PERXUICIOS INMEDIATOS DAS MINICENTRAIS.


salir.jpg (1925 bytes)

Sen pretender ser exhaustivo, enumero os perxuicios inmediatos que producen as macrocentrais e en consecuencia menor, pero proporcionalmente, as minicentrais ( que realmente para un río de pouco caudal compórtanse como macrocentrais.)

 

Parto da base de que a enerxía hidroeléctrica é renovable e a súa utilización non incide no efeito invernadeiro. Pero non se puede decir, como o Conselleiro de Medio Ambiente, que é unha enerxía limpa. Non é limpo o que mata e as minicentrais matan moitas cousas como veremos a continuación.

O impacto Ambiental das minicentrais é incrible debido a varios factores que inciden de forma positiva nos danos que aparecen a continuación.

        1.- As minicentrais que se construen son a maioría privadas e polo tanto subxeitas a obter o máximo lucro. Non miran pola natureza e únicamente miran o peto. As xa construidas carecen dos elementos imprescindibles e ningunha cumple a lei actual. Fanse nos tramos altos dos ríos, os de maior beleza, pero por unha simple razón, o desnivel do río, o que implica máis producción e polo tanto máis diñeiro.

        2.- O número de minicentrais previstas, de momento 300 en Galicia, é de tolos. Son todas subvencionadas, polo tanto é un auténtico negocio e pola contra o control, polo menos en Ourense, é nulo. Son os amos e fan o que lles ven en gana có río. Non hai vixilancia de ningún tipo e producen a morte do río en moitos kms.

Dende o anterior punto de vista, este tipo de enerxía ten actualmente unhas connotacións negativas que as  levan a ser un auténtico atentado ecolóxico nas súas consecuencias. Estos señores non lles importa en absoluto a natureza e contan có beneplácito de Medio Ambiente, dos Concellos ( fanlle algunhos regalos e listo) , da Confederación hidrográfica, etc. En realidade os donos e os constructores xunto cós anteriores nomeados son os que as levan a cabo. Todo queda na casa.

Últimamente non están moi tranquilos xa que os ciudadanos estamos máis atentos a estos desmáns e prodúcense máis denuncias e cada vez a xente sabemos máis, inda que siguen gozando de bastante impunidade desgraciadamente.

Vexamos algúns dos desastres que producen ( ó lector invítuo a visitar unha, a que queira e comprobar in situ que me quedo corto nos desastres, podrá observar que en moitas o río está sin agua en algúns kms.):

 

Impactos ambientais inmediatos:
Destrucción de camiños, construcción indiscriminada de estradas por tódolos lados, explosións, cambio do leito do río, destrucción en varios kilometros do río ,xa que quedan secos, tubería ou conductos de agua perigrosos prá fauna e incluso prás persoas  e un largo etc. O 10% de caudal ecolóxico, xeralmente, é de vergoña e non permite vivir nin ás rans. En Galicia é normal levarse por diante Castros Celtas, así pasou coa Minicentral do Barbantiño e ultimamente coa minicentral do Cerves. ( Que máis da, pra estos Srs. soio son pedras).
Destrucción do terreno e as súas especies:
A auga embalsada termina con todo tipo de bosques, árbores na súa maioría que compoñen bosques de Ribeira ou bosques en Galería típicos dos ríos galegos.
Destrucción de especies:
As especies que habitan os bosques anteriores, teñen que abandonalos, por suposto as que poden, a maioría desaparecen. Os macroinvertebrados e plantas acuáticas sofren de forma extrema.
Cambio local de clima:
Os encoros e as minicentrales traen neblas á zona, có consiguiente perxuicio. Aumenta a humedade e por suposto a contaminación atmosférica.
Augas estancadas:
Podredumbre de todo o que queda debaixo. Eutrofización por falta de osixeno e por suposto a morte. Máis tarde arrastre e sedimentación de finos que producen moitísimas enfermedades . Tódalas minicentrais teñen unha boca ( situada no muro da presa, normalmente a parte de abaixo)  para limpialas destos sedimentos, cando abren prodúcese unha forte corrente que arrastra estas augas con lodo que son mortais. As minicentrais explótanse durante 70 anos. En menos de cinco anos danse os dous efectos.
Deixan de funcionar os sistemas de autodepuración:
Os encoros por pequenos que sexan traen consigo un depósito de porquería, é decir, deixan de funciona-los mecanismos triviais de limpeza, como é a simple corrente do río. Esto aparte do perxuicio prá zona é un perxuicio grande para o que queda de río por debaixo da central.
Disminución de especies :
Simplemente desaparece todo lo que queda debajo del embalse.
Desaparición de especies migratorias:
Por suposto sobreviven as máis fortes,  pero ó non poñer escalas prá especies migratorias, troita, salmón, anguilas córtaselle o ciclo, ademáis moitas morren nas turbinas da central . Pasan a dominar outro tipo de especies, bogas, escalos, etc. Desaparece a troita e outras especies. Tamén se produce por exemplo o chamado efecto estrés, có cual as troitas non desovan na parte de abaixo da minicentral.
Cambios de nivel, por debaixo da presa:
Leva xeralmente á morte de moitas especies ó non poder soportar estos continuos cambios de nivel, movidos únicamente pola producción de diñeiro, agora embalsan, dentro dunhas horas abren e así sucesivamente un día e outro. A variación brusca de presión na saída de turbinas provoca tamén a aparición de burbuxas que son perxudiciais ós peixes e plantas acuáticas. As veces son perigrosos prás persoas. No verán de 1997 murreu un  galego, ó vírselle unha avalancha de augua por riba, cando se estaba bañando tranquilamente, nun  río da Provincia da Coruña. O Alcalde do Pino, quedóu aillado o 02-xunio de 1998, no Ulla, por culpa da Central de Portodemouros. Eu mesmo quedei aillado en Ribadavia, nun islote de Francelos no rio Avia, por unha subida repentina debida o encoro de Albarellos, tuven que sair a nado e suma e sigue. As desgracias estan preparadas en calquer río que teña un encoro.
Variacións bruscas de temperatura
Prodúcense como consecuencia drástica da entrada de auga na tubería de conducción e por conseguinte na disminución do caudal do río por debaixo da presa. Estas variacións de temperatura afectan  moitísimo a fauna.
Morte de moitas especies no canal de desviación.
Efectivamente moitos canais de desviación están ó aire libre, é decir, sin cubrir e supoñen unha trampa mortal para tódalas especies que caen no mesmo. Últimamente xa as fan con un conducto pechado.

O mesmo tempo hai moitos peixes que morren nas camaras de carga, xunto á rede, xa que poden pasar perfectamente, a demostración é evidente, en xulio deste ano 1998 foi pechada a Minicentral de Pé de Viña, no río Eo, Concello de Trabada polo alto índice de mortandade de troitas e peixes. Xeralmente hai unha morte dun 4% de peixes de 4 cm e un 70% pra peixes de máis de 18 cm.

Destrucción de posibilidades turísticas:
Xeralmente paisaxes incribles, muiños, camiños que levaban a estos muíños, en realidade remátase coa zona en donde se asentan. Xeralmente construense nos lugares máis insólitos, polo seu desnivel, sitios de grandes correntes, fervenzas, etc. os lugares máis bonitos dos ríos. O lugar queda desgraciado turísticamente e incluso as orillas vólvense lugares perigrosos e soen dar máis dun susto. A fervenza do Barbantiño, a do río Toxa ( a máis grande de Galicia destruida completamente) e unhas cuantas máis.

Nota importante: sobre a incidencia das minicentrais na troita común hai un estudio moi serio feito pola Universidade de Madrid.

salir.jpg (1925 bytes)

 

 

 

 

 


Algunhas explicacións en profundidade:

Variacións do Caudal:

As variacións de caudal que se producen na minicentral leva consigo o desastre. Nos ríos hai especies adaptadas as augas rápidas ( as reófilas) e especies adaptadas as augas lentas ( lénticas). Cando os caudais aumentan  favorecese  as primeiras e cando os caudais disminuen ás segundas. Si as fluctuacións do caudal son frecuentes, resultan perxudicados ambos tipos e soio serán capaces de sobrevivi-las adaptadas ós dous sistemas.

flecha.jpg (1051 bytes)

 

 

 

 

 

 

 

 

MACROINVERTEVRADOS E PLANTAS ACUÁTICAS:

As comunidades de macroinvertebrados bentónicos e as plantas acuáticas ( Macrófitas) son tremendamente afectadas pola regulación hidroelectrica, disminue a súa diversidade e abundancia debido á continua baixada e  subida do río. Xeralmente ó baixa-lo río quedan moitas na orilla e non sobreviven, xa que estos trozos de río quedan secos. Polo contrario ó aumenta-lo caudal bruscamente causan o arrastre de macroinvertebrados que habitan no leito do río, especialmente aquelas especies asociadas a macrófitas, é decir, coas comunidades de organismos vegetais microscópicos que viven xunto ó sustrato sólido sumerxido.

Soio algunhas especies resisten este desastre.

flecha.jpg (1051 bytes)

 

 

 

 

 

 

 

 

EFECTO ESTRÉS NAS TROITAS:

Por debaixo do encoro as comunidades de peixes vense tremedamente afectados pola regulación hidroeléctrica, a través dunha disminución ( evidente) de comida e unha inestabilidad a todas luces. ( Todo o mundo que pesque un día nun río con regulación por medio dunha minicentral o macrocentral, notará os continuos efectos de subida e baixada do río en grandes proporcións, lémbrome neste intre do  Arnoia en Outomuro ou o río Miño en Ourense e por suposto o río Avia que é un auténtico desastre ).

As poblacións piscícolas que habitan as augas con regulación teñen unha tasa baixísima na súa reproducción debido á inhibición reproductora ( demostrada ) provocada polo estrés que sofren coas continuas baixadas e  subidas ( esto é evidente).

Todo o mundo que sabe algo de troitas ( non me refiro ós que construen as minicentrais ) saben que as troitas dos tramos de montaña son lotófilas en canto á freza, é decir, precisan para o desove da cría, fondos fluviais de grava e augas de pouca corrente. No momento da freza si as augas están altas o desove  realizaríase en zonas que logo quedarían ó descuberto, malográndose, polo contrario no caso que as augas estivesen baixas, as condiciones adecuadas de corrente  producíriase en zonas cunha profundidade  que non permitira-la entrada de reproductores e polo tanto inhíbense.

En cualquera caso a freza votaríase a perder ó subir ou ó baixar o caudal ( tamén é evidente).

flecha.jpg (1051 bytes)

 

 

 

 

 

OBSTACULOS DAS ESPECIES MIGRATORIAS:

Os peixes en xeral realizan migracións estacionarias, pra atopar frezadeiros ou territorios propios ou refuxos de verán.

Os peixes tenden a ir nas súas subidas polo lugar do río onde hai máis correntes ou caudal. Cando se atopan cunha central ( desagüe de auga) tenden a subir por ese lugar, encontrando a morte polas turbinas.

Esta mortandade está medida , por exemplo pra unha turbina tipo Francis:

    .- 10% para peixes de 4 cm.

    .- 70% para peixes superiores a 18 cm.

O mesmo ocurre na baixada.

A tubería de conducción ten unha reixa obligatoria que impide o paso a peixes de tamaño superior a 30 cm , mentras que pra os de tamaños inferiores constitue unha trampa incrible e que sempre é mortal. ( Quen non pecou algunha troita completamente de cabeza deforme, eu varias veces, da moita pena). Os que pasan a regilla morren nas turbinas. O panorama é negro.

En canto as escalas, a mayoría das minicentrais, en Ourense todas, non teñen escalas, polo tanto os peixes o chegar á minicentral non poden subir e rematou a súa andadura. Así de triste.

flecha.jpg (1051 bytes)

 

 

 

 

 

 

 

 

Arrastre e sedimentación de finos:

Os sedimentos arrastrados polo río de forma natural durante as crecidas son depositados no azud debido á pérdida de velocidade das augas, provocado polo efecto barreira da presa ( evidente).

En poucos anos a presa queda colmada de sedimentos e pra que as turbinas funcionen será preciso soltar augas de fondo que leven ou arrastren estos sedimentos.

O arrastrarlos pola corrente dan lugar a unhas consecuencias funestas prós organismos acuáticos: erosións de piel con entrada de patógenos e parásitos.

Estos organismos obstruien as branquias dos peixes dañando seriamente o sei sistema respiratorio.

De tódolos xeitos  estos sendimentos finos tamén se depositan no lieto do río nas pedras,  cantos rodados, gravas, etc. Fan un leito especial  que cobre o chamado leito intersticial básico prós  animais do río xa que serven de depósito de hovos, criadero de alevíns, larvas ,etc. Ó desaparecer este, desaparece a troita e similares xa que non hai comida.

flecha.jpg (1051 bytes)

salir.jpg (1925 bytes)