Manuel Portela

O meu mestre de pesca. Lembranzas.

Manuel Portela 1970.

Escribe: Secundino Lorenzo.

 

        Coñecín a Manuel Portela Oliveira en outubro de 1968, cando fun traballar por primeira vez na miña vida, recién licenciado, como profesor interino de matemáticas, ó Instituto Técnico de Enseñanza Media de Ribadavia; Manuel Portela pertencía ó claustro de profesores, dentro dos Mestres de Talleres; talleres que estaban na planta baixa do Centro, ben dotados por certo. O centro tiña a especialidade Agrícola-Gandeira, e había clases de electricidade, carpinteria, etc. Un gran bacherelato, sempre o dixen...

Na fotografía de 1969 algúns profesores do claustro do ITEM de Ribadavia naquel ano. Manuel Portela é o cuarto de dereita a esquerda, xusto na parte de atrás. Fot. sacada na praza Maior de Ribadavia.

Na fotografía están Manuel Portela, Secundino Lorenzo (o que escribe) e Jesús Gómez (que morreu nos anos ochenta, D.E.P.,  unha grandísima persoa);  na Sala de Profesores nun comenzo de curso.

Nesta fotografía estou co meu "Mestre de Pesca", no salón de Actos do Centro.

Nesta outra fotografía está outro compañeiro Pedro Moreno López,  e Manuel Portela. Outro discípulo de Manuel Portela, moi aventaxado por certo...Non sei nada de Pedro, andará por Cuenca, gustaríame saber algo...

       No Instituto había un grupo grande de afeccionados a pesca fluvial,  en particular pescábanse troitas e as veces algún salmón; a comarca de Ribadavia tiña daquelas os mellores ríos de Galicia, como o gran  río Miño e o río Avia; tamén grandes regatos como o Maquiáns, que bordeaba o Centro,  ou os ríos Cerves e o río Outeiro (tamén chamado Brull,  río de Barcia...), entre outros... Un auténtico paraiso dos pescadores de río. Por si fora pouco, xa había medios dabondo para desplazarse ata o río Arnoia, a un tiro de pedra,  e por suposto ata Frieira, onde todos os días se collía algún salmón.

      Eran os anos 1968 a 1977 onde xa unha sombra mercantil estaba sembrada sobre os ríos galegos. O encoro de Castrelo de Miño xa estaba feito e estaban a punto de pechar e poñer en funcionamento o encoro de Frieira. Este último puso a puntilla a todas as especies migratorias do río Miño (troitas, reos, salmóns, anguías, lampreas e sábalos). Tamén o encoro Albarellos que tanto dano fixo e fai ó río Avia.

     Lembro no Instituto que había un grupo numeroso de pescadores como Braulio Soto e Gerardo Álvarez, grandes cucharilleiros e Manuel Portela e Pedro Moreno que xa pescaban o tralleo con mosca, pero tamén lle daban o cebo natural e a cucharilla.  Logo, a mediados de ano, 1968,  incorporouse ó grupo o novato que escribe.

   Daquelas era moi común facer comidas, con compañeiros pescadores e non pescadores,  ó longo do curso e nos fins de semáns,  onde a base primordial era un primeiro plato de troitas recén pescadas. A receta da fritura era especial. Sempre sobraban, pola abundancia da pesca. Estaban boísimas...Por suposto o que máis troitas aportaba, era Manuel Portela.

     Lembro unha das moitas veces que fomos a pescar en grupo, neste caso era por Crecente e como sempre  o primeiro plato, lle dixemos a taberna onde comemos,  que traeríamos as troitas; o segundo plato  aquel día era cabrito... Houbo, coma sempre,  troitas a esgalla  e tamén salmón, unha rodaxa que tomou o que escribe, á romana, e poido decir que na miña vida tomei pescado máis sabroso; era puro marisco. O salmón era do río Miño, seguramente levaba pouco tempo no río e a súa alimentación había sido de marisco do bon... Hoxe inda lembro aquel sabor...

    Decir que "Portela", como eu lle chamaba ó cabo duns meses,  foi o meu introductor á pesca, meu Mestre: aconselloume na compra da miña primeira cana de lanzado, unha cana con dúas punteiras, unha para cucharilla e outra para pluma con boia, fíxome unha cana de cebo para miñoca, outra para a pesca o tralleo e o máis importante salía con el moitas xornadas de pesca para ver como se desenvolvía no río. Era un espectáculo velo pescar...

Este foi un regalo especial que me fixo Portela, entre outros, Un trozo de corno  para levar as miocas. Unha obra de arte.

      Chegado a este punto xa podría resumir a miña impresión de Portela como pescador: sen dúbida o mellor que vin,  como pescador, na miña vida. Auténtico deportista, física e técnicamente. Era exquisito co río, sempre escondido e caladiño; sempre presentando o cebo que fora no seu lugar xusto e sin moitos chapoteos... Completo como pescador : cebo natural, culleriña ou cucharilla , tralleo cunha soa mosca ( nesta especialidade moi galega, pero pouco coñecida, era e segue sendo un auténtico especialista), mosca con boia, con peixe vivo cando estaba permitido... Único con cebo, as súas miñocas tiñan imán de troita...Un fenómeno. Campión varias veces no campionato Internacional de Ponte Caldelas, é incrible, sempre gañaba un ano tras outro.

Manolo Portela pescando unha troita no Avia, con traxe e corbata. 1970. Seguramente en plan demostración...

Seica subíase as árbores para ver por onde andaban as troitas...A fotografía é curiosa. É unha broma. Portela non necesitaba subirse as árbores para velas, bastaba ó seu movemento, cómo comían, como collían o mosquito ou como escapaban as troitas que había o redor cando un exemplar grande estaba en postura. Sempre que detectaba unha troita grande iba por ela ó pouco tempo. Non fallaba...Salvo que outros tamén sabín dela e adiantábanse.

      Para mín un mestre ao que rendo pleitesía. Foi o meu mestre de pesca en Ribadavia, xa fai máis de corenta anos e compartín con Portela moi boas xornadas de pesca. Un manitas facendo canas, plumas, ata para o salmón e todo tipo de aparellos. O que se di un pescador completo.

    A Portela débolle, entre outras cousas como o compañerismo e a amistade,  ter unha afección a pesca da troita coa que morrerei...sempre serei pescador de troitas na miña vida, inda que como hoxe xa apenas queden troitas nos ríos e estos sexan, na maioría dos casos augas contaminadas dalgún xeito... A miña fluviotolemia, palabra que podedes ver explicada no meu dicionario fluvial, na páxina Ríos Galegos, é total pola miña parte...

O río Avía na Veronza. Canta troitas e algúns salmóns sacou nesta presa.

        Os seus coñecementos, por exemplo a "lectura do río", para mín o máis importante, eran impresionantes,  parecía que vía as troitas antes de pescalas, algo único. Pensando no tema, hoxe, eu creo que si, que tiña o plano de troitas do río...Así pesca calquera, podería pensarse, pero sabedes que non...Hai que ter máis cousas...

O  rio Miño por Francelos naqueles tempo, o mellor río de Galicia e si me apuran de Europa. Logo chegaron os encoros e as desfeitas...


        Gracias Portela pola túa amizade, a túa sabedoría e os bos intres que pasei aprendendo contigo. Sei que en Santiago aínda segues ao pé da brecha e moitas veces escapas os teus ríos de sempre, o río Almofrei entre outros. Un saúdo e unha gran  abrazo do teu alumno, compañeiro e amigo.  Así remataba a súa ficha de grandes pescadores de Ourense...pero é que Portela foi algo máis e aínda hoxe, en xuño de 2017 cando escribo este artigo, é ese amigo, compañeiro e mestre.

     Fai pouco asistín, invitado pola Sociedade de pesca de Monforte, da que son socio, á clausura dun Campeonato de Cebo no río Lor. Sabía  que iba estar Manuel Portela e levaba moito anos sin velo. Foi o 28/05/2017. Entereime fai un ano, despois dunha mañán de pesca no río Lor, no Couto da Labrada, do que son socio, e comendo na casa-Hostal da Pacita,  que todos os anos un Sr. de Pontevedra que lle chamaban  Sr. Portela, viña a ese campeonato, xa o día anterior para coller unhas troitas e estudiar o río, troitas que ceaba no hostal e logo o día seguinte competía, casi sempre sendo campión do mismo.  Investiguei e resultou ser Manuel Portela...Era a miña para poder estar un día co meu Mestre. E así foi este ano 2017.

Río Lor.Couto da Labrada. Aquí pesca Manuel Portela.

     Así este ano 2017, fun directamente a comer con todos os pescadores que participaron no campeonato, invitado polo Presidente do Club de Pesca Monforte,  Manuel Neira. Pasei un día inolvidable, de lembranzas,  de anécdotas, de cariño.  Portela lémbrase de todo, sorprendeume, contoume detalles incribles .

Manuel Portela o 28 de  maio de 2017, casi cincuenta anos despois. Dende logo está feito un chaval. Na fotografía está a súa esquerda Carlos "Guacha", membro da Xunta Directiva do "Club de Pesca Monforte" que xestiona o río Lor.

Levou o primeiro premio de "Pesca a Cebo";  faltaría máis...

Nesta fotografía Manuel R. Meira e o "Guacha" entregan a Manuel Portela o primeiro premio do campeonato social  "Pesca a Cebo" do Club de Pesca Monforte.

Fotografía marabillosa para o que escribe: o discípulo e o Mestre.

Increible a vitalidad que ten Manolo Portela. Parece que non pasaron os anos, e realmente pasaron moitos. Aqui está con Chichi.

        Ese día Portela contoume cousas que eu pensei tería esquecidas, dende aquel campeonato en Ponte Caldelas onde el quedou campeón  absoluto e tamén gañamos o premio por equipos. Estábamos no equipo Portela, Pedro Moreno e máis eu. O caso e que soio había dúas copas, unha que levou Portela e a dos equipos que levou Pedro. Eu quedei sin ela.

Esta foi a copa coa que Portela me sorprendeu ó día seguinte.

Trofeo "Al Equipo. VI Congreso Internacional de Pesca Deportiva de Puente Caldelas año 1972"

 

      O día seguinte, no Instituto, apareceu outra copa que inda conservo na casa. É das poucas copas que teño pero ten para mín moitas lembrazas e moitas cousas detrás.

     Lembroume tamén un día que me dixo que na Ponte da Estrada da Nacional 120 o seu paso por Barcia, xusto na Ponte había no pé dereito da Ponte unha troita de preto do kg. de peso, que fora intentalo a ver si tiña sorte... Naturalmente díxenlle que era imposible, o río de Barcia daba algunhas troitas boas, cuarteronas de 100 ou 150 gr. o resto pequenas, pero unha dun kg. imposible. Cheguei a ponte, lancei a miña cucharilla, aquel día unha Celta de pinta roxas do nº dous, e tras...un tiburón enorme saíu da ponte río arriba...non podía creelo. O final con moito traballo din con ela no prado e na cesta. Casi un kg. como me había dito Portela...Lastima de móvil para sacar a foto...Unha pintona de regato dun kg. vense poucas; persoalmente eu soio pesquei dúas na miña vida de pescador. ¡Incrible pero certo!. Eso pasou fai 48 anos. Que ó lembre eu, vale,  pero que se lembre Portela é ¡incrible!...

     Contoume moitísimas cousas, discutiu na comida, con outros pescadores,  con moi bon criterio sobre a "memoria das troitas", falou de moitos campeonatos de España, tamén dun provincial que se celebrou en Ourense, en Verín e no que ocurriron cousas moi raras, que mellor non contar...e así toda a comida.

      Lembrouse daquel día en Frieira, que pasamos a Ponte Colgante, que hoxe xa non existe, cun 2 C.V. que tiña eu daquelas, dunha a outra parte. A Ponte estaba feita de tablóns entrelazados, era bastante vella e movíase moito... Había un aviso claro de que non se cruzara o río pola ponte en ningún vehículo...Eu insistín que non había problema: polo medio da Ponte vimos o peligro que tiña ó que estabamos a facer,  unha temeridade;   estuvemos a punto de rematar no río Miño... ¡Que mal o pasamos!.

     ¡Fantástico Portela!.

    Animeino moito a que viñera a nosa festa xuntanza de Exaprin Ribadavia,  que facemos cada dous anos o último sábado de maio; imposible dice que lle coincide co campeonato de Puente Caldelas e que este é sagrado. Deume saúdos para todos.

 

Manel e Secundino. Fotografía que lle traerá moitos recordos a Portela. Sin dúbida.

Manel, José Manuel Santamaría Rey, un pescador marabilloso xa dende neno. Posteriormente participou en moitos campeonatos de España, previa a clasifiación na provincia e na Comunidade galega. Un fora de serie dito por moita xente; eu sei que é así... Pescador incrible a cucharilla. Outro maestro na súa especialidade...sen dúbida. A súa rapidez sacando as troitas do río, con sacadeira,  inda ó contan hoxe toda a xente que ó viu pescar, entre eles o "Guacha" que foi o seu vixiante nun campeonato, estaba asombrado, o millorciño que viu na súa vida de pescador...

      Pois sí, Portela faloume de Manel, que aparece conmigo na fotografía anterior, na IX-Xuntanza de Exaprin Ribadavia que se celebrou o 27 de maio de 2017. Manel foi alumno meu no Item de Ribadavia naqueles anos, e por suposto foi alumno de Portela.

     Contoume moitas cousas de Manel;  ó parecer traía a Portela as miñocas para a pesca, seguro que ó mismo tempo que as collía para el. Seica ó principio traía as miñocas de calquera maneira, en canto á tamaño,  posteriormente os poucos días xa preguntaba a Portela para que río as quería?; evidentemente non era ó mismo para o río Miño que serían máis grandes, que para o río Avia, intermedias que para un regato como o de Barcia que deberían ser pequenas... Pois ben, Portela contoume que ó cabo de pouco tempo Manel xa lle decía a Portela:

.- Sr. Portela de qué número quere as miñocas hoxe?.

Repito, pasaron 50 anos...

¡Apertas para tí Manel, do teu profesor Portela!. Eso foi o que me dixo e así cho digo Manel...

 

O final poño un pequeno video.

Neste video Portela non fala de pesca, fala das súas abellas;  efectivamente deunos como regalo unha tarrina de mel das súas abellas. O video demostra as claras como está este home en forma. Controla a tope...

¡Que sexa por moitos anos!

 

 

 

 

¡Gracias Mestre! ¡Unha aperta!

Tranquilo Portela... xa sabes que a falta de troitas, habera que dedicarse os cogumelos...

 

  Volver a EXAPRIN.                                         Volver a páxina de pesca.