Pai  Miño

(Escribe Secundino Lorenzo)

Mapa do Río Miño. O río de Galicia máis importante.

Nacemento do río Miño, no Pedregal de Irimia en Meira (Lugo)

 

Desembocadura do río Miño, entre A Guarda e Caminha. Aquí xa leva 75,5 kms. na raia mollada,  que comparte río con Galicia e o Norte de Portugal. Aquí é Pai Miño ou Pai Minho. Descoñezo o autor da fotografía.

Conca do río Miño en Galicia. 17.026 km2. Máis da mitade do territorio galego (29.574 km2)

 

 

    Que o río Miño é o río máis importante de Galicia está fora de toda dúbida; que é o Pai dos ríos galegos, é evidente. Ademais pasa por tres provincias, Lugo Ourense e Pontevedra, e ten unha conca de máis da mitade de Galicia, entre outras cousas; pero o nome de Pai Miño, é unha opinión por suposto discutible, non ven polas razóns anteriores ou polo menos esas razóns non son únicas.

No que sigue vou dar as miñas razóns que xustifican plenamente este gran nome.

     

Mosaico. Casa dos Mosaicos. Lugo. Río Miño?

Antonio Fraguas Fraguas dice nun traballo titulado "O río Miño: realidade, lenda e literatura" que:

... "En Galicia as augas teñen vida e dormen pola noite e síntense feridas si se bebe un vaso de auga con unha vela acendida na man. Moitos ríos foron mulleres que cansas dormiron no lugar do nacimento. O río Miño foi un home: O PAI MIÑO, a quen as xentes presumen con grandes barbas, como todos os ríos, ten o seu leito deica chegar ó mar, e, cando chega, bota pola boca a auga recollida, desemboca no mar. Un mosaico descuberto en Lugo ten a figura dun home barbudo e moita xente sempre que o ve di que é o Pai Miño. É lástima, realmente, que Asorey non representara o noso río como Apolodoro de Damasco representou o Danubio na columna marmorea de Traxano en Roma"...

 

     Queda claro que o río Miño é home, polo tanto é Pai, non Nai, pero vou botar man dunhas pequenas estadísticas para demostrar que para moitísima xente o río Miño era o Pai Miño e segue a selo, inda que non esté hoxe nas mellores condicións... Era unha auténtica despensa, daba de comer a moita xente, era en definitiva un Pai.

   Estadística sacada do libro  de Praxíteles González "Riberas del "Baixo Miño. Sus gentes, usos y costumbres" , San Miguel de Tabagón 1997.

A estadística é dos anos indicados, 1944-48, e no "Baixo Miño" e soiamente de salmón e sábalo:

 

No río Miño tamén se pescaban aparte de sábalos e salmóns: anguías, lampreas, meixóns (angulas), troitas, reos, sollas, múxeles e un longo etc.

A riqueza do "Pai Miño"

 

 

O río Miño era "O pai Miño"

en riqueza.

 

    Esta estadística é únicamente do "Baixo Miño" e observar por exemplo no ano 1944  foron pescados na parte portuguesa 5.000 kg. de salmón e na española 1.027 vamos casi nada. Esta é bastante certa xa que o salmón era guiado, pero haberá que ter en conta que  seguro que se colleron máis. Pensando nunha media de 8 kg por salmón saen aproximadamente  750 salmóns, repito soio no baixo Miño. Por certo dice Praxíteles que o feito de que os portugueses pescaran máis non é moi significativo xa que moitos salmóns pescados por españois eran vendidos no mercado luso, xa que pagaban máis.

    Sobre o sábalo, o cocho do Miño,  a estadística quédase corta xa que nela soio entraban as pezas de 50 a 60 cms de 4 a 5 kg. non inferiores. O sábalo era a principal riqueza do río Miño. Sábalo que hoxe no ano 2013 xa non sube. Falar de 36.893 kg. a unha media de 4,5 kg da un total de 8.150 exemplares. Incrible riqueza.

     A todo esto habería que sumar: as anguías que se collían centos de kg en todo o río ata Meira; os meixóns na parte baixa; as lampreas ata os Peares; as sollas na parte baixa; os reos na parte baixa;  troitas en todo o río;  o múxel e moitos  máis.

O río Miño era "O pai Miño"

pola súa riqueza.

Soio catro  testimonios máis, o de José Manuel Vázquez, que nun capítulo do libro "O río Minho galego-portugués", "O aproveitamento do peixe de río entre o consumo local e a exportaçao que chegou o Brasil", pon entre outras moitas cousas:

..."Nos finais do século XIX, descreve Pinho Leal, em Portugal antigo e moderno , a pesca de salmões , sáveis e lampreas en Seixas.  Esportam frescos para Viana, Braga, Guimarães e outras localidades do interior, e para o Porto. Lisboa e Brasil, en calda ou conserva. Oferece un dato  de importância, en 21 de março de 1875, saíram para Viana dez carros de sáveis.

"Até  ha poucos meses, exportava-se  o peixe en canastros, em bêstas e en carradas; agora  vaia a maior parte, pelo caminho de ferro", anota Pinho Leal. De interese é a informaçao  sobre uma sociedade, concebida en Monçao, en março de 1875 para a exportaçao da pesca do río Minho para o Brasil. Acrescenta que  "a primeira remesa (sêcco e de calda) foi de  1000 caixas, quasi todo  savel e lamreia"  "...

Nota: o texto completo figura copiado neste link. O texto permite ver como se aproveitaba a  pesca do río Miño en tódolos pueblos ribeireños; unha proba máis da riqueza do Pai Miño, que é do que estamos  a falar.

 

 

O  testimonios  de Xesteira, que nun artigo de La Región puña:

..."En 1943, o Servicio de Publicaciós da Direución Xeral de Turismo reeditaba unha edición do libro 'El salmón y su pesca en España', editado en 1930 polo consello superior de caza e pesca. Pra non estendernos e mais decatarnos de onde estabamos daquela e onde estamos hoxendía, nomearemos unhos pequenos apuntes do citado libro: 'Según cálculos científicos, el Miño es un río con una capacidad anual de noventa mil salmones. Los salmones de este río suelen ser de un peso muy grande, habiéndose cogido muchos, después de desovar, de cerca de las 30 libras. Como truchero, es magnífico río, pudiendo decirse que en sus pozos se guardan las truchas más grandes del mundo, habiéndose sacado ejemplares de más de 10 kilos. Los pescadores ribereños, de pluma y devón, no llaman grande a una trucha de un kilo, por clavar, con bastante frecuencia, y en una sola jornada, ejemplares de 1 a 5 Kg'"...

Este é o link

O Pai Miño por Cortegada.

O de Juan José Moralejo, o autor do libro "As troitas miñas señoras", Galaxia 2005,  2º Edición e articulista de temas de pesca e ríos; conocedor do río Miño dende neno, xa que naceo a carón do río Deva, xusto na desembocadura e xogou e pescou no muíño da súa aboa no río Miño. No capítulo  adicado o Miño fala "do sacratísimo Miño", "o Pai Miño", artigo que podedes ler nesta misma páxina.

Agora xa sei ben de quén é o Miño, pero o sabelo non importa pra que eu siga encirrado en que o Miño é meu: pódovos contar tódalas pedras que quedaron debaixo do encoro dendes Castrelo a Frieira, podo decirvo-los sitios onde mellor non se meter pra non pasar dúas horas nun foxo de toxos e silvas ou pra non ir de cabeza o río. Velahí tendes unha boa pescata: dende a estación de Pousa-Crecente ide río arriba astra Frieira, son seis kilómetros bos prá troita e que se poden facer no tempo de tren a tren,...

Estaredes xa a decir que abonda coa leria do Miño e que onde está a pesca: pois no río, meus queridiños, no río. Os  340 quilómetos son unha enchente, unha orxía  de pesca dende o peixe máis badoco ao salmón máis señorito tendes millóns de anguías, milleiros de lampreas, carros e carros de troitas, millenta de sábalos e zamborcas...O único que eu quería ao falar tanto no que ó Miño é para min e para todos era poñer ben claro que o Miño non é unha auga que ten peixes, nin un río, senón o sacratísimo río , pai e señor de todos nós, e cheo de pesca ata estoupar...

 

O meu testimonio, Secundino Lorenzo, o webmaster da páxina:

      Lembro a ver salmóns no río Maquians (en Ribadavia-Ourense), afluente do Avia no ano 1968. Tamén lembro que nos anos cincuenta pescábanxe sábalos en Oira en Ourense, dito por xente como o meu pai e amigos. Por esas datas, sendo eu rapaz, quedou un salmón na  piscina de Oira nunha das enchentas...Por suposto as anguías subian ata as cabeceiras dos ríos...Collíamos anguías no Bao (Ourense), cun tenedor...Menuda riqueza.

Para ampliar ver este artigo, nesta misma ficha, sobre "A pesca no río Miño"

Tamén este link, nesta ficha, un texto meu falando da río Miño cheo de vida  en Ourense.

Tamén o xa citado artículo "O aproveitamento do peixe de río no Minho".

Textos que profundizan na miña tesis:

O Pai Miño recibe este nome da gran riqueza que deu a Galicia e por suposto ó norte de Portugal.

Fai pouco atopei un artigo no libro "Ondas do Mar de Caminha" onde Jose María Gavinho Pinto escribe un artigo que titula "Pai Miño" e fala desta riqueza do río. Por certo José María Gavinho é portugués de Caminha e teno claro:  "Pai Miño";  calquera deduce que non é o nome derivado de que sexa un río caudaloso e o mais longo, dito por un portugués e evidente que fai  unicamente referencia a tesis deste artigo é o "Pai Miño" pola súa riqueza. Ver o artigo completo, merece a pena.

Por eso en Portugal tamen se fala de

 Pai Minho

Hoxe o Pai miño está moi descuidado, en mans das Empresas Hidroeléctricas, neste caso Fenosa Gas Natural, hoxe no 2018 chamada Naturgy, veremos si con este nome, realmente,  mira un pouco pola Natureza. Un Pai non debe nunca ser tratado tan mal...: está claro,  a contaminación en xeral, pero sobre todo os encoros (sin escadas, incumplindo as leis, cambiando os cursos dos ríos, cambiando os caudais, subindo agora e baixando a continuación de caudal, enfriando as augas, motivo polo que desapareceu o sábalo e a sabela,  e un longo etc.), son as causas de que este pai esté descuidado...

 

 Saír ó R. Miño.