O queixume do río Cenza

(Vilariño de Conso- Ourense)

anego5.jpg (17203 bytes)

Así era o Val glaciar do Cenza antes de facer un encoro que o destrozou en 1994

 

Este encoro construido en 1994 en Chagüazoso (Vilariño de Conso) , asolagou o val glaciar do río Cenza, unha marabilla que moi poucos ourensáns coñecían, tan siquera de nome... Lembro que o feito deste destrozo tuvo moi pouca repercusión en Ourense provincia, cousa que non é de estranar.

Realmente ¿era necesario este embalse?. Sinceramente penso que non, a zona é incriblemente bonita e sorprendente, pero repito pouco coñecida. Moi aproveitable dende o punto de vista turístico, xa que era o val glaciar "mellor conservado de Galicia". O encoro anegou tamén varios curros (lugares, no monte, para  ter o gando resguardado do lobo) históricos e moitísima historia.

Vilariño de Conso, é seguramente o pobo de Galicia que máis encoros  ten o seu arredor e tamén a que máis diñeiro saca de canón por esa explotación, non necesitaba este encoro para nada...

Encoro do Cenza,cunha altura de casi 50 m. e un ancho de 600 m. Embalsa soio 40 Hm3 e produce 206,2 MW. Ver algunhas características neste pdf.

Embalse actual. Penoso no lugar onde está. Na súa construcción arrasaron co pouco que quedaba do río Cenza, na parte alta.

 

Aquí nesta imaxen sacada do Google Earth vese como se pasa en 6 km. de 772 m a 1.336m. O salto do Cenza (iberdrola chámalle embalse de Soutelo) está na cima de todo e aproveita o desnivel para producir electricidade, de feito a auga baixa por una tubería casi ata o río Couso. Esa tubería explotou a primeira vez que se fixeron probas. Menudo estoupido.

 Incumple tódalas normas ecológicas e por suposto a lei  de pesca de Galicia que xa estaba vixente. Pero Iberdrola, que presume de ecoloxista, pásese estas normas polo forro...Por non dicir outra cousa.

Tuvo algo de oposición pero con pouco eco. Os Ourensáns pasamos da nosa natureza, falo en xeral.

Morrera glaciar de Chaguazoso en pleno valle glaciar do Cenza, onde fixeron o encoro..

" “En laVII Xornadas Ciencia e Territorio”, organizadas por la Nova Escola Galega y el Instituto de Melide, hace pocos años,  en las que participaron 70 profesores de toda Galicia, los asistentes a las mismas tuvieron la suerte de gozar del magisterio y guía sobre el terreno del catedrático de la Universidad de Santiago de Compostela, el ourensano Augusto Pérez Alberti. Cuestionaron -con toda la razón- la construcción del embalse del Cenza en esta zona donde está ubicado un complejo morrénico importante. Chaguazoso de Vilariño de Conso, pueblo de cuatro barrios, es uno de los situados a mayor altitud en la provincia."

Os políticos da zona e este encoro?, non quero falar deles...

O azude está nas coordenadas    42º  11´45.43 " N       7º  14´´  47.44 " O

 

Video de Manuel Rateixeira do encoro do Cenza.

 

Fotografías miñas do Valle Glaciar do Cenza.

Parte de abaixo do actual encoro do Cenza, coa morrena e Chaguazoso o fondo. Parte de abaixo do actual encoro do Cenza. Morrena glaciar.

Curro na zona, actualmente asolagado. Esta fotografía non é miña,  é de Ourense Natural. Na zona onde fixeron o encoro había esta pequena presa.

Parte de abaixo do encoro. Río Cenza. O río está cheo de bolos enormes de rocha. Algo incrible. O encoro xa feito.

O encoro xa construido. Azude da presa, incumplindo todas as normas sobre especies piscícolas. Non ten escadas. Algún político dixo que si, que ten escadas. Vense na fotografía. Por ela suben as troitas voladoras do Cenza.

Parte do encoro do Cenza. Voo americano de 1955.

Val glaciar do Cenza. Fotografía importantísima xa que nela vese como era este val glaciar, hoxe desgraciado polo encoro do Cenza. Observar o río, que o forman varios regatos que veñen da parte de atrás de Manzaneda. Paréceme ver enfrente un curro xa medio desfeito...A fotografía é de 1987, xusto cando eu pescaba a zona co meu compañeiro Félix. Esta fotografía,  descoñezo o autor,  pero ven no libro "O macizo central" do meu amigo José Benito Reza.

Por certo José Benito Reza faime chegar unha apreciación moi interesante, xa que se ve perfectamente no Voo americano de 1955 o "Foxo do lobo" en forma de cruz, os muros que forman a trampa fan unha cruz perfecta, no medio da fotografía. Tamén se ve perfectamente nesta fotografía sacada do Google Earth.

José Benito Reza, o que lle dou as gracias faime chegar dúas fotografías deste foxo de lobo.

Este son os muros do foxo do lobo. As uces están perfectamente aliñadas e cubren hoxe as paredes.

Fotografía de J.B. Reza.

Clásico foxo en cruz. O dibuxo é de Paco Baluda

Voo americano. Foxo do lobo perfectamente marcado. Ver tamén a pequena ponte que había para pasar o Cenza. A 100 metros río arriba fixeron a presa.

Este é o foxo que está cheo de auga xa que a zona é unha braña moi húmeda.

Fotografía de J.B. Reza.

Embalse do Cenza, fotografía miña sacada dende o camiño que vai por riba da montaña dende Cabeza de Manzaneda ata Portocamba, por detrás do Invernadoiro. Este valle era un valle glaciar único na zona.

Este era o comentario que lle fixen a fotografía:

Esta é unha fotografía do Val Glaciar do río Cenza, dende Cabeza de Manzaneda. O fondo as Serras Calva, Serra Segundeira e Serra do Eixe, máis preto, a dereita, o cañón do Bibei, , tamén o do río Camba, no centro Viana do Bolo.

 Xusto no medio o muro do encoro do Cenza (con escala para troitas voadoras...), feito no Val glaciar do Cenza, único en Galicia. Altura de 1341 metros sobre o nivel do mar. Xunto o muro, xusto no medio,  o pobo de Chagüazoso, o máis alto de Galicia 1400 metros. A dereita do pobo a morrena (máis espectacular e mellor conservada de Galicia), a dereita o cañón do Cenza un lugar cuns cantos rodados espectaculares, propios dun Val Glaciar e cunhas troitas sensacionais, un lugar por onde baixa o río Cenza e que eu pescaba polos anos 1980-1990.

Este encoro, neste lugar único, foi feito por Iberdrola no ano 1994. Unha auténtica salvaxada antinatural. O tributo que pagamos por un progreso mal entendido.

Troita do río Cenza, en tempos...

"Deus fixo, sin dúbida, lugares tan fermosos como o Val glaciar do Cenza, pero non entendo como deixou que ó estropearan cun encoro..." Secundino Lorenzo autor da www

Os cartos son os cartos, "poderoso cabaleiro é Don Diñeiro..." e á idea, de facer o encoro,  deuselle para adiante polo canon, cartos,  que aportaba e outras cousas me imaxino...

 

Curiosidade da presa do Cenza:  "O queixume do río Cenza"

Hai en internet unha páxina web moi curiosa que graba distintos sonidos de distintas partes do mundo, en especial de Galicia. Esta páxina ten unha grabación sobre "o lamento do río Cenza" que se produce en pleno azude, co sonido do vento.

O sonido foi grabado xusto onde se ve esa estrutura metálica, a barandilla, na cima da presa.

Dende a miña páxina web, que canta a vida dos ríos galegos, únome o  lamento do río Cenza e doulle a enhoraboa os  autores da web, que por cierto usan unha fotografía miña,  é curioso, xa que descubrín a web fai pouco.

Para poder oír ese lamento pulsar este link e no  mapa buscar a presa de Vilariño de Conso.

Saldrá unha pantalla co mapa de Galicia e teredes que buscar o encoro do Cenza que está no macizo central de Ourense, preto de Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso, ata chegar a esta  pantalla e bastará con  pulsar na banderilla que está no encoro do Cenza.

O traballo é de Chiu Longina ó que felicito.

Para volver pulsar <-------

NOTA

Este programa foi retirado por falta de interés dos organismos que poderían estar

interesados. O traballo era marabilloso...pero xa sabemos o que pasa...

flecha.jpg (1051 bytes) Volver a Vida nos ríos galegos.                       Volver os Foxos de lobo.