
Río Sil no Canón do Sil en Ourense. Fotografía de Alvaro García.
É un gran río ourensán. O gran río de España, seguramente máis explotado polos encoros, ata nove grandes encoros, dende o de Rozas en Villablino (león) ata o de San Pedro en Nogueira de Ramuin. Realmente ten moi poucos kms, en Ourense, que o río esté sin explotación hidroeléctrica.
O Sil nace en León en Fonte Sila. É o río do ouro dos romanos, que nas Médulas preto do Barco, explotárono a tope. O río ten 225 kms. dos cales a mitade (106 kms.) están en Galicia. De feito o río Sil discurre polas Comarcas leonesas de Babia, Laciana, El Bierzo e Cabrera e na provincia de Ourense discurre polo Barco de Valdeorras, a Rúa. Tamén por Quiroga na provincia de Lugo.
Dícese que "o Miño leva a fama e o Sil dalle a auga " e é verdade.
O malo é que hoxe por hoxe o Sil dalle unha auga moi mala o Miño.
É o río máis embalsado de España. Manuel Rivas fala de "río embalsamado", opinión que comparto plenamente...
DATOS TÉCNICOS DO RÍO-SIL ( Conca soio do Barco).
| Nacimento : en León en Fuente Sila. | Rotación cultivos: rotativo. |
| Afluentes importantes: Por la izquierda el Casoio, Bibei, Navea y Mao. Por la derecha: el Soldón, Lor y Cabe. | Pendente: 9.1º |
| Superficie : 570 km2 | Textura solo:Areo-limoso. |
| Diferencia cotas :1700 | Dias non úties vertidos: 162 |
| Lonxitude: 37 km | Acept. choiva invernal:moderada. |
| Densidade población: 40 hab/km2 | Precipitacións: 1159 mm |
| Densidade gando: 3 vac/Ha | Deficit hídrico: 90 días. |
| Densidade explot: nº 6.5/km2 | Risco contam.: 3/3 |
| Material xeolóxico: Lousas, areiscas silícicas. | Porcentaxe ocupación: Carballeda 40%, O Barco 20%, Rubia: 20%; Vilamartin : 20%. |
Nota: Datos sacados dos libro "As concas Fluviais de Galicia" de Fco. Díaz Fierros-Avelino Núñez e Eugenio López.
Nótese o elevado risco de contaminación 3 sobre 3. Un dos máis altos das cuncas galegas. Estos datos deberan terse por riba da mesa, señores políticos...
A cunca do río Sil que abarca neste caso as provincias de Lugo e Ourense que comparte moito tramo, salvo na Rúa e no Barco ata ben entrado León ó pasar á altura de Vega de Cascallana. O río Sil está prácticamente embalsado en toda a provincia de Ourense, a cola do encoro de San Esteban pasa da desembocadura do río Lor e o encoro de San Martín pasa da Rúa. O dito o río Sil non existe como tal na provincia de Ourense, a súa explotación é total... Onde non hai encoro o caudal ecolóxico é mínimo, salvo na zona do Barco de Valdeorras.
Datos técnicos do río ( soio no Barco):
A verdade é que o río ven moi contaminado da zona do Barco e inda por riba está cheo de grandes encoros da época da Dictadura. Está desfeito. Entre Iberdrola, que tén o río cheo de encoros, as Pizarreiras que convirten algúns regatos en aguas completamente grises-azuladas e por suposto contaminadas, e os pobos da zona, como o Barco, A Rúa, etc. que non depuran en absoluto, teñen feito deste río unha auténtica pocilga.
Por si fora pouco, no tramo de Ourense, están previstas varias minicentrais en regatos todos da zona da Rúa e o Barco. A última minicentral anunciada é no río Leira ( Xaneiro de 1999). Finalmente, pra rematar Iberdrola, no curruncho que lle quedaba, no Barco, anuncia ( 31-05-98) duos novos encoros. O colmo.
Os pescadores do Barco e da Rúa fan realmente moitos esforzos por limpalo, pero o río ten moi mal arreglo, xa que está desfeito.
É un exemplo claro do que pode facer con un río o chamado "desenrolo sosteñible". Desgracialo completamente.
NON HAI DIREITO A ESTE TRATO DADO Ó SIL, O SEGUNDO RÍO MAIS IMPORTANTE DE GALICIA.
Pese ó anterior a zona do Barco de Valdeorras é extraordinaria, con un potencial turístico fora de toda dúbida e que no futuro dará moito, moitísmo que falar. Por poñer uns exemplos : casas rurais sensacionais como o Pazo do Castro e lugares para soñar como as Médulas ou o Teixadal combinadas, poden dar á zona unha riqueza ata agora descoñecida.
Esperemos que os responsables políticos da zona, coiden o máis preciado que teñen : a natureza
Curiosidade:
Os Peares é onde empeza o canón do río Sil. Aquí aproveito para citar o "Principio de perceptoloxía" según o cal o río que no momento de xuntarse forme maior angulo coa dirección que sigue é o río principal. Según este principio, o río Sil é afluente do río Miño. Non creades que a cousa e tan fácil xa que "O Miño leva a fama e o Sil leva a auga". O licenciado Molina decía que o principal era o Miño, que non era extranxeiro...Eso sí o máis longo é o Miño (310 km.), contra o Sil (225 km, 106 en Galicia).
Está claro según ese principio que o Sil e afluente do río Miño. o ángulo A e maior que o ángulo B claramente.
Fotografía da xuntanza do río Miño e o Sil nos Peares. Secundino Lorenzo
Fotografía histórica da misma xuntanza. Descoñezo o autor da sensacional fotografía.
Estado de conservación:
Nacimento e primeiro tramo do río:
Cascada de Lumago. Alto Sil. Fotografía sacada deste blog.
Descoñezo o estado do río nos seus comenzos pero presupoño que é moi bon.
Os primeiros kms. do río Sil. Afotografía é de E. Seoane e está sacada desta ruta. O nove é "As fontes do Sil"
Deste primeiro tramo e das súas pontes hai un video que merece a pena velo.
A partir dos primeiros encoros é un auténtico desastre, así mo comuníca Jose Carlos de Ponferrada que a última ( febreiro do 2001) é deixar sin agua o encoro de Barcena o río Sil augas abaixo, pasou de 50 m3/seg a 2,5 m3/seg, nunha hora, quedando cantidade de troitas en zona de secano. Lamentable.
Ó río Sil fanche de todo as hidroeléctricas como Iberdrola e Endesa, que dicen son conservadoras do Medio Ambiente...será conservadoras dos encoros...porque soio miran os seus bolsillos...o resto impórtalle tres pitos...

O Sil na Serra da Enciña da Lastra, por onde pasa a estrada do Barco a Ponferrada con dous tuneis na zona en Cobas. Por suposto embalsado ou embalsamado prácticamente en todo o recorrido. Dende o encoro de Pumares ata o de Penarrubia. Por Toral de los Vados xa en León ten unha zona sin encoros pero é corta. Descoñezo o autor da fotografía.
De Ponferrada o Barco poucos treitos ten libres e os que ten penosos. As explotacións mineiras teñen a este río defenestrado, xunto coas explotacións hidroeléctricas.
Tramo Barco - A Rúa :

Pasarela sobe o río Sil no Barco e Valdeorras. Fotografía Secundino Lorenzo 2008.
Un auténtico desastre ecolóxico. Unha pocilga. Só hai que fixarse na cor do rio para darse conta. Polo Barco ten zonas donde non existe o río como tal . Concretamente en Sobradelo, o río un pouco antes é desviado por una canaleta para levar as augas a una central.
O río Casaio que é un afluente pola esquerda tamén ven moi contaminado polas pizarreiras.

Río Sil.
Por si fora pouco, despois do encoro de San Martin, por debaixo da Rúa, non hai río, é incríble. Case sempre está seco ata a desembocadura do Bibei. As fotos que siguen demostran, claramente a desfeita deste gran río. É demencial.
NUNCA PUDEN ENTENDER COMO MEDIO AMBIENTE GALEGO NON TOMA CARTAS NESTE ASUNTO. SOIO HAI UNHA EXPLICACIÓN : QUE IBERDROLA SEXA MEDIO AMBIENTE. COUSA QUE NON ME ESTRANA.
Na fotografía o encoro de San Martín da empresa Iberdrola, unha empresa que presume de respetar a Natureza e que neste tramo deixa o río Sil sin auga, como se pode observar na seguinte fotografía:
O día da fotografía en febreiro de 1999 o río traía auga dabondo ( como se pode observar na fotografía que encabeza este escrito sobre O río Sil). Unha vergoña.
Xusto a beira desta área de descanso, moi preto de Montefurado, unha zona especial para o turismo , o río Sil vai completamente seco. Dende o encoro de San Martín ata desembocadura do río Bibei.
Pra rematar a UE citao, (pódese ver na Voz de Galicia do 24-05-98) como un río donde non se deben bañar as persoas. O colmo.
Demáis tramos da Provincia de Ourense:
Lastimoso. Son casi todo encoros e sitios moi difíciles.
Río Sil na Cubela, fai pouco cando baixou o encoro de Santo Estebo. O río iba como en tempos, pero soio foron uns días. Foto de Secundino Lorenzo.
Así era o canón do Sil en 1955. Esta é unha fotografía histórica. Hoxe nese lugar está o azud do encoro de Santo Estebo.
Encoro de Santo Estebo.
Sensacional fotografía do Canón do Sil actualmente. Posterior a 1958. Descoñezo o autor da fotografía.
O paradoxico é que a zona de Ourense é do mais bonito da Provincia dende o punto paisaxístico ( cañón do Sil) e histórico ( San Estebo e Santa Eufemia) . Menos mal.
Fotografía de Secundino Lorenzo. Canón do Sil preto de Parada do Sil.
O río non vale para pescar.
Na fotografía o cañon do Sil cun valor paisaxístico e cultural inmenso. De feito nas súas beiras atópose un dos Mosteiros mais impresionantes de Galicia:
O Mosteiro de San Estevo de Ribas do Sil. Unha marabilla en pleno canón do Sil.
Pero hai mais : Santa Cristina de Ribas do Sil do siglo IX, por exemplo. A iglesia é unha xoia do románico galego.
Fotografía de Sta Cristina un lugar paradisíaco. É famoso o dito "en Sta. Cristina buscouse a Deus, con máis ventaxa que noutros lugares..."
Pódese tamén facer unha ruta en catamaran polo cañon do Sil e combinar coa visita os Mosteiros citados. É marabilloso. Claro que inda o sería máis si o río Sil non foxe pechado polos encoros. Si os monxes levantaran a cabeza, seguro que non estarían de acordo coa desfeita do seu río Sil...síntome solidario con estos monxes...
( Nesta fotografía sensacional de Santa María del Villar, vese a ponte de Paradela no río Sil, antes de facer o encoro de San Estebo. Trátase polo tanto dunha foto histórica. Hoxe pertenece o chamado cañón do Sil. Aquí pódese apreciar como era o Sil realmente, un río entre montañas, con moita corrente en algúns tramo moi caudaloso. Hoxe repito o Sil e prácticamente un encoro continuo... Recoñezo que o cañón do Sil é fermoso...pero amigiños, eu, personalmente, quédome co río primitivo que se ve na fotografía, xa que me gusta a vida. Un cañón para mín inda era máis bonito...)
Por certo o río Sil ten varios afluentes importantes en Ourense e Lugo : o Quiroga ( un río desfeito e gris tamén pola explotación da Pizarra), o Bibei ( un río desfeito por Iberdrola), o Navea ( outro río desgraciado augas abaixo de Chandrexa) , o Cabe ( outro río desgraciado, por certo onde vai unha minicentral, xusto no mellor do río, cando empeza abaixar cara O Sil) , para que seguir...
Sinto polo río Sil, podría ser una gran río, de feito os monxes escolleron as súas ribeiras por algo...
Tres imáxes do río Sil en San Esteban, un mostruo de encoro.
Encoro de San Esteban. Vista do encoro. Cañón do Sil Parte inferior. Río Sil
![]()
O Sil desemboca no río Miño nos Peares. Outro lugar marabilloso. Observar as augas do Sil, de cor distinto as do Miño.
Realmente o río Sil son prácticamente todo encoros..., auga sucia das pizarreiras e pouco máis...lamentable.
Fai pouco fixeron unha ampliación no encoro de Santo Estebo e deixaron o río baleiro de auga dende a presa ata a desembocadura do río Cabe. Unha auténtica salvaxada que soio pode facer a dona, entre outros do río Sil: Iberdrola.
Encoro de Santo Estebo.
A parte de abaixo quedou seca e sin auga. Incrible.
Inda por riba queren facer unha minicentral que traballe de noite, subindo a auga polo día e turbinando pola noite. Para elo habería que construir un lago no mismo canón. Outra desfeita si se fai.
Este sería o lago. Unha desfeita para as estradas da zona, moi visitada actualmente e unha viabilidade que non remato de vela salvo que actualmente o precio é menor pola noite.
DATOS TÉCNICOS DO RÍO-SIL ( Conca soio do Barco).
Nacimento : en León en Fuente Sila. Rotación cultivos: rotativo. Afluentes importantes: Por la izquierda el Casoio, Bibei, Navea y Mao. Por la derecha: el Soldón, Lor y Cabe. Pendente: 9.1º Superficie : 570 km2 Textura solo:Areo-limoso. Diferencia cotas :1700 Dias non úties vertidos: 162 Lonxitude: 37 km Acept. choiva invernal:moderada. Densidade población: 40 hab/km2 Precipitacións: 1159 mm Densidade gando: 3 vac/Ha Deficit hídrico: 90 días. Densidade explot: nº 6.5/km2 Risco contam.: 3/3 Material xeolóxico: Lousas, areiscas silícicas. Porcentaxe ocupación: Carballeda 40%, O Barco 20%, Rubia: 20%; Vilamartin : 20%. Nota: Datos sacados dos libro "As concas Fluviais de Galicia" de Fco. Díaz Fierros-Avelino Núñez e Eugenio López.
Nótese o elevado risco de contaminación 3 sobre 3. Un dos máis altos das cuncas galegas. Estos datos deberan terse por riba da mesa, señores políticos...