Outro pobo asolagado por un encoro en 1962
O Miño en Portomarin ¡Pobriño!.
A lenda da Virxen e o neno en Portomarin.
Portomarín, un triste cumpleaños. A. Arnaiz.
Portomarín: lugares de memoria. Voz de Galicia.
Tódalas fotografías están sacadas o día 29-10-2002 polo autor da www..
O Río Miño en Portomarín tiña que ser fora de serie. Ese día tuven a sorte, ou a desgracia, de ver máis ou menos como podía ser este río nos anos 50. O encoro estaba moi baixo e permitía adiviñar. Un lugar fora de serie, unha vez mais debaixo das augas dun encoro.
En frente, hoxe baixo as augas do encoro de Belesar de Fenosa, estaba un pobo que no ano 1946 foi declarado histórico artístico, e anos despois quedou anegado. Hai cousas díficiles de entender. Quedan moitas historias por escribir en Galicia...
Volver a río Miño
Volver ó río MIño
Volver a pobos anegados.
Volver a fotos
O
paso da Virxe e o Neno por Portomarín:
|
|
Era un pobo da ribeira do río, coas súas casas de pedra do país ás dúas marxes. Tellados de lousado e os cerrados das hortas e fincas delimitaban o espacio vital daquelas xentes coma codechas de pan para comer. |
![]() |
Tiñan unha ponte romana moi cuca para cruzar, para traspasar o Noso Río. Aínda hoxe, cando as augas baixan, pódense ver -preto da nova ponte- os restos milenarios da outra, da que foi feita pedra a pedra e en concerto coa paisaxe natural e espontánea de Portomarín, do inxenio popular que a recreou lentamente como singular e única. |
![]() |
Pois ben, tamén tiñan unha igrexa moi fermosa que levaron pedra a pedra para o novo emprazamento da vila. Pero aínda así semella estar disconforme co espacio, lonxe do contexto, fóra da concordia que tiña cando/onde estaba preto do río, no seu exacto e preciso lugar. |
![]() |
E a carón da Capela de Santa Mariña, que segundo as crónicas xa era un pequeno mosteiro de monxas no século IX, había un ponco "río arriba" un longo treito de Río Miño -máis ou menos un quilómetro- onde as angas sempre van mainiñas, gardando un silencio sosegado. E tamén, uns grandes penedos que semellan botarse no río para gañar o retiro pacífico de tantos anos, parecen querer gardarse baixo as augas, despois de exercer de inmóbiles pedras, inspiradoras de lendas e contos de mouras e cristiáns, de "cestas de ouro", de tesouros agachados, etc. |
![]() |
Pois ben nese mesmo lugar había unha peneda que xa estaba entre as angas metida e que ten a súa lenda. |
|
|
![]() |
Portomarin. Antigua ponte. O fondo o pobo actualmente, no monte do Cristo, coa iglesia de Xan Xoan que foi trasladada pedra a pedra.

Na parte dereita estaba asentado o barrio de San Xoan. Esas pedras eran precisamente as casas. No medio do río está inda o pilar da Ponte Román que comunicaba as duas orillas. A esquerda estaba o barrio de San Pedro e a dereita o de Xan Xoan. Realmente era a única Ponte que permitía pasar os peregrinos o río Miño.
Outra vista de Portomarin.
Hoxe cando o encoro está cheo esta ponte prácticamente queda a ras de auga. Ver as seguintes fotografías.
Estas dúas fotografías no son miñas. Esta sacadas da www do Club náutico Xacobeo de Portomarín.