Tres misterios do Pai Miño

D. Francisco Río Barja

 

O que sigue é un pequeno extracto do traballo titulado "Biografía del Miño" e que D. Francisco Río Barja, director do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos e da Real Academía Galega presentou e así aparece no libro "Conferencias sobre el río Miño" publicado por Caixa Ourense. 1989

(D. Francisco Río Barja, nado en Lugo 1919,  e  falecido  en Tenerife 5 de enero 2011. Gran xeógrafo e escritor galego. Membro da Real Academia Galega).

 

 

Tres cuestións sobre o río Miño:

 

Río Barja expuso na súa conferencia que " O río Miño é unha de esas grandes venas de auga repleto de incógnitas. Dende o nacemento ata a súa morte inda non se contestaron moitas preguntas..."

Na súa "Biografía do río Miño" presentou estas tres cuestións:

 

1.- Según algúns escritores e estudiosos, a verdadeira fonte do Río Miño é un lugar coñecido como Pedregal de Irimia. Básanse en que o caudal da Fonte Miña únese, realmente, a 10 km de recorrido do río Miño, polo tanto augas abaixo. As augas de Fonte Miña únense á esquerda, mais abaixo e con menos caudal, que o que leva o río xa. Non lles falta razón.

 

Pedregal de Irimia onde, en opinión de Río Barja, nace o río Miño. Fot. del autor del artículo.

Pedregal de Irimia, onde nace o río Miño. Serra de Meira a 3 kms. de Meira. A a 700 m. de altitude;  máis abaixo a este río únense as augas da Lagoa de Fontemiña a 458 m. de altitude.  Está claro, as augas van para abaixo... Fotografía Secundino Lorenzo.

 

 

O río Miño nace de forma apacible e tranquila e así se manifesta nos primeiros 40 kms.

Así aquela historia que nos contaron de Fontemiña, como o nacemento do río Miño, non é certa. Este é o misterio, que hoxe non é tal.  De feito dice Barja que a misma conciencia popular, tan intuitiva, dos ribeireños,  sempre creeron e localizaron o manantial orixen do río Miño, no Pedregal de Irimia onde unha lenda popular de resonancias bíblicas conta que se convertiron en pedras os homes dunha raza maldita e pecadora, esperando un renacemento coa purificación das augas xuvenis.

Nota miña: no apartado de lendas do río Miño tendes esta do Pedregal de Irimia.


 

2.- O río de ritmo cansino no seu nacemento síguelle un río máis xuvenil que escaba profundas gargantas. De feito pasa dos 60 metros de Lugo ós 100 metros de Portomarín e os 200 metros dos Peares baixo a penillanura. O misterio está según D. Francisco Río Barja que o río Miño non aproveita os Vales de Sarria e Monforte, que constituen un nivel de base máis baixo e que é a lei fundamental que rixe a dinámica fluvial. Curioso.

 

Esquema de corte, no centro o río Miño, á dereita o Val de Sarria e Monforte. ¿Por que o río Miño no escolleu este val ?. Sería mais normal xa que a penechaira de Chantada era máis alta.

O río Miño parece despreciar o feito anterior, e ponse a traballar un angustioso canle nas duras venas cuarcíticas que atravesan os enquistos de Chantada.

Este feito non ten inda unha explicación unánimente aceptada. Mentras uns falan que o río por onde vai actualmente foi antes que a llanura, outros dicen que foi o revés ou sexa polo val de Sarria e Monforte iba o río en tempos e os plegues e cambios fixeron o que se ve hoxe. Todo un misterio.

 

Nos Peares úneselle o Sil que aporta 184 m3/seg frente os 102 m3/seg que aporta o Miño, de eiquí o dito "o Sil leva a auga e o Miño a fama". Logo entra na Provincia de Ourense.

 

 

3.- Unha ollada ó mapa das rías baixas  incita sempre a sospeita dunha posible ría que podría haberse formado na desembocadura do Miño. Un tema a discutir.

Desembocadura do río Miño, vista dende o Monte Tecla. Enfrente Portugal.

Este é outro misterio, por qué o río Miño non forma ría ?. Pero aquí hai tamén moitas opinións, uns dicen que si houbo en tempos ría, hoxe estará no atlántico, no bloque fundido da gran fractura que dende Baiona segue o longo da costa. Outros dicen que o río Miño sempre levou moitos sedimentos e foi reenchendo a posible ría e convertindoa nun estuario colmado de aluvións e illas.

O río Miño morre no mar despois de 307,5 km. A súa conca drena a mitade da rexíon galega, creando máis de 20 comarcas naturais e o seu  cauce pode alcanzar ata 400 m3 por segundo que o situan entre as grandes arterias peninsulares, pero si se considera o seu caudal relativo, litros por km2 de conca, o río Miño é cos seus 20 l/km2 o máis importante entre os grandes ríos de España.

Polo anterior remata o seu traballo Río Barja decindo:

"Enténdese por estas razóns, así como pola vida e riqueza que o río Miño deu os seus ribereños, que na conciencia popular, como nas obras de escritores e poetas, se lle chame con admiración e respeto "O Pai Miño"

---------------------------------------

Comentario do autor da web:

        Ata eiquí un resumen dun traballo realizado por D. Francisco Río Barja e presentado no Libro "Conferencias sobre el río Miño" editado por Caixa Ourense en 1989.

O río Miño, é actualmente, un río abandonado á mans das compañías hidroeléctricas como Fenosa, abandonado tamén a unha forte contaminación que non se entende. Non temos perdón.

A UN PAI HAI QUE TRATALO MELLOR.

SOMOS UNS MALOS FILLOS.


Saír ó R. Miño.