Bibliografía sobre o río Miño

Río Miño,  ano 1950,   por Francelos e Arnoia.

¡Un río ceibe,  daquelas!.

----------------

Bibliografía utilizada por Secundino Lorenzo Fdez. na web

"Río Miño", O pai Miño.

-0-

 

Os ríos galegos.  Francisco J. Río Barja e Francisco Rodríguez Lestegas.

 Editado polo Consello da Cultura Galega no ano 1995.

Un libro único. Unha xoia de libro, cun traballo detrás digno dos maiores eloxios. O libro trata da morfoloxía e do réxime de todos os ríos galegos importantes, divididos en cuncas.

Concretamente trata, evidentemente, a Cunca do río Miño: aspectos xerais, límites,  extensión, variables de forma e tamaño. As características morfolóxicas e climáticas. A rede fluvial é o seu perfil lonxitudinal. O rexime hídrico e as súas variables e o seu aproveitamento hidroeléctrico, de se-lo caso.

Unha xoia imprescindible si se fala de ríos. A biblia dos nosos ríos.

Deste libro saquei de todo, incluidos os mapas dibuxados marabillosos que aparecen na miña ficha, en distintos tramos do río, así como os perfís lonxitudinais do río Miño, por certo moi curioso.

 

-0-

 

 

Os ríos de Galiza.  Autores Manuel Núñez Pérez, Adela Leiro Lois e Mon Laporta Padín.

 Editado por A Nosa Terra. 2007.

Un libro marabilloso, cun texto simplificado e exacto e unhas fotografías marabillosas. Dedica varios capítuos a falar dos ríos, doiras e regatos. Do traballo xeolóxico dos ríos , da fauna e os animais, así como os aproveitamentos.

Logo describe os ríos máis importantes dunha forma moi pedagóxica , cun resume previo e moitas fotografías, cousas curiosas e poesías. Nótase a man de mestres...

Nos capítuos finais fala, como non podía ser menos,  dos problemas dos ríos galegos, e do seu futuro.

Outra xoia de libro.

Por certo ademais das fotografías de Adela Leiro e Mon Daporta, aparecen fotografías de Isaac Pontanilla, Lucia Leiro e José Antonio Acuña.

Imprescindible.

Nota: dou as gracias os autores do libro xa que na bibliografía aparecen un link as miñas páxinas dedicadas precisamente os ríos galegos. Síntome moi honrado. Moitas grazas.

 

-0-

 

 

Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia, editado por Xeogal baixo a dirección de  Fco. Javier Río Barja. 2009. O dicionario ten 28 tomos.

Deste dicionario tomei os  datos xeográficos que aparecen ó principio nesta ficha do río Miño.

 

-0-

 

Pescadores del río Miño (Tramo gallego - Portugués). Eliseo Alonso. 1989. Editado pola Excma. Diputación de Pontevedra.

Un libro, para mín básico e marabilloso. Deste libro saquei moitos datos sobre a pesca no río Miño, fauna, artes de pesca, as lendas, festas  e moitas máis cousas. Imprescindible.

Un libro imprescindible si se quere saber algo sobre o río Miño. Unha xoia.

 

-0-

Riberas del "Baixo Miño". Sus gentes, usos y costumbres. Autor Praxiteles González Martínez. 1997.

Deste libro saquei moitos datos referidos a pesca no baixo Miño,  para demostrar ó que foi este río e ó que é hoxe. O libro é un traballo marabilloso sobre o Baixo Miño.

 

-0-

 

Conferencias sobre el río Miño. Varios autores. Editado por Caixa Ourense  en 1989.

Marabilloso: sete conferencias en base a biografía do Miño, cós misterios do río Miño,  a Contaminación, o viño e o río, a migración de plantas,  e a fauna. Outro libro básico.

Deste libro aparece na ficha un resumen do artículo "Biografía del Miño" do profesor  Francisco Río Barja que fala sobre as incógnitas ou misterios que presenta o río Miño.

Tamén o artigo completo  de  José D. Posada "O Minho, pai do viño". O mellorciño que se ten escrito sobre os viños de Galicia en función do lugar a carón do río Miño. Un traballo que demostra os coñecementos que José D. Posada tiña sobre o tema; curiosamente inda vixente hoxe despois dos anos...

Por último incorporo o traballo O río Miño: realidade, lenda e literatura.  do escritor Antonio Fraguas Fraguas. Outra marabilla de texto.  Curiosamente Antonio Fraguas é o escritor ó que se lle dedica, no ano  2019, o Día das Letras Galegas.

 

-0-

 

 

Os ríos galegos. Autor Ramón Otero Pedrayo. Edicións Castrelos 1977.

Este libro é outra xoia.

Tiven en conta este libro nos afluentes do río Miño e tamén algúns textos referidos a moitas partes do río Miño.  Todo un mestre D. Ramón. Cunha prosa marabillosa que demostra en cada páxina.

-0-

 

 

Nomes do Ribeiro. Autor Frutos Fernández González.  Editorial Instituto de Estudios Carballineses.  2007

Libro interesantísimo e dende logo moi traballado. Entre os nomes que estudia Frutos está loxicamente o río  Miño, o nome Miño, e ó que opina sobre ese nome está resumido na ficha adicada ó Pai Miño.

-0-

 

 

O Miño un caudal de historia. Autor Anselmo López Carreira.

Editado por Xerais 2015.

Deste libro saquei dúas cousas, concretamente unha interpretación da palabra Miño e tamén un anaco de historia da Ponte de Castrelo. O libro ten unha lectura doada e aporta moitos datos históricos. Unha forma especial e ben pensada de escribir sobre o noso pai Miño.

-0-

 

 

O tempo dos ríos. Coordinadores Fco. Javier Martinez Gil e Manuel Soto Castiñeira. Editado pola Universidade da Coruña no 2006.

O libro fala da auga, dos ríos, da crisis das presas, dos impactos ambientais, da contaminación dos ríos, os marcos legais, na Planificación Hidrolóxica de Galicia, de moitos problemas actuais en ríos galegos  e de moitas cousas interesantes. Ata 21 traballos. Un libro básico para entender ó que está a pasar dende fai tempo cós nosos ríos...

En particular incorporei á ficha sobre o Pai Miño o traballo de Helena Correia de título "Río Miño: vivo, máis non moito".

 

-0-

Desta páxina web http://www.rios-galegos.com tomei todos os datos referentes a flora e fauna do río Miño, por suposto seleccionando previamente. Tamén contos, seleción de poesías e outros datos.

Por certo a páxina é do que escribe, sobre o Pai Miño, ou sexa Secundino Lorenzo. Un traballo, sobre os ríos galegos,  no que levo dedicado máis de 18 anos;  hoxe moi recoñecido a niveis das escolas de Galicia e de moita xente.

-0-

 

 

 

 

Río Miño, el agua más fértil. Os autores son Joaquín Araujo e José Luis Gutierrez. O libro está escrito en castelán e tamén en portugués. A editorial é Lunwerg, ano  2009.

Ten unhas fotografías extraordinarias de Ángel Araujo que xa soio por elas merece a pena. O texto moi ben. A parte de fauna e flora é sencilla e resumida, pero moi correcta.

-o-

 

 

 

 

Polos vieiros do vello Miño. O autor é Estro Montaña  Editado por Nigratrea no 2005.

O libro fai un recorrido dende o nacemento do río ata Caminha pasando revista a pousadas, pazos, obras de arte, encoros, Lugo,  Ourense, Ribadavia, Tui o viño, os camiños e moitas máis cousas. Tamén fai un recorrido polo Miño portugués.

Tamén recorre o río Sil.

Un libro moi traballado e ben publicado, como o río Miño merece.

Ten moi  boas fotografías, neste caso de Tono Arias.

Do libro saquei moitas ideas en particular para o tema "A contenda dos labradores de Caldelas", un entremés que descoñecía;  neste libro descubrino e levoume a leelo e publicar un traballo no apartado de "Caixón de sastre" do río Miño. Tamén sobre o Balneario de Monçao saquei varias cousas, que figuran no "Caixón de sastre" no apartado de "Augas  termais do río Miño".

Repito,  un libro moi traballado e que merece a pena compralo e lelo.

-o-

 

"As troitas, miñas señoras", un libro de Juan José Moralejo Álvarez, editado por Editorial Galaxia, 2ª edición, 2005.  Este libro é unha segunda edicción .

A primeira edición  era de 1981 A segunda edición está correxida e aumentada

Estos libros son para mín de cabeceira por varias cuestións: a miña amistade digital, sinto que non fora doutro xeito,  con Moralejo en primeiro lugar e a calidade do que escribe e dice sobre os ríos galegos, en particular o seu río Miño. É un libro básico si do río Miño falamos ou escribimos.

Do libro saquei, entre outras moitas cousas,  dous artigos que son antolóxicos para ter unha idea de como era en tempos O Sacratisimo Miño como el ó chama e outro sobre como é o río Miño hoxe cun artigo "O Miño, un pai non respetado"

Sinto motísimo que Juan José Moralejo morrera no 2012;  onde esté gustaríame que existise un río que lle lembre o río Miño que el coñeceu de pequeno. No seu día,  dediqueille este humilde video "Benditos ríos e benditas troitas",  é o menos que podía facer por este, repito, gran amigo digital.

-o-

 

 

O Miño canle de luz e néboa. Autor Manuel María.

O Miño canle de luz e néboa está no tomo II das súas obras completas (1981-2000)

Publicada por Espiral Maior. Opera Omnia. 2001

O Miño canle de luz e néboa, foi publicado en 1996. Está na páxina 581 do libro citado e na ficha do río Miño figuran un bon conxunto de poesías, seleccionadas polo autor da web,  por suposto non todas.

Un poeta marabilloso e único ó que precisamente se lle dedicou o día das Letras Galegas o ano 2016. Pola miña banda xa facía anos que me dera conta do gran poeta que tiñamos entre nós.

 

 

-0-

 

Miño, río pai e amigo. Autor Xosé Otero  Canto.

Publicada pola fundación Manuel María. 2010

Un poeta único que dedica no libro cincuenta e tres poemas o Pai Miño. Poemas marabillosos, nun libro moi ben pensado.

Deste libro publico unha escolma de nove poesías que axudan a entender o río Miño e a facer ver como está hoxe o cuidado de este río, silandeira cremalleira  de auga...Galicia e ti sodes o mesmo...

Un libro imprescindible para entender o noso río Miño, pai e amigo.

-0-

 

 

 

Este libro "Ausencias, soños e rebeldías" Poesía en Galego (1952-1990), autor Xosé Conde Fernández, está  publicado por Arte de Trobar no ano 2012,  é unha escolma da poesía de Xosé Conde elaborada por  Víctor Campio PereiraEdelmiro Vázquez Naval.

A poesía "Río Miño" está recollida do libro "Ausencias, soños e rebeldías", poesía en galego (1952-1990). Tamén poño no apartado de "Os ríos son poesía" outras de este autor que fala do río Miño dunha forma moi realista. É normal que Xose Conde, faga poesía sobre o río Miño,  nacera na Barca, hoxe Barbantes-Estación en 1918, xusto a beira dereita do río Miño, logo tamén viviu en Filgueira, o seu pai era ferroviario e alternou entre os dous pueblos, e os dazaoito anos emigrou a Arxentina. Morreu en Ourense en 1990. Un poeta extraordinario e descoñecido por moita xente.

Farei tamén un apartado de título "Xosé Conde e o río Miño", penso que ben merecido. O tempo...

Agradecer a Edelmiro  Vázquez, un poeta extraordinario aparte de matemático e compañeiro na profesión de mestre e profesor, que me fixera chegar esta escolma realizada por el e tamén por Víctor Campio, outro poeta,  como digo eu,  de sete estralos...

 

-0-

 

 

Belesar o orgullo de España. Libro escrito por Afonso Eiré. Ano 2013

Está editado por Hercules de Ediciones.

O título,  a primeira vez que o vín,  tiroume un poco para atrás. Pero botando unha ollada o índice dinme conta que efectivamente Afonso falaba do muro, da presa en si, que foi unha pasada no seu tempo. Foi orgullo de Franco e sobre todo orgullo  de Luciano Yordi de Carricarte, que foi o inxeneiro que a diseñou.

O demais conta a historia e os pormenores, algúns ben tristes,  e o final resulta un libro marabilloso e imprescindible para entender ó bo do encoro de Belesar e por suposto ó malo. Ten moitos capítulos sumamente curiosos polo descoñecidos,  polo menos polo que escribe.

Pola miña banda, e para a ficha sobre "O pai Miño" saquei moitos datos deste libro, tanto ó escribir sobre os encoros, concretamente sobre o encoro de Belesar, o maior do río Miño,  así como no artigo que firmo como "O Miño cheo de vida" e otros máis.

 

-0-

 

 

Castrelo de Miño: "Loita,  represión,  espolio,  desastre ecolóxico,  desastre humano".

Autor  Arturo Reguera.

Editorial Fundación 10 de Marzo.

Editado en  maio de 2016

Este libro conta con moitísimo detalle ó  que pasou en Castrelo de Miño entre 1966-1969.

Arturo Reguera estuvo alí en 1966 tomando nota,  de primeira man,  de todo o que pasou. Logo fixo un seguimento que presenta perfectamente documentado neste libro.

Tamén fixen uso do sensacional prólogo de Xesús Alonso Montero.

Estos datos están no apartado "Castrelo 69" da miña ficha sobre o Pai Miño.

 

-0-

 

 

Memorias de José Arias. ¿Mis "pecados"?.

Edición de Daniel Lanero Táboas.

Editorial Fundación 10 de Marzo.

Editado en  2007

Este libro conta con moito detalle a vida deste gran loitador do Ribeiro (Ourense) José Arias Carballo, o home que defendeu, dende moi novo, os traballadores do campo. Militou no PCE, Partido Comunista de España,  logo PCG.Vivía en Barbantes (Punxín - Ourense). 1917-2013.

Lóxicamente ó vivir no Ribeiro, e inda por riba que o encoro lle colleu unha finca, estuvo cun protagonismo de primeira liña no conflicto de Castrelo de Miño.  De feito nas súas memorias ten un capítulo  "El conflicto de Castrelo de Miño. La reconstrucción de la memoria democrática de los campesinos de O Ribeiro". ; onde conta,  de primeira man,  todo o conflicto e a posición protagonista do PCE no mismo.

Este capítulo aproveiteino para profundizar no conflicto, practicamente copieino casi todo, para o meu tema  "Castrelo 69",  da miña ficha sobre o Pai Miño.

Penso que con esta incorporación e a anterior  de Arturo Reguera queda perfectamente aclarada a historia do conflicto de Castrelo de Miño entre os anos 1966 e 1969, un conflicto moi duro en plena dictadura de Franco.

 

-0-

O legado dos ribeiraos. Barcas do Miño. Libro escrito por José Manuel Vázquez Rguez..  no 2011

Deste libro teño sacado moitísimas cousas para a miña páxina web sobre os ríos galegos: sobre as Barcas do Minho, en particular para esta ficha sobre o Pai Miño.

-0-

Com os pés na áuga. O río Minho galego-portugués. Libro escrito por José Manuel Vázquez Rodríguez.  no  2015 . Está editado por Barcas dol Minho.

Deste libro, descuberto fai pouco, penso sacar moitísimas cousas para a ficha do Pai Miño. De momento saquei un resumo importante acerca do escrito "A contenda dos labradores de Caldelas", sin dúbida a primeira obra de teatro, que se conserva, escrita enteiramente en galego. No capítulo do libro  "Antigos códigos da pesca no teatro" escribe sobre esta famosa obra de  Gabriel Feixó de Araúxo, dramaturgo do século XVII.

Tamén cousas moi interesantes sobre como se explicaba o río Miño ou Minho nas escolas de España e Portugal xa fai moitos anos.

Incorporei fai pouco o traballo "O aproveitamento do peixe de río", un capítulo deste libro que nos fala de como aproveitaban os pueblos ribereños a excelente pesca que facían no río Miño, Pai Miño por esta razón...

 

-0-

Bajo Miño y Costa Sur. Libro escrito por Eliseo Alonso  no ano 1968,  de feito foi premio Nacional Virgen del Carmen no ano 1968 . O que teño eu está editado pola Imprenta J.A. Vicente. La Guardia,  en 1980.

Deste libro, descuberto, por mín,  tamén fai pouco, penso sacar moitísimas cousas para a ficha do Pai Miño. Trátase dunha auténtica xoia, moi ben impreso e cunhas fotografías moi boas para a época.

-0-

 

As barcas e os barcos de pasaxe da provincia de Ourense no antigo réxime. Libro escrito por  Olga Gallego Dominguez.

Boletín Auriense, anexo 23. Museo Arqueolóxico Provincial. Ourense 1999

Deste libro saquei moitas fotografías marabillosas e por suposto datos que aparecen no meu dicionario fluvial ilustrado relativo os ríos galegos, en algunhas das entradas.

 

-0-

 

Contos do Miño.  Libro escrito por  Eliseo Alonso.

Editado por Xerais en 1992.

Deste libro simplemente poño o limiar do libro, xa que ten unha parte onde describe a Foz do Miño dunha forma incrible;  e tamén poño na web o primeiro conto dos dezaseis marabillosos contos que trae o libro.

Penso que nunha ficha sobre o Pai Miño ten que aperecer este libro xa que é unha auténtica xoia.

Espero que a reprodución desta pequena parte do libro non supoña ningún delito, a intención miña é moi boa... De tódolos xeitos si consideran que non debe figurar neste traballo de divulgación sobre o Pai Miño non teñen máis que pedilo. Este é o meu email.

 

-0-

 

 

A lamprea do río Miño.  Escrito por  Alfonso Vázquez Martínez.

Reeditado polo Concello de Arbo no ano 2012.

Deste traballo, escrito en español e galego poño na páxina web todo o traballo na versión en galego.

Outra xoia imprescindible nunha ficha sobre o Pai Miño.,

O traballo foi publicado en 1959, na revista Montes.

Espero que a reprodución desta parte do libro non supoña ningún delito, a intención miña é boa... De tódolos xeitos si consideran que non debe figurar neste traballo de divulgación sobre o Pai Miño non teñen máis que pedilo. Este é o meu email.

 

-0-

 

 

As pesqueiras do río Miño.  Escrito por  Cesar Portela.

Editado pola Xunta de Galicia en 1985.

Con fotografías de Carlos Osorio.

Deste traballo, escrito en galego,  poño na páxina web moitas cousas referidas as pesqueiras ou pescos así como o viturón, que Portela chama Boteirón.

Tamén algunha fotografía.

O traballo, todo el, merece copialo e poñelo na páxina web íntegro xa que é toda unha tesis sobre as pesqueiras, que son definidas e estudiadas dende os puntos de vista funcionais, históricos, etnográficos, xurídicos, constructivos e arquitectónicos, con conclusións e unha extensa bibliografia.

Tamén moita fotografía en color de Carlos Osorio Justo.

 

-0-

 

Bases de actuación para o estableciemento dunha estratexia de protección e posta en valor do sistema de pesqueiras do tramo transfronteirizo do río Miño.  Traballo realizado por Consultora Galega S.L.

Este traballo non está publicado, simplemente fíxenme con un cd que ten o traballo completo.

Deste traballo, escrito en galego poño na páxina web trozos básicos como son na Pesqueira de a Raña de Almansa de Selas (Arbo) as súas características arquitectónicas e unha fotografía.

O traballo é impresionantes dende todos os puntos de vista e unha mágoa non poder publicar nesta ficha sobre o río Miño algúns dos resultados. Estudiarei o caso

 

-o-

 

 

Un Verán en Galicia. Libro escrito por C. Gasquoine Hartley  en 1911 e publicado por Galaxia, traducido ó galego en 1999.

Traducción Xosé María Gómez Clemente, por certo moi boa.

Unha xoia de libro, con varios capítulos adicados ó río Miño.

A autora C. Gasquoine Hartley e o seu marido deciden facer unha viaxe a Galicia no ano 1911. Os dous son pescadores e ela unha escritora e fotógrafa  renombrada. Pasan un verán completo en Galicia pescando a pluma, a cola de rata, ríos tan importantes co o Río Miño do que falan marabillas.

Por suposto que nesta páxina sobre o río Miño tendes varios trociños sacados deste libro. Incluso puxen fotografías dos lugares onde estuveron pescando,  xa que os mismos compartín eu e inda comparto hoxe, a pesares de que o río Miño ó temos, a Xunta de Galicia e os galegos entre os que me incluo, completamente abandonado.

¡Non sabemos ó que temos. Si o saben empresas como Fenosa Gas Natural e outras!...

 

-0-

 

 

A Ponte Maior. La razón de ser de una ciudad: El puente Romano-medieval de Ourense. Libro escrito por Juan Carlos Rivas Fernández- Xesta. e publicado pola Diputación de Ourense. 2014.

Outra marabilla de libro, perfectamente editado cunha fotografía sensacional e un texto moi traballado.

Un traballo de máis de dez anos realizado polo autor do libro Juan Carlos Rivas Fernández-Xesta . e no que en máis de quinientas páxinas fai un estudio completo da famosa Ponte Maior de Ourense; que empezou sendo romana e rematou sendo romana-medieval.

Por suposto que nesta páxina sobre o río Miño, fago referencia a este libro, concretamente no apartado de Pontes Romanas do río  Miño, xa que escribo sobre a Ponte Romana de Lugo, a de Portomarín e a de Ourense, a este libro e algúns dos seus datos.

No futuro irei cotexando os datos que teño escritos cos deste libro,  o que tuven acceso os primeiros días de marzo de 2016. Concretamente interesoume moito que escribira e  demostrara que a Ponte Maior ten moito de romana, fala de dúas quintas partes.

Posteriormente estou a incorporar datos como fotografías da enchenta de 1959 en Ourense cidade ou datos sobre a Ponte Pequena, que descoñecía,  por poñer dous exemplos.

Nota: doulle as gracias por publicar unha fotografía miña do río Miño, na páxina 51, unha subida do río que meteu ó río Barbaña cara adentro. Publicación que referencia co meu nome. Moitas gracias repito e enhoraboa pola publicación.

-0-

 

Volumen 5:Balnearios. Vive Galicia. Editado pola Voz de Galicia.

Balnearios en xeral de Galicia. Deste libriño tomei moitas notas para escribir  varios apartados do traballo "Miño Termal", Está feito en 2015 pero bótase de menos Balnearios como o de Cortegada.

 

-0-

 

Historia dos Balnearios de Galicia 1700-1936, "O lecer das augas". Luís Alonso Álvarez, Elvira Lindoso Tato e Margarita Vilar Rguez.  Galaxia. 2011

Un libro sensacional e moi traballado que analiza os balnearios existentes en Galicia dende 1700 ata a Guerra Civil.

Deste libro tomei moitas notas sobre todo da historia de Balnearios como o de Lugo, Cortegada e Caldelas de Tui que son os clásicos do río Miño. O resto son máis recentes: Laias, Arnoia, Rutas Termais de Ourense.

 

-o-

 

Neste  link tendes o traballo. Unha escolma de poemas adicados o río Miño. Unha marabilla que está chegando as 10.000 entradas. ¡Non me estrana!.

 

Non podo terminar esta bibliografía sin adicar un apartado a estos grandes traballadores, marabillosos traballadores, sobre a nosa natureza e en particular sobre o río Miño.

Para min son os mellores traballos sobre o río Miño, que hai na rede,  e merecen un posto de honor nesta bibliografía.

Non son libros,  son xoias dixitais que podedes ver e ler en internet.

Trátase de traballos de Adela Leiro e de Mon Daporta que sa veces firman como Monadela. Os mismos que publicaron o libro de Os ríos de Galiza, libro xa citado; e centos de traballos sobre a nosa natureza.

Adela Leiro que foi mestra, hoxe xubilada,  ten un extenso curriculum de traballos didácticos e de todo tipo. Ver este link. Dende estas lineas quero expresar a miña  admiración por tódolos seus traballos e a súa defensa da nosa natureza. Una marabilla.

Mon Daporta  é outro docente, actualmente xubilado e que tamén ten un extenso curriculum de libros infantís e traballos didácticos de todo tipo.  Quero, aproveitar esta bibliografía, para expresar nestas liñas a misma admiración que teño con Adela Leira. Moitas gracias os dous. Ver este link.

Neste link tendes o traballo. Un PDF sobre o río Miño.

 

 

 

    -----------------------------------

 

El río. Julio López Cid.  Duen de Bux Ourense 2008.

Un libro sensacional. Na portada o río Miño nunha fotografía de Mani Moretón. Río Miño que ten moito  que ver nos personaxes da novela.

O libro está escrito en castelán.

Deste libro pusen dous capítulos no apartado de Caixón de Sastre, concretamente os capítulos uno e dous; simplemente como mostra dunha prosa marabillosa e que me lembra a miña mocedade e as miñas andanzas por este río fabuloso e que tamén exerceu en min a fascinación que mostran os personaxes da novela.

Efectivamente..." El Río recrea una narración envolvente y sutil como la niebla que emana de su superficie en los días grises del invierno" .(tal como mostra a portada e tal como está escrito na contraportada do libro).

 

-----------------------------------

Cantigas da Fonte Arcada.

Marcial González Vigo.   Citania Publicacións S.L. 2008.

Un libro moi ben publicado cheo de poesías e fotografías de moi boa calidade ambalas dúas.

O libro está escrito en galego.

Deste libro pusen, na miña páxina web sobre o río Miño,  a poesía de titulo "O Testamento do Miño".

 

-----------------------------------

 

 

Paisajes Culturales del Agua. (Arqueología, Antiguedad, Territorio).

Ladislao Castro Pérez, Beatriz Comendador Rey, Elena de Uña-Álvarez, Fermín Pérez Losada, Susana Reboreda Morillo. (GEAAT)

Libro editado por la Deputación de Ourense en 2015.

El libro está editado en castellano.

Un libro que en principio seleccioné por uno de los temas que trata, concretamente en el capítulo 11,  trabajo que firman Patricia Valle Abad, Fermín Pérez Losada y Mariño Xosé Vázquez Mato: El yacimiento romano-medieval de Os Medos (Currás-Tomiño). Aproximación a la explotación de un territorio fluvial (Baixo Miño) entre la antiguedad y la edad Media. Muy en particular el apartado 11.2.- El Baixo Miño en la antiguedad. (de Patricia Valle Abad), apartado que aparece, integramente,  en mi web sobre el río Miño.

No descarto en el futuro incluir otros trozos de este libro que me parece fundamentales para entender muchos temas relacionados con el agua y por lo tanto con los ríos entre otros.

 

-----------------------------------

Facéndolle as Beiras ó Miño.  Centro Cultural María Castaña 2004. Inludes e Xunta de Galicia.

Un libriño sensacional relacionado co río Miño e con terras do Miño, Reserva da Biosfera.

O libro está escrito en galego.

Este libro está composto de lendas, contos, adiviñas, refráns, ditos populares, parrafeos e cantigas relacionadas con terras do Miño.

Deste libro recollo de momento varias lendas e algunhas adiviñas, pero no futuro incorporarei máis cousas á páxina sobre o río Miño.

 

-----------------------------------

 

Ondas do mar de Caminha.  Gráficas Juvia. 1000 ejemplares. 2006.  Pedidos al auto José María Gavinho Pinto. Praça Conselheiro Silva Torres, 19. 4910-112 CAMINHA.

Capa: Grabura de Fernando Nunes.

Autor José María Gavinho Pinto.

Un libriño sensacional relacionado co río Minho e coas terras do Minho.

 O libro está escrito en portugués.

Este libro está composto de antologías  e poemas. Fala moito de Portugal, concretamente de Caminha pero tamén fala de España.

Deste libro recollo de momento unha poesía dedicada o Río Minho e tamén un artigo que se titula "O pai Minho" e que ven a demostrar unha vez máis, cun argumento máis,  de onde ven a palabra "Pai Minho", que logo da lugar en España á "Pai Miño" e que fala da riqueza que supoña este río para os ribeiráns tanto de Galicia como de Portugal.

-----------------------------------

Guia de los ríos de Lugo.  Editado polo El Progreso baixo o patrocinio da  Xunta de Galicia.

Ano 1996.

Diseño: world Mundial Press.

Redacción: Matias Rguez. Rguez., mª Teresa de Lois e Idoia Cuesta.

Fotografías: Matias Rguez. Rguez.

Infografía e dibuxos: Jacobo Gabaldón

Deste libro recollo moitas cousas para a miña web sobre o río Miño, en particular textos sobre os seus afluentes e fotografías. Unha marabilla de libro.

-----------------------------------

 

 

 

 

Río Miño, ano 2005,  por Francelos e Arnoia.

¡Un río, xa,  embalsamado!

 

         Saír ó R. Miño.