Abril do 1968

A miña iniciación a pesca da troita:

Valparaiso, abril do 1968

"Unha afección marabillosa..."

         Decía o meu amigo Xosé Benito Reza, nun artigo falando do inicio da tempada de pesca,   "Se vostede non é pescador, perda coidado, que como un día o leven a un río e colla unha troita pasará a incorporarse á nosa abondosa e feliz familia polo que lle resta de vida. Un meu tío, que en paz descanse, díxome un día con ollos brillantes: " Só sinto ter comenzado tan tarde nesta arte da pesca, cáseque con cincuenta anos; só pido que, xa teña que ir pro ceo ou pros infernos, haxa alí, cando menos, un río ". 

 A min leváronme un día de pesca, collín a primeira troita e xa fun pescador para toda a vida. Foi en Valparaiso, en abril do ano 1968, xa choveu...  Aquí tendes onde foi e como foi.

       

                                salir.jpg (922 bytes)   Volver a pescando a troita            salir.jpg (922 bytes)   Volver a dicionario sobre os ríos        salir.jpg (922 bytes)   Volver a "os ríos son textos".             salir.jpg (922 bytes)   Volver a EXAPRIN.  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VER O RÍO  E  A  HISTORIA.

Na fotografía (sacada do sensacional blog,  de Julio Freijido,  Maquiáns) vese o Val de Francelos, a carón de Ribadavia, que tamén leva como segundo nome Valparaiso. O río é o pai Miño,  cando nese lugar era un río, non hoxe que é un encoro, o encoro de Frieira, un autentico atentado a natureza do lugar e o nome, Valparaiso. A fotografía é do ano 1955.

En primeiro plano a dereita vese Francelos, na insua que se vé desemboca o río Outeiro ou Brull. Seguindo máis abaixo vexe Prexigueiro, enfrente o coiñal. Pois ben, nese lugar collín eu a miña primeira troita no ano 1968, cando as augas do encoro inda non chegaban a ese punto (o encoro fíxose en 1970).  Despois de ese coiñal desemboca o río Arnoia, a esquerda,  e mismo enfrente o río Cerves. O lugar era un auténtico paraiso natural, por eso non me estrana o nome de Valparaiso.

Neste mapa actual (11/03/2007), de Google Earth,  vese perfectamente a zona hoxe, xa co encoro. O lugar onde pesquei está marcado por unha flecha (xa sei que non ten importancia para vosoutros pero para mín é básico...). A fotografía do ano 1955 está sacada dende onde aparece a cámara réflex en vermello.

Este é un mapa do Instituto Xeográfico e Catastral. 1ª Edicción do ano 1943. Neste mapa vese a desembocadura do río Outeiro, no mapa chámalle río Brull,  e vese o río Cerves, no mapa río Cierves. Xusto frente o regato de Porqueira collín eu a miña primeira troita.

Lembro varios detalles dese día de pesca, en primeiro lugar decir que iba cós meus mestres Manuel Portela e Gerardo Álvarez, que tristemente xa nos deixou,  os dous especialistas da pesca da troita. Ese día estrenei como non podía ser menos unha cana que lembro era extensible para poder pescar a culleriña e tamén a pluma, un bon consello de Manuel Portela. O carrete, o meu primeiro carrete era un Sagarra, moi lento pero bastante efectivo, era tamén duro como unha pedra. O fío era do 18, en realidade 0,18 mm., o adecuado para o río Miño xa  que aguantaba ata catro kg. si fixera falta...

Era o mes de abril do ano 1968, un día soleado e marabilloso. O lugar en Francelos por baixo da desembocadura do río Outeiro e antes de chegar a altura de Prexigueiro. Lembro que puxen unha culleriña do nº tres, a cor da pala era ouro,  e levaba un plomo que permitía lanzar bastante lonxe. Eu penso que era unha Besay.

O caso é que os lances saían moi cortos, non tiña moita práctica a verdade, como moito dez metros ou  así,  inda que as veces caía os dous ou tres. No lugar non había moita corrente pero si a necesaria para ser unha boa postura de troitas.

Non pasaran nin cinco minutos cando entrou unha troita cuarterona, sobre uns trescentos gramos, loitadora, que turraba moito e daba uns saltos na auga incribles,  pero que enseguida a vin os meus pes. Soio lembro o que me decían os meus mestres "a cana arriba, traballa a troita, non a deixes afondar, solta un pouco o freno do carrete, non te poñas nervioso que non é pra tanto...".

O que veu despois foi unha alegría inmensa e a consolidación dunha afección que me dura ata hoxe e que sin dúbida morrerei con ela.

Penso que despois de contar esto é  doado entender as palabras de Xosé Benito Reza "como un día o leven a un río e colla unha troita pasará a incorporarse á nosa abondosa e feliz familia polo que lle resta de vida".

E así foi...

 

Nota: sobre a pesca no Valparaiso ou Francelos remata de publicar un traballo moi interesante Frutos Fernández " Anotacións históricas  sobre a pesca en Francelos"

Hoxe Valparaiso inda sigue a ter o seu encanto. Novembro do 2010. Estaba de choiva...Foto Secundino Lorenzo.

Tamén pasaba o tren e saquei este pequeno video, a verdade que lle teño cariño o lugar...

                                salir.jpg (922 bytes)   Volver a pescando a troita            salir.jpg (922 bytes)   Volver a dicionario sobre os ríos              salir.jpg (922 bytes)   Volver a "os ríos son textos".          salir.jpg (922 bytes)   Volver a EXAPRIN.