Situación dos ríos de Ourense.Río Miño o seu paso por Ourense. Foto sacada da revista Auria.  
A vida nos ríos:
triangulo.gif (115 bytes)A vida nos ríos.  
triangulo.gif (115 bytes)Ríos y poetas.
triangulo.gif (115 bytes)Pescar troitas.
Grandes ríos de Ourense:
Pequenos ríos:
triangulo.gif (115 bytes) Pequenos ríos.
Pescando troitas:
triangulo.gif (115 bytes) Coutos de pesca.
Mapa dos ríos:
triangulo.gif (115 bytes) Mapa dos ríos.
SOS polo Salmón:
triangulo.gif (115 bytes) R.I.P. ó  salmón 
triangulo.gif (115 bytes) Salmón  e Kws. 
triangulo.gif (115 bytes) Franco e o salmón. 
 
SOS polo anguía:
triangulo.gif (115 bytes) R.I.P. a  anguía. 

 

 

             Esta páxina naceu no ano 1997 e estamos no 2017. Fai  vinte anos.  

             Nestes anos puden comprobar que en xeral a situación dos grandes ríos ourensáns, que son os citados ó marxen, é penosa e lamentable e vai a peor... Pasamos de ser nos últimos corenta anos , a provincia cos mellores ríos probablemente de España, a ter unhos ríos francamente contaminados e cada vez con menos vida. Por si fora pouco encheron os ríos de  minicentrais tercermundistas, que deixan os ríos mal, moi mal.. Algunhas asociacións  pronostican que en cinco anos non haberá troita autóctona na maioría dos ríos de Ourense e non lles falta razón, si non tomamos medidas.  Por supostos os puríns e os lumes están esnafrando os nosos ríos cada día máis...A todo o anterior temos que sumar o desastre que producen nos ríos do Oriente de Ourense, fai anos as estradas e pontes, hoxe o AVE, todos os desmontes e máis van os ríos.... Os ríos Támega e afluentes, asi como a cabeceira do Arnoia están defenestrados.

         O río Miño en Ourense está convertido nunha pocilga,  aguantamos todo o que nos ven de media Galicia e inda por riba engadimos as cloacas dos ríos Lonia e Barbaña, aparte de Ourense, que por depurar pouco depuramos, inda no 2017 non temos depuradora que funcione... 

         O río Barbaña, que pasa por Ourense, non é un río é unha cloaca. A gran asignatura pendente. Algo se está facendo pero inda queda moito por facer.  Neste ano 2010 xa van cinco contaminacións, nunha delas morreu toda a fauna, unha desfeita auténtica. O pasado foron varias. Por certo a Xunta non está disposta a dar un can para resolver o tema, non lle interesa... Os concellos de Ourense e de San Cibrao non fan máis que pagar multas, no se saben quen son os responsables...O 2016 e 2017 leva non sei cantas contaminacións totais...desfeitas auténticas...

        O mismo se pode decir do río Lonia, outro dos ríos de Ourense ciudade. Outra cloaca...

        Por contra ¿ que fixeron as Consellerías de Medio Ambiente ata fai pouco en Galicia?: as súas actuacións de cara os ríos limítouse a facer catro sendeiros, algunha aula da natureza, cortar árbores sin ningún coñecemento científico, empedrar algunhos ríos, encauzar con muros a outros e pouco máis. Nada de nada do que se entende hoxe por depurar e conservar un río e unhas augas. O exemplo claro é Ourense. Uns paseos marabillosos, aulas da natureza e un longo etc. pero un río que é lastimoso e unha depuradora que tal como entra a merda sae ou pouco menos...Para chorar.

    Fai falta XA (esto xa o escribía en 1997) unha acción integral nos ríos galegos: de vixilancia, de vedas, de limpezas, de conservación, de depuración das augas residuais e desagües de granxas, de mentalización, de establecimiento de piscifactorías naturais nas cabeceiras dos ríos , de eliminación de obstáculos para o desove, etc. O que é máis grave fai falta por parte da agricultura galega o abandono da chamada "agricultura salvaxe", que consiste en veña puríns, dalle puríns e máis puríns en calquera época e sin tratar...  A verdade que estamos a anos luz doutras comunidades. Por si fora pouco, actualmente en decembro do 2010 volvemos a época Fraga en cuestión dos ríos. Vamos... que nada de nada, e ollo que volven as minicentrais das que era tan afecionado. Unha mágoa auténtica...

    As razóns da contaminación  son moitas e variadas...    Resulta incomprensible e paradóxico  que se trate de potenciar o turismo, sobre todo o termal,  e non se empeze por limpiar os ríos a base do que podría se-la riqueza real desta provincia.  Depúrase pouco na provincia. Prácticamente no hai depuradoras e as que se montaron ou non funcionan ou son deficitarias. Un desastre. Non entendo como os nosos Concellos gastan alegremente o diñeiro que hai, eu penso que non saben,  e tamén o que ven de Europa, pero nunca en saneamento dos ríos...salvo honrosas excepcións...E que decir dos incendios, como este do 2017, que está a encher os ríos de cinza, que mata todo. Un auténtico desastre total e a Xunta ni se inmuta...cando se lle foron das mans por incompetencia...

   Para rematar: o tema do salmón atlántico, o deixalo morrer en Galicia, o feito de que xa non exista en Ourense, non ten perdón. 

Nota: Incorporo este video "Adiós Ríos"  onde se conta todo o anterior. Imprescindible velo  Galicia: Adiós Ríos, informe en V Televisión

   

 

Mapa de ríos, Coutos, presas e minicentrais da provincia de Ourense.