Ínsuas do río Miño na raia mollada.

Ínsuas, illas, tamén Ilhas en Portugal, e morraceiras son nomes que reciben e están formadas por sedimentacións, que fai o río,  neste caso permanentes ou consolidadas,  sexan naturais, producto do arrastre do río,  ou tamén formadas por actuacións humáns.

A Ínsua Boega e detras a Dos amores,  as dúas portuguesas.

Fot. Secundino Lorenzo

Outras ínsuas do río Miño na raia mollada

Traballo feito por Secundino Lorenzo

     Saír ó R. Miño.                      Salir a R. Miño 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

Ínsuas do río Miño

(Rio Minho en Portugal)

Desembocadura do río Miño con varias ínsuas.

Fotografía de Xurxo Lobato.

O longo do curso do Miño que ten a fronteira mollada, ou sexa fai fronteira con Portugal,  hai tamén moitas ínsuas ou illas fluviais, ata catorce. As illas , tamén chamadas ínsuas e morraceiras son sedimentación dos arrastres do río, uns son permanente como estas illas e outros desaparecen e non se consolidan.

Estas ínsuas, actualmente,  utilízanse para pastos,  cultivos, outras como lugares de caza, e outros eventos.

Descoñezo o autor das fotografías.

 

 

Catro son consideradas internacionais: Morraceira, Morraceira de  Seixas, Morraceira de Joâo de Sá e Varandas.

 

A illa Morraceira está a carón da Bohega, xusto enfrente.

Mapa 1:25000.  Tomiño MTN25.

Nota: MTN quere decir Mapa Topográfico Nacional (España)

Aquí vese a ínsua Morraceira que é internacional. Google Earth.

Morraceira

Coordenadas: 41.931428º , -8.769103º

Trátase dunha pequena Ínsua situada enfrete a Ínsua Bohega e  Vila  Nova de Cerveira. As dimensións son mínimas 300m. por 70 m.

A Vexetación é a tipica: salguerios, amieiros e mimosas.

Mapa Salcidos. 1:25000. MTN25.

 

Morraceira de Seixas:

Coordenadas: 41.907000º , -8.814684º

A ínsua Morraceira de Seixas,    debe o seu nome ó pueblo  portugués de Seixas, frente á que está situada. También se chama Illa Mauricio.  Formouse  sobre un areal entre as décadas de 1970 e 1980. O seu caso seica é moi especial xa que a maior parte deste pequeno illote está en España, pero cando a marea baixa deixa o descuberto outro areal que se adentra nos límites de Portugal. Hoxe considérase unha ínsula Internacional, ou sexa unha terra de ninguén no medio do río Miño. A día de hoxe, os seus habitantes son as aves da foz do Miño: parrulos, garzas, cormoráns e gaivotas...

Moi interesante este link.

Google Earth.

Morraceira de João de Sá

Coordenadas : 41.907452º , -8.798343º ???

Seica está a  altura da freguesía de Lanhelas no Concello de Caminha. Penso que pode ser a que marco xusto na beira, en Portugal e que pon Morraceira de João de Sa. Unha illa pequena  de 738 m x 211 m. Este texto teño que comprobalo. Dende logo en Internet ó poñer a búsqueda desta illa aparece xusto unha urbanización a poucos metros desta illa, na parroquia de Lanhelas.

Por suposto haberá que comprobar onde está exactamente.

Varandas

Coordenadas 41.914286º , -8.801663 ???

Entendo que a Illa de Varandas debe ser a que ten tamén o nome de Illa de Pozas e que está a carón da Morraceira de Varandas. Unha illa pequena 790 m x 240 m. Por suposto que teño as miñas dúbidas sobre esta Illa ou ínsua.

Terei que comprobalo exactamente.

 

Sobre as Illas internacionais hai unha lexislación que prohibe determinadas cousas: por exemplo non se pode acampar de noite, facer lume,etc. . Persíguese manteñelas en bon estado. Este é o link.

 

 

 

Cinco son ínsuas galegas: Canosa, Morraceira do Grilo, Morraceira das Varandas, Vacariza e Fillaboa.

 

Canosa:

Coordenadas: 41.904543º , -8.836502º

La más grande y que ocupa el centro de la imagen es la Isla de Canosa (en Google Maps se la cita como Xunqueira), que originalmente se llamaba Isla de Torreiro. Su denominación, precisamente, ha dado lugar a disputas entre los dos países. El cambio de nombre se debió, seguramente, a un error de los cartógrafos que hicieron los trabajos previos para la delimitación de la frontera hispanoportuguesa fijada por el Tratado de Lisboa e 1864. Que se la citara en singular, como “Isla Canosa”, en vez de “Islas Canosa”, dio a entender que las otras tres islas eran tierra de nadie. Los cambios de nombre del resto de las islas tampoco ayudaron a mejorar las cosas. Los límites se aclararon por fin en 1897, señalando la españolidad de las cuatro islas.

 

Morraceira do Grilo:

Coordenadas: 41.909336º , -8.824824º

Sobre la Isla de Canosa vemos la Isla de Vimbres (en algunos sitios se la menciona como Mimbres), también conocida como Illa do Grilo o Morraceira do Grilo (morraceiras es el nombre que se da en esta zona a estas islas formadas por sedimentos que se han ido acumulando en el Estuario del Miño). Esta isla también dio lugar a ciertas disputas, pues su extremo más próximo a Portugal era cortado por la línea imaginaria que delimita la frontera. La delimitación de 1897 dejó fuera de toda duda que era una isla completamente española.

Google Earth.

Morraceira de varandas

Coordenadas: 41.913752º , -8.810504º

Enfrente a San Miguel de Tabagón, ver no mapa, tráytase dunha illa de 1,5 km. de longo por una media de 300 m. de ancha.

Encima de Vimbres, xunto á parroquia de San Miguel de Tabagón (El Rosal), vemos a Illa de Varandas (en algúns lugares chámase  Barandas), tamén coñecida como Morraceira de Varandas e  como Illa dos Burros e Canosa de arriba.

Utilízase para pastos.

Mapa de Tomiño en Pontevedra.  Nesa curva está a Illa Vaqueriza.

Escala 1:25000. MTN25

 

Vacariza:

Coordenadas: 41.962318º , -8.750764º

Illa Vacariza ou Vaqueriza está a altura de Figueiró (Tomiño-Pontevedra) en España , e un pouco máis arriba de Vila Nova de Cerveira en Portugal.

É unha ínsua pequena ten 1 km. de longo por 100 metros de ancha.

 

Google Earth.

 

Fillaboa:

Coordenadas: 42.078509º , -8.518925º

A Ínsua Fillaboa ten 110.000 metros quadrados, segundo o anúncio público feito polo en Salvaterra de Miño, que a adquiriu a privados, e que pretende abrir o público como centro centro de interpretação ambiental. Seica costou  300 mil euros, xustificada pela autarquia galega em 2010 pelo objectivo de a “converter nun ben de carácter público”, a illa, próxima do município português de Monção, era a única de propriedade privada.

Hoxe este centro está abandonado. Non se fixo nin a pasarela que estaba prevista. Seica se gastaron casi 100.000 euros, máis da mitade con fondos europeos ou sexa de todos,  en construir a casa de interpretación.

Ver este link. Pode verse como está actualmente este tema.

  

 

 

E por último son ínsuas de Portugal: Boega, Dos Amores,  Lenta, San Pedro e Canguedo.

No mapa as Ínsuas de A Bohega e dos Amores (I. Coteixos).

Mapa 1:25000. MTN25. Tomiño.

Fot. Secundino Lorenzo

Boega:

Coordenadas: 41.928284º , -8.762632º

A Illa da Boega é portuguesa e sitúase entre as parroquias de Loivo e Gondarem no concello de Vila Nova de Cerveira, distrito de Viana do Castelo. Ten 1400 m. de largo por 400 de ancho, e como todas é resultante da acumulación dos sedimentos do arrastrados polo río Miño que posteriormente collen cobertura herbácea. A Illa está bordeada de árbores como amieiros, salgueiros e acacias. O seu interior, nas partes de herbas utilízase para o pastoreo. Nesta illa en tempos fixéronse ceas medievais. Tamén se intentou poñer un campo de Golf.

 

Dos Amores:

Coordenadas: 41.921605º , -8.770976º

A Illa dos Amores, tamén chamada Illa de Coteixos,  é tamén portuguesa e atópase no lugar de Requeijo, na parroquia de Gondarem, no concello de Vilanova de Cerveira, distrito de Viana do Castello.

Ten 400 m. de longo e 100 m. de ancho e presenta o mismo que a Boega. Arboleda a base de salgueiros, amieiros e acacias.

 

 

Google Earth.

Mapa Tui 1:25000. MTN25.

San Pedro

Coordenadas?? : 42.002007º , -8.660595º

Moi perto de Valença.

Pequena Ínsua de 950m x 100 m. Concello de Valença.

 

 

 

Neste mapa aparecen outras illas que son actualmente de Portugal, que son as illas do Verdoejo. Están por riba de Valença.

Estas illas de Verdoejo, entre elas a Ilha do Conguedo están no  Concello de Valença. No mapa de abaixo pon Insua Grande e Terrao.

Sobre estos litixios hai un pdf en internet, sobre a cartografía e identidade territorial, feito polo Instituto Xeográfico do Exercito. Este é o link

 

Tamén interesante este link de onde está sacado este dibuxo.

Aquí está clara que é a Illa do Canguedo

Mapa 1:25000. MTN25

A Ínsua do Canguedo ten que ser a que marco no mapa de Google Earth.

Canguedo

Coordenadas?? : 42.054828º , -8.595791º

Illas de Verdoejo. Concello de Valença

 

 

 

 

Por último a Ínsua Lenta.

Zona  de Lenta onde Vila Nova de Cerveira ten unha sensacional praia.

 

Lenta

Coordenadas ??: 41.965116º , -8.741451º

Concello de Vilanova de Cerveira.

Da ubicación desta illa non estou seguro. Tratarei de confirmala.

 

Sensacional fotografía da desembocadura do río Miño. Descoñezo o autor da fotografía aérea.

Nela poden verse unha chea de ínsuas que máis ou menos están identificadas neste pequeno traballo.

 

Saír ó R. Miño.                      Salir a R. Miño