....

O MIÑO canle de luz e néboa.

Manuel María canta o río Miño. (1929-2004). Os ríos sempre foron fonte de inspiración para moitos poetas . Esta é unha pequena mostra marabillosa de poesías que falan do río Miño, o Pai dos Ríos Galegos. Pequena semblanza de Manuel María.

Anaquiños do libro "O Miño canle de luz e néboa"

 Grande Poema ao río Miño. (Moi importante)

Poesías (anaquiños) de Manuel María, libro "O Miño..."

Manuel María: Biografía do Miño.

Manuel María: Falan os ríos.

Manuel María: Fala o río Sil

Manuel María: Poema da paisaxe do Miño.

Manuel María: Poema das néboas miñotas.

Manuel María: Muíño.

Manuel María: Homes.

Manuel María: Os afogados.

Manuel María: Proclama os peixes do Miño.

Manuel María: Poema os viños do Miño.

Manuel María: Desacordo cós contaminadores do M.

Traballo realizado, na composición, escolma e presentación polo autor da web: Secundino Lorenzo. Coa miña admiración e o meu agradecemento a este gran poeta galego. Onde estés amigo: ¡¡Gracias!!

 

Dous anos despois deste pequeno traballo, Galicia dedica o ano das letras galegas, ano 2016,  a este gran poeta. Houbo moitos traballos encol da súa obra, entre eles un dedicado "O Miño, canle de luz e néboa", feito por Adela Leiro e Mon Daporta, e que poño neste link, merece a pena velo. Unha marabilla.

     "Ríos son poesía"                        Saír ó R. Miño.                      Salir a R. Miño 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AVISO

   ...Aló polo ano 1951 ou 1952 cando tíñamos a asombrosa idade de 21 ou 22 anos, xurdiu en nós a idea de escribir un longo poema ao río Miño, tan asombrados estabamos de contemplalo día a día, con enamorados ollos , dende os primeiros intres da nosa vida. Compuxemos unhos poucos poemas e gardámoslos entre os nosos papeis. Ian pasando os anos e, de cando en vez, escribiamos algunha nova composición e publicámola nos diversos libros de versos que dámos a luz e ao esquezo. O tema seguía obsesionándonos. Recentemente esta teima agudizóusenos. Revisamos os nosos vellos poemas e fixemos outros que son a maioría absoluta. O resultado é este poemario.

     O Miño sempre nos impuxo: nel acatamos, dende vello, unha escura e misteriosa divindade. Na súa honra damos o público, cheos de temor e grandes reservas, este libro, con toda seguridade afastado das modas estético-literarias imperantes neste intre. O noso intente de hai moitos anos era como xa dixemos escribir un longo poema unitario, mais escachizóusenos. Cavilamos vagamente no Samos do grande Ramón Cabanillas. A unidade do proxectado poema cecais se conserva na unicidade do tema.

     O autor procurou, na medida das súas escasas e limitadas forzas, con este libro, decirlle ao Miño, na actualidade tan agredido, o seu apaxionado amor, contando e cantando, como pode e sabe, os traballos e os días do noso Grande Río. Non en vano as súas caudalosas augas arrolaron o noso berce, asombraron a nosa infancia, puxéronlle alegre e desbordada música as poderosas paixóns e desasosegos da nosa adolescencia e xuventude e, nos anos da nosa madurez, o seu monótono rumor encheu a nosa melancólica nostalxia, pois a vida non nos permitiu permanecer ao pé do Miño natal como era o noso desexo, para, á súa beira, ir gastando as nosas horas medidas polas mansas ou alporizadas ondas.

     Desexamos que estes poemas sexan un antecedente máis e, a ser posibel, un graíño da semente do Grande Poema ao Miño que, necesariamente, ten que florecer da lírica galega.

 

                                                        Manuel María

 

 

Manuel María. Fotografía de Xurxo Lobato.

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Anaquiños do libro:

O Miño canle de luz e néboa. 

 Poema: Biografía do Miño

I

O deus Minius, nas orixes do tempo,

percurou, con teimuda paixón,

o lugar máis fermoso do universo:

non atopou nada que puidera

compararse, nin de lonxe, con Galiza.

Despois de contemplala longamente

namorouse dela para sempre.

Con desexo total de posuila

físoxe poderosísimo lóstrego

e caeu sobor da terra, feríndoa

co seu divino lume.

           A terra

recibiuno,humilde e conmovida,

abriulle os brazos, o corazón,

todo o seu ser ....

      E fundíronse

nunha aperta perfecta, indisolúbel.

O léstrego volveuse auga cantora,

materia de orballos e de bágoas.

A terra ofrendoulle ao apasionado río

o seu corpo xentil e feminino.

E o río deulle á terra xenerosa

a súa forza de deus omnipotente...

...

 

Comentario: este poema ten catro partes, na primeira fala do nacemento do gran MIño, nas outras vai falando por onde discurre o río MIño, as pontes, a Terra Chá, Lugo, Ourense e Tui.

Poño a cuarta parte íntegra que é o remate do poema:

4

Existe un Miño poderoso e terrestre.

Mais a intuición e o sentimento

estannos a dicir moi claramente que

o Camiño de Santiago ou Vía Láctea

é o Miño celeste:

           un río de luz

polo que, un día, habemos de navegar,

 

Manuel María. Fotografía de Xurxo Lobato.

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Anaquiños do libro:

O MIÑO canle de luz e de néboa.

  Poema: Falan os ríos

Nós, tan humildes, somos ríos pequenos

que bicamos a terra con amor

Ríos sen gloria que lle damos ao río Miño

o noso amor sinxelo: luz e auga.

Damos todo boamente como dá

o paxaro ao vento  a súa canción.

Somos só un nome.

Somentes somos grandes ríos

cando nos ten enteiramente o Miño.

Somos a sombra dunha sombra

cunha lembranza nidia

de árbores, seitura e sementes.

Non somos case nada

Nin case somos ríos.

¡A nosa almiña de pequenos ríos

fai o poder caudal do Grande Río!.

Manuel María. Fotografía de Xurxo Lobato.

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Anaquiños do libro:

O MIÑO canle de luz e de néboa. 

 Poema: Fala  o río Sil

Porque eu nacín tan lonxe

quero morrer galego.

...

Chego, por fin, a Os Peares

para poder descansar:

o Miño bótame ao lombo

e sen máis...¡lévame ao mar!.

Manuel María. Fotografía de Xurxo Lobato.

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Anaquiños do libro:

O MIÑO canle de luz e de néboa.

  Poema da paisaxe do Miño.

...

Os caneiros, totalmente esbroados,

noutro tempo unha música como

o oscuro fungar dos rumorosos.

E agora só o silencio, imposto á forza,

polas monstruosas presas dos encoros.

Manuel María. Fotografía de Xurxo Lobato.

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Anaquiños do libro:

O MIÑO canle de luz e de néboa.

 Poema das néboas miñotas

Esta néboa que nace no corazón do río

e sube ao azul como unha oferenda:

¿será cecais corpo de canción,

palabra de amor irreprimíbel

que a auga lle di ao universo...?

¿Ou poderá ser o mesmo río

saíndo de si mesmo para darse

ao mundo que está no seu entorno

facéndose suspiro,

                 confundíndose

co azul transparente e rematando

sendo un leve tremor emocionado

perceptíbel somentes para aqueles

que só abren os ollos ás lembranzas?

Esta néboa miñota, auga e ensoño,

materia que formou ao mesmo río,

carne invisibel e fuxidia,

universo dos peixes e das oucas,

monótona e teimuda ladaiña

a penas salmodiada nas ribeiras:

espella árbores, nubes, espadanas.

As aves recollen esta música,

arpexo sutil do misterioso,

lúcida canción, máxico chío

que volve á néboa orixinaria

coa súa voz mensaxeira para sempre.

¿Quen tan ousado para poder ollar

a inexplicábel néboa cara a cara

e sentir o seu corpo fuxidio

envolvéndonos totalmente como un manto

que nos defende e nos preseva

da vileza gris do cotidiano...?

Manuel María. Fotografía de Xurxo Lobato.

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Anaquiños do libro:

O MIÑO canle de luz e de néboa. 

 Poema: Muíño

...

Falade dos grandes muíños do Pai Miño

cheos de fachenda, gravidade e poder:

as enormes aceas de xigantescas moas

triturando fanegas e fanegas de grao limpo

cunha gran lentitude:ignoraban o tempo.

...

A mágoa da auga facíase fondísimo laio.

A xente sentíao e comprendíao.

Así naceu

a muiñeira leda, baril e chameante.

¡Naceu a muiñeira nidia, pura: como a auga!

Manuel María. Fotografía de Xurxo Lobato.

 

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Anaquiños do libro:

O MIÑO canle de luz e de néboa. 

 Poema: Homes

...

Vós, barqueiros, troiteiros, muiñeiros,

almas núas, puras, neboentas,

caste que escoitábades a música das ondas

e coñecíades o arado, a barca, o batuxo,

as redes, as nasas, as cordas e os trasmallos:

recoñézovos: sei que estades

coa alma chea de sombra sen cantar muiñeiras.

Calades. Sempre. Sempre

Pechades os beizos e apartades as maos.

Escoitades os afogados e eles escóitanvos

cando o lume arde na lareira como un don

e pasa o vento oulando como un lobo famento

 

Manuel María. Fotografía de Xurxo Lobato.

 

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Anaquiños do libro:

O MIÑO canle de luz e de néboa. 

 Poema: Os afogados

¿Que fondura vos chama? ¿Que estraños

piagos vos acenan? ¿Que mouros pozos

vos berran con voz imperativa...?

Ides dereitamente aos avesíos

nos que, cecais, non entra a luz:

¿que cidades sulagadas descubrístedes?

¿Que máxicas campanas escoitades?

Na vosa procura, ¿perdéstesvos tal vez

nas tribos dos xacios e as nereidas?

¿Que estraña mensaxe vos levou

aos fondos subacuáticos e ao reino

dos lixeiros peixes nadadores?

Quixéstedes habitar na claridade

da auga inconsistente e fuxidía:

unhos quedastes para sempre

nas fonduras do río misteriosas

e outros aboiades pola  tona da auga

pechados nun silencio absoluto,

sen dicirlle a ninguén ese segredo

que, ao mellor, sorprendestes

nun mundo para nós descoñecido.

Manuel María. Fotografía de Xurxo Lobato.

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Anaquiños do libro:

 O MIÑO canle de luz e de néboa.

  Poema: Proclama os peixes do Miño

Meus amadisimos peixes, ordenados

en tribos, provincias e naciós:

salmós, troitas, anguías,

escalos, sábalos, lampreas

e ainda o recente blas-blas...

Morades en casais, parroquias,

vilas e cidades que os humanos

non ollan nin descobren:

         só a vós

vos falo pois quero sementar

no voso leve e delicado corazón

a flor marabillosa do amor.

Coidade dos fondos subacuáticos

e non deixedes luxar endexamais

a pureza das augas cristalinas.

Confederádevos xa coas galiñoas,

cabaliños do demo, parrulos,

arceas e lavancos:

       loitade ferozmente

contra tanta polución envelenada

que vos asasina sin piedade

e destrúe a beleza dos ríos

e a perfecta fermosura do mundo.

Defendede ata a morte o voso reino:

¡fuxide das mortíferas nasas,

das invisibeis, enganosas redes,

das cordas, dos anzois, da dinamita

e habitade en paz eternamente

a marabillosa luz das ondas libres!

Manuel María. Fotografía de Xurxo Lobato.

 

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Anaquiños do libro:

 O MIÑO canle de luz e de néboa. 

 Poema: Os viños do Miño

Meus amados viños das ribeiras do Miño:

en vós bebo o misterio da terra

e todos os segredos deste mundo.

 

Viños de Portomarín, lixeiros e algo

acedos:

¡matades a sede universal

dos pelegrís que van a Compostela!

 

Viños de Chantada, Chianti noso,

sodes vós un canto antergo,

un doce, delicadísimo alalá

que no corazón nos pon un merlo novo.

 

Meus viños puros da Ribeira Sacra

que rezades antífonas e salmos

para absolvernos de todos os pecados.

 

Viños ourensás, esencias do Ribeiro

rebentando en rubís escintilantes:

estades e estaredes para sempre

no verso inmortal de Afonso o Sabio

e a nosa lembranza apaixonadaç

de devotos mais cautos bebedores.

 

Viños do Condado con finas, sutís

e saudosas nostalxias portuguesas,

bos para namorados melancólicos:

¡que o amor incendie as nosas veas!

 

Viños do Rosal, no Baixo Miño,

con gracia xentil do voso nome,

agarimados xa da brisa atlántica:

¡facédeme ledo o corazón

e alertádeme o espíritu

cara o alén de todos os misterios...!

 

Manuel María. Fotografía de Xurxo Lobato.

 

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

...

Vós, xentiñas cegas como toupas,

fixestes do Miño unha cloaca,

unha cheirenta latrina xigantesca,

un pozo de zurro e de detritos.

...

Requírovos no nome do amor máis puro:

¡respectade ao Miño, linfa inocente, casta,

divindade anterga e indefensa,

arteria caudal da nosa patria,

Grande Pai Fluvial do Reino noso,

Pastor de Ríos que dixeron os poetas!

Manuel María. Fotografía de Xurxo Lobato.

 

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Anaquiños do libro:

 O MIÑO canle de luz e de néboa

.  Poema: Desacordo contra os contaminadores do Miño.

Asasinos da vida, da beleza, dos dons

marabillosos para uso e gozo do home

e de todo canto vive neste mundo.

Emporcadores da pureza da auga.

Vérdugos de peixes. Violadores.

Vós, xentiñas cegas como toupas,

fixestes do Miño unha cloaca,

unha cheirenta latrina xigantesca,

un pozo de zurro e de detritos.

...

Requírovos no nome do amor máis puro:

¡respectade ao Miño, linfa inocente, casta,

divindade anterga e indefensa,

arteria caudal da nosa patria,

Grande Pai Fluvial do Reino noso,

Pastor de Ríos que dixeron os poetas!

Manuel María. Fotografía de Xurxo Lobato.

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Anaquiños do libro:

O MIÑO canle de luz e de néboa. 

Poema: Derradeira elexía.

O Miño sempre a morrer no mar, nacendo sempre,

cavilando nas víctimas puras e inocentes

que esixe o ritual de deus.

Canto o Miño para decirlle o meu amor,

botálo fora de min e non me pese

eternamente como un fado maldito.

Non lle levo rosas: entrégolle

esta fonda paixón que me desborda.

...

Este é o Miño manso, canso e silencioso

que soporta como o boi o xugo,

o aldraxe infamante e sen nome dos encoros

e as contaminaciós fedorentas e letais.

Ouh meu río Miño, martirizado deus:

¿escoitará alguén o latexo,

estremecido e maino, das túas ondas?

¿En que desolado corazón ecoará a túa música monótona e eterna...?

Manuel María. Fotografía de Xurxo Lobato.

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MANUEL    MARÍA.

Pequena semblanza.

 

Manuel María. Fotografía de Xurxo Lobato.

 

Manuel María Fdez.   faleceu na Coruña o 08/09/2004.

Para mín é un dos máis grandes poetas en lingua galega de tódolos tempos.

Onde estés:

¡Moitas grazas!.

 

Manuel María Fernández Teixeiro  naceu nunha podente familia labrega de Outeiro de Rei, preto de Lugo. Nesta cidade residiu durante o seu Bacharelato cun tío cura, e frecuentou a amistade de Pimentel, Anxel Johán e Anxel Fole. Non rematou os seus estudios de Filosofía e Letras, e unha vez casado, instalouse en Monforte de Lemos, onde traballa de procurador dos tribunais e rexe coa súa esposa Saleta Goi a Libreria Xistral.

Na súa vida activísima de militante da cultura e da política, dirixiu a colección "Xistral" de poesía, plataforma inestimable de varios poetas máis novos ós que apoiou xenerosamente, colaborou e colabora con artigos na prensa, organiza actividades e recita e dicta conferencias sen descanso en tódolos sitios onde é chamado, sexan en Galicia ou no exterior. Premiadísimo en certames poéticos, é tamén narrador, ensaísta e dramaturgo e gran conversador.

Foi o primeiro poeta mozo que editou un libro na postguerra, o Muiñeiro de brétemas, publicado no 1950.

Dende entón, trinta libros de versos compoñen a súa bibliografía poética, a máis extensa da literatura galega.

A inmensa obra de Manuel Maria resiste á súa definición sucinta pola concorde variedade da súa musa, desde o intimista ó rabiosamente político, desde a cantiga popular ó soneto. Algunha crítica estreita céntrase nos seus desacertos, que sen dúbida os ten, pero que de ningún xeito poden facer esquecer que Manuel Maria é un dos máis grandes poetas galegos de tódolos tempos.

 

Ata aquí unha pequena semblanza, sacada de internet,  deste gran poeta.

 Engadir, pola miña banda,   que a obra completa de Manuel María componse de cuarenta e sete libros. En todos eles hai unha inmensa,  por non dicir infinita,  melancolía, tenrura, amor á natureza, un gran sentido ético e o que se chama realismo crítico.

     "Poesía da vida, en definitiva, aberta ao cosmos da realidade desde un microcosmos esencial e humano" dice Miguel Anxo  Fernán-Vello na nota do Editor dos libros de Manuel María publicados por Espiral Maior e que figuran máis abaixo.

Para mín é unha auténtica gozada, un placer, unha necesidade ler e disfrutar da súa obra; por eso no me canso de dicir ¡gracias, moitas gracias polo teu traballo!.

Secundino Lorenzo.

Autor da web.

 

 

Manuel María ollando o río Miño...

Si queredes ampliar aquí tendes:

 Un link onde aparece toda

a obra de Manuel María.

Tamén un artigo marabilloso sobre

"As navalliñas de Manuel María".

(De Felipe Senén)

A miña bibliografía para este traballo son os dous libros pulicados pola Editorial Espiral Maior S. L. Opera Omnia 2001,  e que levan por título

Manuel María

OBRA POÉTICA COMPLETA.

Tomo I. 1950-1979

Tomo II. 1981-2000

 

O Miño canle de luz e de néboa está no tomo II na páxina 380.

Estos dous libros que vedes teñen as súas obras completas e son para mín libros de cabeceira cando quero ler poesía adicada a vida e as cousas que atopo na natureza. (Secundino Lorenzo).

Oir a Manuel María neste video.

Volver