa colocación era contra corrente para que entre a pesca o remontar o río, como por exemplo as anguías.

MASOURA : é a rede CABECEIRA, chámase masoura no río Ulla.

TRASMALLO : é a rede de malla fixa ou a deriva, rectangular, que leva tres panos de diferente grosor de feito que o peixe queda enganchado.Ten entre 40 e 140 m. Cortizas na parte superior e chumbo na inferior.

 

Ver este links, desta misma páxina,  sobre tipos de redes usadas na pesca no río Miño.

Ver tamén este link do meu dicionario fluvial sobre estos temas.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As pesqueiras históricas.

 

Na fotografía vese unha pesqueira no río Miño, pesqueira de Arbo.

 

As pesqueiras ou pescos son e foron  utilizadas para pescar lampreas,  principalmente.

 

Esquema dunha pesqueira ou pesco do río Miño:

No dibuxo tomado de Caamaño,  2003, 415 e que aparece no libro "A pesca tradicional nos ríos de Galicia" de Lois Ladra vese unha pesqueira con 4 poios e un rabo.

Entre eles os marcado con unha b están as redes ou vituróns.

A flecha posta por mín son as lampreas, salmóns ou sabalos que veñen río arriba subindo e que escapan da corrente forte e se meten o recanto que fan as pesqueiras no río e logo entre os poios, caendo no viturón.

Este é o esquema dos pescos ou pesqueiras.

Por baixo está a rede que se coloca entre os poios: o viturón, tamén chamado vutrón, voteirón, nasoura entre outros nomes...

Na figura tendes as súas partes: embidadoiro, bocal, carnelleiro, meal, rabicheiro e gancho.

A productividade dun pesco, decíase fai anos, que era boa cando daba 1000 lampreas o ano. En 1908 había en 25 km. de río Miño 700 pesqueiras.

Hai pesqueiras especiais para lanzar a cabaceira que é unha rede, dunhos doce metros,  moi pescadora.

Así colocan o viturón.

Pesqueira de Raña de Sela. Río Miño

Esta pesqueira que está situada a altura da Estación de Sela, a Pesqueira chamada Raña, é unha pesqueira incrible. É unha das máis sofisticadas.

É das chamadas de rabo cruzado e componse de  son 5 poios, cada un máis baixo que o anterior e realmente cruza o río obligando a pesca a meterse a esta parte e ser pescada cando sube.

Cada poio ten sobre 10 metros de largo, unha anchura entre eles de 1 a 1,5 e unha altura de 2 metros. Van baixando en altura de máis a menos, ata o rabo.

 

 

Concretamente no ano 2007 estaban autorizadas 178 pesqueiras das 341 que había no río. Esta pesca era un auténtico viveiro de riqueza no río Miño e que hoxe está a desaparecer. O encoro de Frieira é totalmente incompatible coa pesca en xeral e moitas destas pesqueiras están xa abandonadas.

 

Remito a este término do dicionario fluvial desta misma páxina, onde se explica con máis detalle o que é unha pesqueira.

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os barcos e as barcas

 

A utilización dunha ou outra embarcación veu determinado polo uso das mismas: como medios de paso (as barcas de paso), a pesca ( que son as que poño a continuación) e finalmente as dedicadas o lecer ( as famosas barcas ou lanchas que inda hai moitas hoxe...). O tramo do río, neste caso o río Miño tamén condiciona o tipo de barca ou barco usado, non son o mismo os primeiros tramos do río Miño ou os últimos onde a barca ten que ser máis forte e seguro.

 

Algúns dos barcos e barcas que se usaban para pescar no río Miño.

 

1.- A barca típica. A lancha ou chalana.

 

Barca típica do Miño. Esta é a barca máis usada no río Miño.

Dibuxo de Eliseo Alonso sacada do libro  "Pescadores del río Miño" (Tramo gallego-Portugués. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. 1989)

Dibuxo dunha barca típica do río Miño coas súas pezas e nomes como: as cavernas, o canizo dos pes,  a remadeira ou cantadoira. a Ichama ou chulete, a sela,  a cuaña,  o paneiro, a tosta, o espiñazo, os bordos, etc.

Faltan os remos , xa que estos barcas navegaban a remos, sempre sentados os remeiros en sentido contrario a marcha o remo de adiante é o que marca e o de atrás a seguir o ritmo e obedecer as ordes: rema, levanta, calza, rema pa tras, etc.

Toda a montaxe corría a cargo dos carpinteiros, por suposto con ferramenta especial como a anxola e con operacións básicas como o embreado para que non entre a auga e que se fai con resina de pino o breu e con alquitrán ou pixe. Esto vai todo derretido nun pote e aplicado á barca. Logo as veces faixe o pintado.

Esta lancha é a máis popular de moitos ríos galegos. Foi usada para a pesca e por suposto tamén para os famosos paseos ou traxectos vilegos dos ríos.

Ten algunhas variantes como as batelas, de menor tamaño, pero non usada para a pesca sinon para o contrabando e os caíques que si se usaban para a pesca.

 

-------------------------------------

 

2.- As gamelas.

 

Son embarcacións pequenas de fondo plano e coa proa e a popa achatadas.

Úsanse na pesca de baixura e tamén como barcas auxiliares.

A tipoloxía desta barca aparece na foz do río Miño (Pola Guarda e Caminha).  Presenta a proa e a popa levantada.

 

--------------------------------------

 

3.- Os Carochos.  Anguleiros ou barcos do Miño.

Unha barca das máis típicas de pesca no río Miño.

Os Carochos.

Antiguas quebradas de pescadores para botar as redes sobre todo o alcharife para o sábalo e o salmón. Nesta fotografías pode verse que nela iban homes, mulleres e nenos. sacada do libro  "Pescadores del río Miño" (Tramo gallego-Portugués. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. 1989)

 

Este barco é un carocho. Nun principio usouse moito os arpóns, as figas. Fotografía Eliseo Alonso.

Fotografía de Eliseo Alonso sacada do libro  "Pescadores del río Miño" (Tramo gallego-Portugués. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. 1989)

Pescador coa fisga na man.

Barco de pesca, fotografía de Eliseo Alonso , sacada do libro "Pescadores del río Miño".

Estos son os carochos , barcos moi esbeltos, usados moito en Portugal pero tamén na zona do Miño española.

 

 

Maqueta do Mestre Carrelo dun carocho un barco que admitía vela como se pode ver na maqueta. É un barco do Miño e de ambas partes, en España tamén se chama anguleiro.

Carocho. Fotografía de Eliseo Alonso sacada do libro  "Pescadores del río Miño" (Tramo gallego-Portugués. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. 1989)

É un barco bastante grande sobre 6,5 metros.

As súas características e peculiaridades están na construción.

Ver un estudio dela na revista citada.

 

---------------------------------------------

4.- Barca das dornas, tamén moi usada polas zonas de Chantada e Os Peares, en tempos por suposto.

 

 

Barco das dornas. Este barco consta de dous cascos, flotadores construidos a partir de troncos de madeira escavados e que se chaman dornas, sobre elles asentase unha plataforma construida con tablas.

Houbo destos barcos dende Belesar ata A Guarda.

Imaxen e texto sacada deste link

http://www.concellodechantada.org/spa/cultura_barcas.htm

 

--------------------------------------------------------

 

Para rematar pode ser importante saber canta xente se dedicaba a pesca no río Miño, hai algunhas estadísticas pero con pouca continuidade, por exemplo:

No ano 1924:

En Caminha habia 6 quebradas con 105 barcos.

Cerveira, 5 con 90 barcas.

Segadaes 1 con 15 barcos.

San Pedro 1 con 7 barcos

Ganfey, 1 con 9 barcos

Lapela 1 con 8 barcos.

 

En 1926

Había 294 alcherifes en Portugal e 198 en Galicia.

Fálase nesta época de 2.000 pescadores.

 

Nota: a quebrada non está totalmente definida en canto a número, podendo chegar a  360 pescadores. (según datos sacados do libro de Eliseo Alonso referidos a unha quebrada de A Guarda.

 

 

Ver este link, desta misma páxina web, sobre as barcas.

Ver tamén este link sobre os barcos do Miño, entre outros.

Volver..

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estadísticas  de  pesca.

Hai xente que dúbida da riqueza inmensa que aportaba o río Miño, concretamente da palabra "O pai Miño", para esa xente vou dar algunha estadísticas que non deixan dúbidas a pouco que se analicen:

 

O Sabel ou Sábalo (Alosa alosa) é o peixe máis importante do río Miño en tempos. Era unha variedade exquisita e abundante. Exemplar de máis de catro kg. Fotografía de Eliseo Alonso sacada do libro  "Pescadores del río Miño" (Tramo gallego-Portugués. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. 1989)

Da pesca no río Miño chegaron a vivir

Sábalo ou Sabel:

Hoxe o sabel desapareceu practicamente do Baixo Miño. Razóns moitas, principalmente a contaminación do río, os reximen de caudais que é un desastre co Encoro de Frieira e a temperatura baixa da auga. entre outras causas. Por suposto a falta de escadas é lamentable e contrario a lei.

Era o rei do río,  e a súa pesca moi abundante.

Ver como exemplo os datos de 1944 a 1948 soio do "Baixo Miño":

Estadística sacada do libro  de Praxíteles González "Riberas del "Baixo Miño". Sus gentes, usos y costumbres" , San Miguel de Tabagón 1997.

 

Sobre o sábalo a estadística quédase corta xa que nela soio entraban as pezas de 50 a 60 cms de 4 a 5 kg. non inferiores. O sábalo era a principal riqueza do río Miño. Sábalo que hoxe no ano 2013 xa non sube. Falar de 36.893 exemplares a unha media de 4,5 kg da un total de 8.150 exemplares. Incrible riqueza.

 

----------------------------------

 

Salmóns do río Miño. Fotografía en Monçao. Foto Dr. Carvalho Pinho.

 

Salmón:

As estadísticas que siguen están claras, o río Miño é o mellor río salmoeiro de Galicia, por suposto de España, pero o número de salmóns cada ano son menores.

Os datos son oficiais polo tanto son moito maiores, hai que ter en conta os salmóns pescados na parte portuguesa que son moito maiores que estos que figuran aquí. Moitos dos salmóns collidos por pescadores galegos iban para Portugal xa que os pagaban mellor.

Exemplar de salmón, pescado con trasmallo, en Forcadela. Pesou 16,800 kg. Fotografía de Eliseo Alonso. Sacada do libro  "Pescadores del río Miño" (Tramo gallego-Portugués. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. 1989)

Conta Eliseo Alonso no seu sensacional libro  "Pescadores del río Miño" (Tramo gallego-Portugués. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. 1989), que en 1919 e 1920 en Choqueiro nun lance colléronse dous exemplares de 19 kg. En Segades en 1944 chegaronse a capturar na temporada 100 salmóns, cando valía o kg. a 25 escudos. En Caldelas de Tui, Francisco O Cazador, de 85 anos, conta a Eliseo Alonso que en 1923 coleu 121 salmóns, pesando o maior 23 kg. En Valdráns, pescaron 200 en 1937. En Arnau unha vez tuveron un lance con tantos salmóns, que non poideron arrastrar a rede, e reventou e escaparon todos...

 

Ver a estadística dos últimos anos en Galicia:

Datos de Salmóns guiados:

Río 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85
EO 610 612 308 750 502 1215 180 187 489 343 286
MASMA 122 127 44 44 54 70 27 19 12 35 41
ORO 5 5 14 16 7 20 9 9 3 4 1
LANDRO 6 5 14 12 10 32 7 2 10 15 12
SOR 0 6 3 3 0 0 0 0 0 6 2
MANDEO 0 2 0 0 0 1 0 0 0 0 0
TAMBRE 2 0 1 0 1 2 10 0 0 0 0
ULLA 105 263 88 296 24 543 256 104 104 180 175
UMIA 1 1 0 1 0 1 1 0 0 0 3
LEREZ 78 81 23 52 3 39 16 3 0 11 3
VERDUGO 5 5 0 0 0 2 0 0 0 3 0
MIÑO 301 296 74 329 30 142 113 43 36 106 57
OTROS 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0
TOTALES 1235 1403 569 1503 638 2067 619 367 654 703 580

 Continuación: 

Río 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98
EO 702 300 183 24 8 94 40 27 16 20 26 16 12
MASMA 105 48 40 28 25 84 32 24 22 5 14 3 2
ORO 8 14 1 0 0 0 3 0 2 0 0 0 0
LANDRO 18 22 1 0 0 0 3 12 7 0 1 0 2
SOR 0 1 1 0 1 0 0 0 0 0 0 0 0
MANDEO 33 14 15 0 15 11 9 2 12 0 3 3 4.
TAMBRE 11 5 4 0 1 0 0 0 0 0 0 0 0
ULLA 256 56 62 13 13 33 21 1 4 1 2 1 0
UMIA 2 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0
LEREZ 6 2 6 2 0 0 0 0 0 0 0 0 0
VERDUGO 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0
MIÑO 105 22 62 20 57 29 38 3 17 12 19 8 0
OTROS 0 0 0 0 0 3 1 4 0 0 0 0 0
TOTALES 1246 485 375 87 121 254 147 73 80 38 65 31 20
 
Salmóns guiados:
Años nº Salmóns Río Miño
1998 20 0
1999 61 1
2000 58 1
2001 161 1
2002  77 0
2003 164 2
2004 171 5
2005 302 3
2006 343 17
2007 283 15

 

Datos oficiais de Salmóns dende 1949:

Dato curioso de 1944.

Estadística sacada do libro  de Praxíteles González "Riberas del "Baixo Miño". Sus gentes, usos y costumbres" , San Miguel de Tabagón 1997.

Aquí están os datos de España e Portugal. Pero datos oficiais.

Esta estadística é únicamente do "Baixo Miño" e observar por exemplo no ano 1944  foron pescados na parte portuguesa 5.000 kg. de salmón e na española 1.027 vamos casi nada. Esta é bastante certa xa que o salmón era guiado, pero haberá que ter en conta que  seguro que se colleron máis. Pensando nunha media de 8 kg por salmón saen aproximadamente  750 salmóns, repito soio no baixo Miño. Por certo dice Praxíteles que o feito de que os portugueses pescaran máis non é moi significativo xa que moitos salmóns pescados por españois eran vendidos no mercado luso, xa que pagaban máis.

 

---------------------------------------------------------

 

Meixóns ou angulas, son as crías das anguías. Un manxar de deuses pero en extinción total...

 

ANGUÍAS E  MEIXONS

 

Descoñezo os datos de recollida de anguía no río Miño en moitos anos, pero podo asegurar a priori e vista a cantidade de anguía que se collía nos anos sesenta en calquera río afluente do Miño que se podería falar de  millóns de exemplares. (No anguieiro collíanse unha pequena porcentaxe de anguía nunhas horas do día, en 1995 foron 696.301 exemplares, falar de millóns de anguías que morren na presa de Frieira parece trivial e correcto en cada temporada...

Hoxe dende Frieira cero. Cóllense anguías no Baixo Miño.

No río Miño a anguía e os meixóns van en picado cada ano que pasa. Non hai máis que ver a anguía que se collía fai anos en Frieira e a que se colle hoxe.

Por exemplo no ano 1995 estos son os datos do Anguieiro, levado a cabo pola Asociación Coto do Frade.

En 1995 cólleronse 791 kg de anguías sobre 696.301 exemplares.

1 kg aproximadamente 880 anguías.

Estuvo presente o Alcalde de Ribadavia en 1995.

--------------------

En 1996 xa foron 209 kg de anguías sobre 183.920 .

--------------------

En 1997 foron 531 kg.  467.280 exemplares.

O declive da anguía está clarísimo. Cada ano que pasa hai menos.

O gráfico que aparece a continuación reflexa este dato.

-----------------------

Nos seguintes anos colléronso cantidades moi baixas.

 

Estadística sacada deste link.

 

As causas son moitas e variadas, pero a principal son as grandes presas que non deixan subir as anguías. Esto comprobado. Dende 1970 a anguía no Miño está a caer en picado. Por riba de Frieira son xa unha anécdota. Algunha que outra votanna das que se collen en Frieira na misma presa. Por suposto a contaminación dos ríos é outra causa importante.

A desfeita e total.

O meixón vai en proporción o dito. Cada día hai menos.

En noite de chuvia parece que é cando máis se collían. Fai anos o meixóns regalabano, hoxe vai a precio de ouro e cada días máis. É normal pagar por unha tarteiriña de meixóns 80-100 €. En tempos conta Eliseo Alonso no seu libro que chegaban a pagarse 17.000 pts. por kg. de meixóns nas navidades. Anos 1980-85.

 

------------------------------------------------

 

A lamprea é un manxar exquisito e moi valorado actualmente. Na fotografía de Eliseo Alonso sacada do libro  "Pescadores del río Miño" (Tramo gallego-Portugués. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. 1989) vese unha lamprea recén pescada.

 

LAMPREAS

A lamprea tamén vai a menos pola misma causa que a anguía o sábalo e o salmón o río MIño vai  bastante contaminado e inda por riba non deixa subir a ninguén na presa de Frieira.

No baixo Miño a pesares de que a cousa vai a menos inda se siguen a coller cantidades extraordinarias, así no ano 2012, según os pescadores un mal ano,  non baixaron de 600.000 lampreas entre a parte de España e de Portugal. Un maná, que nos permite extrapolar o que podería ocurrir si as cousas foron como fai anos sin presas que non deixan subir a fauna, sin río contaminado, etc.

Ver este link para comprobar o dito.

No río Miño tamén se pescaban: anguías, lampreas, meixóns (angulas), troitas, reos, sollas, múxeles e un longo etc.

A riqueza do "Pai Miño"

O río Miño era "O pai Miño" en riqueza.

Hoxe non é nada de nada.

Lembro a ver salmóns no río Maquians (en Ribadavia-Ourense), afluente do Avia no ano 1968. Tamén lembro que nos anos corenta e cincuenta se pescaban sábalos en Oira en Ourense, dito por xente como o meu pai e amigos...Por suposto as anguías subian ata as cabeceiras dos ríos...Menuda riqueza.

Culpables: está claro,  a contaminación, pero sobre todo os encoros (sin escadas, incumplindo as leis, cambiando os cursos dos ríos, cambiando os caudais, subindo agora e baixando a continuación de caudal, enfriando as augas e un longo etc.).

 

Para rematar vou poñer unha documentación estadística sacada do libro "Ribeiras del "Baixo Miño" de Praxíteles Glez. Martínez.

Nesta estadística queda clara a evolución da pesca no río Miño. Observar os anos 1934-1941. Logo 1951. e finalmente 1994-95.

Os datos son únicamente do "Baixo Miño", polo tanto dende Tui a desembocadura.

 

 

 

 

 

Decir que a xuicio dos pescadores estos datos son os oficiais e polo tanto moi por baixo dos reais. Decir tamén  que os sábalos vendíasen por peza e non por kg. cousa importante

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os problemas da pesca no río Miño. 2014.

 

Presidente de la coooperativa de Pescadores del río Miño.

Fernando Ferreira. 

Presidente da Cooperativa de Pescadores do río Miño.

"El futuro del Miño es muy negro"

Voz de Galicia 09-12-1999

"La contaminación, los desniveles de las aguas por las presas,  un ciclo de mala pesca, están acabando con el río; su futuro es muy negro como no se tomen medidas en serio"

"Las presas están constantemente provocando cambios en el caudal del río al cerrar las compuertas durante cierto tiempo y, llegado el momento, al abrirlas para evacuar agua cuando están demasiado llenas. En la presa de Frieira, cuando dejan las compuertas cerradas y se utiliza agua para generar electricidad a través de las turbinas, en la parte alta del cauce hay zonas muy grandes que quedan completamente secas. Y ahí mueren ejemplares adultos, pero lo más  grave es que muere la recría. Por el contrario, cuando sueltan el agua de la presa se produce una avalancha tremenda del caudal, con zonas en las que el nivel sube hasta metro y medio. De este modo, nunca se sabe qué va a pasar y se ha hecho una costumbre que esto sea un desastre para la fauna del río Miño"

 

 

 

Creo que ó anterior resume de forma profesional ó que pasa actualmente có río Miño  na súa parte baixa (76 km.).

 

 

Pola miña banda esta é a miña opinión:

Secundino Lorenzo. Pescador, non profesional,  do río Miño dende 1968.

       O río Miño dende a metade do século XX está a verse afectado gravemente en gran maneira polos encoros feitos: Belesar, Peares, Velle, Castrelo e Frieira, todos eles ilegais dende o punto de vista de que non permiten subir as especies migratorias como o salmón, anguía, lamprea, sábel, sáboga, reo e outras, que viven no mar e no río, son anádromos,  e polo tanto a súa desaparición en moitos tramos do mismo é real. Por suposto tamén ten moitísima importancia a contaminación (por augas residuais, por residuos industriais. e residuos agrícolas, os velenosos puríns sin tratar), galopante nos trinta últimos anos,  así como e a extración de áridos. Tamén hai que engadir, como outra mágoa máis o que se botaran o río especies foráneas que contribuen de forma incuestionable a desaparición da fauna autóctona, estou a falar de: carpas, black-bass, gambusia, e outros. Unha auténtica aberración, fruto do descoñecemento, tamén de intereses sospeitosos,  e osadía de xente que están ocupando cargos, e tomando decisións,  para os que non están preparados.

-------------------------

Non deixedes de ler o artigo "O río Miño: vivo máis non moito" de Helena Correia onde se pon de manifesto de forma científica e estudiada os problemas do río Miño.

 

Volver.

 

salir.jpg (1925 bytes) Saír.