MALDITOS  OS   QUE   DESTROZAN   O   MUNDO

Prestige, marea negra: Noviembre del 2002. Malditos los responsables. Foto  Xurxo Lobato

Marea negra en Galicia. Costa deCorme. Malditos os contaminadores. Foto AGN.

Marea del Prestige en Galicia. Malditos. Foto Ana Garcia.

Galicia.Marea negra del Prestige. Malditos los responsables. Foto de Ramón Busto.

Malditos os que queiman os montes. Cataluña. Foto de Rossi.

Malditos os que contaminan os ríos. Trucha muerta en el río Arenteiro. Ourense.

Minicentral del Río Limia. En Puentlinares. Ourense. Malditos los que rematan con los ríos y los que lo consienten sabiendolo.

Malditos os que fan vertidos os ríos. Río Avia. Ribavia. Ourense. Augas fecais.

Malditos os que por obter cartos matan a natureza., botando materiais de todo tipo os ríos galegos.

Malditos os que depositan lixo en calquera lugar non permitido. Son unha escoria..

Malditos os que podendo botar as augas fecais a traida, fanno o río. Río Barbaña. Ourense..

Malditos os que causan a morte dos seres vivos. Neste caso 50000 troitas no río Arenteiro en Ourense. Mortas con Sosa Caústica.

Malditos os que desfan a natureza. Neste caso unha canteira en Xubín. Ourense. Desfai a marxen ezquerda do río Fareixa.

Marea negra Prestige.13-11-2002. Malditos los responsables. Foto Paul Hanna. Marea negra en Galicia. Noviembre 2002. Malditos los responsables. Foto  Ana Garcia.

 

ESCARÑO CONTRA 

OS DESTRAGADORES DO MUNDO.

 

 

Contaminadores do aire puro e da auga

humilde,

                  casta,

                                     e cristalina.

Incendiarios da sagrada fraga

misteriosa, cantora e ancestral.

Asasinos de paxaros.

                                 Verdugos

de todo canto ama, vive e canta.

Violadores e destructores

da máxica paisaxe rumorosa.

ENEMIGOS DA VIDA E DA BELEZA.

Consentidores de tanto xenocidio:

cando reventa o pus do voso odio

sementades de morte a creación.

Malditos para sempre endexamais

por tódalas xeracións que son

e serán:

                                             ¡vós sodes

a miseria e a vileza deste mundo!.

 

 

 

 

 

                              MANUEL MARÍA.

                  

 

Vovel a la página "O encoro do Umia" Salir esp.                      Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír gal.                  Vovel a la página "O encoro do Umia" Volver a vida nos ríos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MANUEL MARÍA.

Manuel María Fernández Teixeiro naceu (1929) nunha podente familia labrega de Outeiro de Rei, preto de Lugo. Nesta cidade residiu durante o seu Bacharelato cun tío cura, e frecuentou a amistade de Pimentel, Anxel Johán e Anxel Fole. Non rematou os seus estudios de Filosofía e Letras, e unha vez casado, instalouse en Monforte de Lemos, onde traballa de procurador dos tribunais e rexe coa súa esposa Saleta Goi a Libreria Xistral.

Na súa vida activísima de militante da cultura e da política, dirixiu a colección "Xistral" de poesía, plataforma inestimable de varios poetas máis novos ós que apoiou xenerosamente, colaborou e colabora con artigos na prensa, organiza actividades e recita e dicta conferencias sen descanso en tódolos sitios onde é chamado, sexan en Galicia ou no exterior. Premiadísimo en certames poéticos, é tamén narrador, ensaísta e dramaturgo e gran conversador.

Foi o primeiro poeta mozo que editou un libro na postguerra, o Muiñeiro de brétemas, publicado no 1950.

Desde entón, trinta libros de versos compoñen a súa bibliografía poética, a máis extensa da literatura galega.

A inmensa obra de Manuel Maria resiste á súa definición sucinta pola concorde variedade da súa musa, desde o intimista ó rabiosamente político, desde a cantiga popular ó soneto. Algunha crítica estreita céntrase nos seus desacertos, que sen dúbida os ten, pero que de ningún xeito poden facer esquecer que Manuel Maria é un dos máis grandes poetas galegos de tódolos tempos.

Manuel María morreu o día 08/09/2004. Sin duda morreu un poeta único e sensacional

Dende esta páxina www ¡¡Moitas gracias, alí onde estes...!!

Nesta páxina www hai outro poemiña deste gran poeta. Concretamente no apartado Os ríos son poesía. Poemiña do Sr. Regato do Cepelo.

Subir.