RÍO ARNOIA: PARQUE NATURAL NO

DESFEITA SI. MASACRE NA ZONA BAIXA. Ano 2003.

     Fai anos, dende 1997, veño decindo nesta folla www que os 20 últimos kilómetros do río Arnoia, en Ourense, deberan ser Parque Natural ou Parque de especial protección, na miña opinión é do mellor de Galicia. Refírome a un tramo de 20 km (aproximadamente) que vai dende Outomuro ata Arnoia no río Miño.

 

No mapa vese o río Arnoia, que desemboca no río Miño xusto  no Concello de Arnoia, na provincia de Ourense.

No mapa, están pintadas de bermello as minicentrais, xusto por debaixo de Sande

 

      Pois ben, non soio non vai a ser Parque Natural sinón que está sendo DESFEITA NATURAL, por parte dunha empresa HIDROGIESTA, que está a desfacer a zona con centrales hidroeléctricas demasiado grandes para o río, desmontes, talas de centos de árbores, estradas, etc. Por suposto todo legal...

Por suposto todo elo, legalmente,  có beneplácito da Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente, Infraestructuras e Impacto Ambiental), da Confederación hidrográfica, dos Concello de Arnoia, Cartelle e Gomesende. O de Arnoia, o máis afectado, que sácará da desfeita  pouco más de 10.000 € o ano, según os meus datos. Cada día estou máis convencido que para algúns políticos os ríos valen moi pouco ou nada.

A Policía Autónoma debera pasar pola zona que seguro que ten mil razóns de denuncia.

A ZONA ESTÁ SIMPLEMENTE CATASTRÓFICA.

A está páxina www, ¿en defensa dos ríos de Ourense?, poño interrogante xa que cada día vexo que están máis desastrosos, ou sexa,  non quedan ríos,  soio lle queda poñer as fotografías e decirlle o internauta o que están facendo na zona. Ou sexa, soio queda o pataleo...

En resumen dicen que se trata de ampliar dúas minicentrais,  a Peneda e a minicentral chamada Arnoia, polo que puden ver están facendo centrais novas, grandes centrais, de feito  van producir 35.192.585 KW por hora una e 28.626.871 KWh a outra, esto, xa non son minicentrais, son auténticos monstruos para un río de moito caudal, pero pequeno.

Según o que poiden ver trátase, polo tanto, de facer dúas novas: A Peneda (Que chupaba 12.000 l por segundo) que chupara 35.000 litros por segundo, contra 2.200 litros por segundo que chupaba a minicentral de Arnoia e pasará a 25.000 litros segundo. 

                  Unha loucura propia dun PAIS BANANERO, non se entende a desfeita dos ríos de Ourense (nas outras provincias galegas eu creo que non pasa esto, polo menos nesta medida).

A Confederación hidrográfica autorizou a tala de 5 amieiros, 5 fresnos 3 robles, etc. De risa o número, a pouco que se entenda, verase que é unha desfeita. 

Corticeira. Fotografía sacada na zona. Árbores como estos talaron moitísimos.

Están talando auténticos bosques de corticeiras, robles, centos de amieiros e salgueiros, freixos, centos de laureis e moitos outros (entre eles  laureles reales, laurel de Portugal ou acereiro, acereiros que son laureles únicos no mundo e propios da zona etc.).

Realmente para chorar. Falan de 200 árbores, oficialmente. Da risa, seguro que pasan de 2000 árboles, son auténticos bosques, ver fotografías.

É curioso, eu diría que insultante para os galegos, os carteis que figuran na zona. Hai que ter cara para poñer estos carteis nunha zona que está a ser masacrada totalmente...(Non alterar vexetación, non realizar vertidos, en fin...de risa).

Calquera que entenda un pouco e coñeza a zona,  darase conta do que estou decindo. É curioso, que grandes empresarios da zona, que algúns hai, non ven a conto decir cales, opinan inda peor que o que poño nestas liñas. Dicen que a masacre é para chorar, están a facerse escombreiras impresentables e mutilar a zona, cando si de algo pode vivir a zona é do turismo interior. Faltan sendeiros, potenciación da zona e un longo etc. Sobran estas desfeitas...

Esa montaña que ven enfrente ten millóns de toneladas de area, sacadas dos túneis  por onde irá a auga das centrales ata a zona de turbinas. Foron depositados na zona sin que ninguén dixera nada e menos Medio Ambiente ou a Confederación. Millóns de toneladas.

Logo un paisano corta unha árbore a carón do río  e paga a multa. Vivir para ver....

Bosques de laureis, acereiros, amieiros, salgueiros e sobreiras que son únicas en Galicia. Dame a risa as Fragas do Eume o lado do Cañón do Arnoia.

O malo é que está sendo masacrado.

Zona onde se situan as turbinas da central da Arnoia. A esta chegarán 35.000 litros segundo. Unha salvaxada autorizada pola Xunta de Galicia e a Confederación Hidrográfica e os Concellos limítrofes.  Realmente increible.
Parte de abaixo do río Arnoia. Un río que quedará desfeito para sempre. De feito cós desmontes, barro, cemento, talas, e un longo etc. xa non ten a vida que tiña. Dicen que pola parte de abaixo nin hai peixes ni troitas.

As barbaridades feita na zona non teñen nome. É moi facil velas,  basta acercarse a Arnoia coller a estrada a Cartelle e baixar ata o río nas zonas onde están a traballar. ¡Asteñerse os amantes da natureza!. ¡Asteñerse a xente, coma mín que coñece a zona, eu pescaba esa zona polos anos 70!. Para chorar...
A Peneda onde está a minicentral que existía con ese nombre. A nova queda un kilómetro por riba desta. Por certo as fotografías están sacadas o venres 16 de maio do 2003, non había obreiros.
Zona de arriba da Peneda, onde está xa feita outra central (un azud ou muro incrible, ver fotografías máis abaixo) que chupará 25.000 litros segundo, ou sexa o río.
A misma zona. O que se ve é un bosque túpido de sobreiras, laureis, acereiros, robles, amieiros, etc. Único en Galicia.
Central, dicen, ampliada da Peneda, Dame a risa a central da Peneda está máis abaixo e sigue traballando. No futuro non me extrañaría que aproveitaran todo e quedaran realmente tres.
Ese muro por onde pasará o río Arnoia chupará entre 25.000 litros e 35.000 litros segundo. Unha salvaxada antinatura aprobada por uns organismos( Consellería de Medio Ambiente, Confederación hidrográfica, Concellos de Arnoia, Cartelle e Gomesende, etc).
Parte de abaixo onde se ve o bosque en galería que tiña que haber por arriba do azud.

Esta zona do Arnoia, queda defenestrada, ademais de peligrosa. Unha zona que podería ser o mellor da Provincia de Ourense. Unha provincia defenestrada, una provincia que non levanta cabeza, cando é maravillosa.

Vista da zona dende a estrada que vai de Arnoia a Cartelle. O fondo, na misma curva, a Peneda. Un lugar paradisíaco convertido en estradas, desmontes, desfeitas de árbores e un longo etc. 2 kms. máis abaixo está o primeiro edificio de turbinas, e uns Kms. máis abaixo o segundo.
Outra vista da zona. O bosque en galería é único en Galicia. O cañón do Arnoia tamén. 20 kms. dun bosque que non existe outro igual en Galicia. Dende Outomuro ata Arnoia.

Non se entende que Concellos como o de Arnoia aproben estas masacres no seu corazón. Ou non saben máis ou hai outras cousas...

O dar a curva vese o edificio da central, recien feita, da Peneda. As estradas abertas na zona, no se ven na fotografía pero existen, son varias e de moitos kilómetros. As talas de árbores foron moitísimas. A que vai dende a Peneda antigua o azud, sobre 1 km. está aberta entre un bosque de corticeiras.
Outra vista. Casi todas as fotografías están sacadas dende a estrada que vai de Arnoia a Cartelle.
Na fotografía vense as estradas que van as centrais de Arnoia e da Peneda. O fondo a montaña onde botaron toda a area sacada dos túneles. Pola parte de atrás desa montaña fixeron máis estradas.

Nesta fotografía vese a desembocadura do río Arnoia no Miño. O fondo o encoro de Frieira. A desfeita anterior está feita dende a zona de Cartelle ata a zona recreativa de Arnoia. Afecta o Concello de Arnoia e queima literalmente este río e o seu bosque increible para o futuro. De 10 a 15 kms. machacados por unas centrais hidroeléctricas impresentables para a zona. As dúas centrais que había eran suficientes para deteriorar a zona, estas, que se están facendo multiplican por 100 o que había.

¡¡REALMENTE NON HAI DEREITO A ESTAS MASACRES DOS NOSOS RÍOS, DO MELLOR QUE TEMOS EN GALICIA!!.

 

 

 

Vista da nova central. Penso que é a maior central de Galicia feita nun río considerado de caudal medio. Evidentemente o río Arnoia non é o Sil, nin o Miño, nin o Ulla...

 

 

Aquí vese a cetral que se está a facer así como a estrada feita para chegar a misma o que non se ve é o túnel que leva a auga dende o azud ata as turbinas bastante río abaixo. O río queda co caudal ecolóxico que é mínimo.

 

Outros mapas de situación sacados do Google Earth:

Aquí pode entenderse o que fixeron, son uns fenómenos os inxeneiros. Aproveitaron a concesión que tiñan da Peneda e fixeron, penso,  dúas ampliacións incribles mediante un túnel de 2 km comunicado con dúas centrais de turbinas, unha a carón da antigua Peneda e outra a 4,5 km. río abaixo.. O caso é que quedan afectados 4,5 km. de río

 

Aquí pode verse en 3D o canón do Arnoia do que falo unha auténtica marabilla esnafrada por estos mamotretos que son grandes centrais,  en realidade. Inda por riba subvencionada como "enerxía limpa??? e renovable" e pagada por todos. Son os amos...

A miña opinión está clara: non é rentable si non se subvenciona e estropeama máis do que produce. O río Arnoia, o único río Ourensán enteiramente e de gran caudal non se merecía esta desfeita. Algún día habera que tirar todo pero o mal xa está feito.

Demasiado chupe para o río Arnoia, 35.000 litros /seg. Realmente, estamos gobernados por DEPREDADORES DO MEDIO AMBIENTE, estas centrais non deberan ser aprobadas nunca. Están a facerse hoxe, en maio do 2003 aproveitando zonas máis ou menos descoñecidas polos galegos. 

A xente do lugar, tampouco saben de que vai o asunto.

Algúns dicen que lles van baixar as contribucións coas ganancias destas obras.  De risa...

¡¡O seu querido Arnoia, o meu querido río Arnoia estano fastidiando para sempre!!.

Chámanlle enerxias limpas, pero nono son,  están a desfacer os ríos galegos para sempre, están a aproveitarse da incompetencia e do descoñecemento (quixera pensar esto) de moitos alcaldes que son incapaces de ver que cós ríos teñen un ouro que poden explotar doutro xeito. Esta zona prestábase para todo: pesca, descensos rápidos, Rafting, Kayak, Piragüismo,  senderismo, barranquismo, etc. Por contra é das poucas zonas da Provincia con un bosque tan maravillosamente conservado e único, con especies que por si soas eran motivo para facelo parque natural. Pero non. Agora entendo por que non se fixo Parque natural...

Realmente penoso.

Na fotografía vese o cañón do Arnoia dende a marxen ezquerda (dende Piñón), esa montaña de area, que aparece na fotografía,  é totalmente artificial e feita pola empresa constructora. Un impacto ambiental escalofriante, e dende logo visitando a zona resulta incomprensible que se deixen facer estas obras.

No mapa vese Piñón e pódese entender a fotografía.

Por certo a minicentral da Peneda e a de Arnoia eran así fai 50 anos. (Unhas fotografías incribles que tuven acceso a elas de casualidade).

Logo as minicentrais remodelaronse recentemente. Por certo non fai moito a da Peneda foi denunciada pola Policia Autónoma por non cumplir co caudal ecolóxico.

Hoxe no 2003 volve estar todo patas arriba coa desfeita xa comentada.

¿Ampliación?

salir.jpg (922 bytes) Salír                                               salir.jpg (922 bytes) Saír.