MINICENTRAL no río ARNOIA, en RUBILLÓS. O DESASTRE ESTÁ ASEGURADO |
A montaxe é de Cristina Varela, pero pódese aplicar o río Arnoia, realmente estamos ata os cornos da desfeita, que debera parar, están a destrozar o noso río que é de todos, que non é de Proyecón nin é da Hidroeléctrica da Merca, incluso nin do Concello da Merca. Realmente non hai perdón, para o inicio de este edefesio...
Ver algunhas fotografías:
|
|
|
A estrada construida está a destrozar o cañón que o río Arnoia ten nesta zona. Todo vai o río. Os desmontes, as pedras, e un longo etc.
|
|
|
|
Ver como caen as pedras o río Arnoia. A montaña chea de pedras, que irán, irremesiblemente o río. Deixarán a zona para o arrastre.
|
|
|
|
Nesta fotografía pódese apreciar moito mellor. Realmente en calquera país civilizado as obras serían paradas e clausuradas. En Galicia irán para adiante, seguro que a empresa constructora e os donos da explotación teñen moito que ver coa Xunta do PP e co Concello da Merca. Así se explica tanta desfeita e abandono, o primeiro é o primeiro, os cartos da explotación, o río que o parta un raio...
|
|
|
|
A desfeita é terrible...Ver o pe da Ponte de Lera a excavación que fixeron para meter a sala de turbinas, incrible. Xusto a beira do río Arnoia. A fotografía é de principios de octubro, hoxe inda está peor.
|
|
|
|
Fotografía do autor da www. Ponte de Lera, o fondo a construcción da autopista que levará o azud. Todo o desmonte o río. |
|
|
|
A zona era e é sensacional, soutos por tódolos lugares, carballos, amieiros, chopos un auténtico bosque en galería único. Esta xente por onde pasa arrasa todo, o tempo... |
|
|
|
O río Arnoia o día 21 de octubro do 2004, xusto por riba de onde farán o azud da presa. Realmente un río impresionante que será masacrado. A fotografía está sacada por debaixo de Ponte Ermida. |
|
|
| Presa no Arnoia en Ponte Ermida, realmente estropear este río non ten perdón, é un tramo do río Arnoia que se podería explotar turísticamente sin menoscabo do cauce; todo menos una minicentral impresentable... |
|
|
|
Pontillón de Ponte Ermida a 500 metros de onde vai o azud da presa, que como todos os do Arnoia serán como encoros reais, de varios metros de altura. Esta www non entende a desfeita que se está a facer cós ríos de Ourense...Están rematando, catro aproveitados, a nosa cultura dos ríos, os bosques de ribeira únicos, os muíños, pezas de ouro da nosa atnografía, da nosa historia, o río, etc... |
|
|
|
Repito...¡¡non hai dereito a esta desfeita!!! |
|
|
|
En calquera caso, esta páxina soio lle queda decir, ante tanta desfeita irracional e impresentable:
¡Camiñaste mexa aquí! como diría Celso Emilio nun epitafio a esta xente...
Realmente sinto vergonza da xente que me goberna...
Esta zona debera ser declarada, realmente os carteis postos na zona, así o indicaban, ¡patrimonio natural intocable do río Arnoia!. "A gran ruta do Arnoia!...Hoxe os carteis cambiaron a R de ruta por P, non aprobo o cambio, pero si é significativo.
Manda un correo á Consellería de Medio Ambiente, ó teléfono verde e protesta por este desastre.
- Tamén o Concello da Merca para que miran máis polas súas terras.