©  S. Lorenzo Fdez . 1999

Ríos Ourensáns : río Arnoia.

email.gif (985 bytes)

Presa no río Arnoia por riba do Rexo.

Arnoia  ten según  Frutos Fernández Glez no seu libro "Nomes do Ribeiro" sa súa orixen documentada no século X. Pero o que nos interesa é o grupo hidrónomo que neste caso é  Ar que quere decir "corrente de agua", agua que corre o flue. Apàrece tamén en ríos como Arnego, Arnela, Arnado, etc.

 

DATOS TÉCNICOS do río Arnoia:

Nacimento : na Serra de San Mamede preto de Rebordechao. Vexetación predominante:  arbórea e subdominante inculto.
Desembocadura: no río Miño, no pobo de Arnoia Material xeológico: granito.
Afluentes principais:  Dereita:  río Maceda.  Esquerda: Orille e Tuño Tipo de rotación de cultivos: centeo,trigo patacas
Lonxitude : 58,5 km Densidade de gando: 1.8  vacuno/Ha.
Superficie conca: 923 km2 Densidade explotacións: 17.3  nº expl./km2
Densidade población:  57.2 hab/km2 Precipitacións: 1312 mm.
Diferencia entre cotas:  1550 m. Deficit hídrico: de 30 a 60 días
Pendente : 7.2º Días non útiles para verquidos: 204 días
Textura do solo: areoso. Aceptación choiva: moi alta
Porcentaxe de Concellos que compoñen a conca: Maceda 10%, Vilar de Barrio 10% , Baños de Molgas 10%, Allariz 10%, A bola 10%, Celanoca 10%, Cartelle 10%, Ramiráns 105, Verea 10%  y Padrenda 10%. Risco de contaminación: 1/3

( Fonte : As concas fluviais de Galicia. Francisco Díaz. Avelino Nuñez e Eugenio López.)

 

No  mapa vese o  río Arnoia nacendo na Serra de San Mamede e desembocando pola esquerda  no río Miño por debaixo do Encoro de Castrelo. No mapa tamén se situan algunhos dos ríos máis importantes,  afluentes do Arnoia,  como pola dereita:  os ríos Tioira , Maceda e As Ellas e pola esquerda os ríos  Ambia, Ourille e Tuño.

 

Consideracións xerais:

Río Arnoia por riba de Allariz. Fotografía S. Lorenzo.

 

rexo.jpg (34208 bytes)

Minicentral do Rexo, das primeiras no río Arnoia quitando as da peneda e Pigarzo que son dos anos despois da Guerra.

Este conducto que leva auga dende o azud ata a turbina sempre foi ilegal para mín. Que conste que  non o viron así , no seu día, os dirixentes de Allariz. A larga demostrouse.

  • Nota: no 2012 leva tres años sin funcionar a minicentral. Razóns: incorrecta a toma de auga, peligrosa según as autoridades. Algo que esta páxina afirmaba fai once anos. O tempo pon a cada un no seu lugar...

Nova minicentral da Peneda. Impresentable para este río.

 

 

Nova minicentral de Rubillós. Outra barbaridade.

 

 

 

O río Arnoia nace o xuntarse varios regatos, que baixan da serra de San Mamede e se xuntan en  Rebordechao (Ourense). Un lugar sensacional. Fotografía Secundino Lorenzo.

 

É o tramo do río que está en mellor estado por tratarse da cabeceira. Máis  está moi esquilmado e tén verquidos incontrolados. En Arnuide, a poucos kilometros do nacimento, non é apto pró baño no verán ( 1998-99). Esto é moi grave. As repoblacións fanse con pouca cabeza.   Na zona tén un couto de pesca.

Río Arnoia. Por riba de  Ponte Ambía. Estrada a  Salgueiros.

Río Arnoia. Por riba de  Ponte Ambía. Espectacular tosta. Por debaixo da Ponte do Ave....

 

Nesta zona ten varios coutos de pesca.

 

 

Moi afectado, dende a desembocadura do rio Maceda. É de suliñar o esforzo do Concello de Allariz, fixeron un entorno do río realmente agradable ( xa podían tomar nota o chapuceiros provinciales)  pero non poden evitar que de cando en vez ( case sempre)  baixe turbio. Hai vertedeiros incontrolados. Xa veremos como lles afecta as minicentrais previstas por riba Allariz. O parecer en Allariz tampouco é apto pró baño (1998-99). Esta derradeira noticia colléume de sorpresa. Pensei que tiñan o problema resolto. Unha pena.

 Neste tramo tén un couto de pesca.

 

Río Arnoia por  debajo de Ponte Ambía. Xunqueira.

 

Río Anoia no Parque do Rexo. Por riba de Allariz.

Río Arnoia. Allariz. Da gusto velo. En Allariz reciben ó río Arnoia como se merece... Fotografía de Secundino Lorenzo.

 

Río Arnoia en Allariz. Fotografía Secundino Lorenzo.

 

Mal, era un tramo de moita troita, pero hoxe é penoso. Moi sucio e moitos verquidos.

Rectificación: abril do 2001 moi ben este tramo. Allariz depura perfectamente e o río gañou moitísimo.

¡¡ Enhoraboa!!.

Por certo hai que resolver o problema do camping de Allariz, díxome un paxariño que non depuran. No sexa que o que está arranxado por un lado, se estropee por outro. Sería una mágoa.

 

Río Arnoia por riba de Rubillós (A Merca).  Aquí intentan facer unha minicentral, esta imaxen, si fan a minicentral xa non volverá a ser así, na vida... Fotografía S. Lorenzo. Ano 2005.

 

Aquí están coa minicentral de Rubillós. Unha mágoa auténtica.

Minicentral de Rubillós. A Merca.

 

 

Couto de Puentegrande. Una marabilla en tempos.

 

En moi mal estado, moi pouca troita. É un couto penoso. As Granxas e os verquidos aféctalles moitísimo.  Neste tramo tén un couto. Seica van facer unha limpeza do couto asociacións de pescadores de Celanova, compre dende logo pero o non estar enmarcada nunha limpeza global do río penso que van a gastar os cartos inutilmente. O tempo.

En marzo del 2000 van inagurar o couto do  río Orille, ó parecer está limpo e cuidado e ten troitas. Si é así a miña máis cordial enhoraboa á Sociedade Puentegrande. Moitas gracias no nome de tódolos que amamos a natureza e os nosos ríos. Este río foi fantástico e espero que volva selo no futuro...farei unha visita a zona...

Río Arnoia por riba de Puentegrande no verán.

Río Arnoia en Pontegrande. Un bon couto en tempos.

Por debaixo deste couto quedan algúns tramos con troitas.

Noticia de marzo de 1999: dicen que van facer un gran encoro en Sande e que a cola do encoro chegará ata Pontegrande. De ser certo, noticia que me gustaría saber, adeus o río Arnoia.

Tamén se fala, agosto de 1999 de facer unha minicentral na Merca. ¡¡ ollo !!.

Moito vertedeiro incontrolado, é frecuente ver todo tipo de obxetos no rio ( sobre todo na zona de Outomuro, que por certo teñen un sendeiro do mellor da Provincia) , lamentable, rio en mal estado e sucio. Pouca troita, pero inda quedan. Este tramo esta moi afectado polas continuas subidas e baixadas das tres minicentrais do Tuño.

Río Arnoia en Sande. Sensacional. Verán de 1999.

O río neste tramo é extraordinario, moi malo de andar, pero fora de serie. A fotografía está sacada na segunda minicentral da Peneda, no verán de 1999.

O primeiro día de pesca 19-03-98 fun a pescar este tramo, vín que na zona de Arnoia habían limpiado o río e presentaba un aspecto agradable.

Última hora: están xa funcionando a tope a minicentral de A Peneda, que por certo ten unha toma que chupa literalmente o río Arnoia. Incríble. Entérome de que inda por riba van ampliar esta minicentral. ¡¡ Están tolos !!......

Fotografía de Rosa Lia del Diario El Mundo. Minicentral da Peneda na Arnoia baixa.

Antigua minicentral da Peneda. Aproveitando unha vella. Hoxe xa está feita unha máis grande.

e tamén outra minicentral en Arnoia. Adeus río. Estas minicentrais según Medio Ambiente, noticia de marzo de 1999 xa foron multadas por non manteñer o caudal ecolóxico. Deduzcan Vds. as consecuencias. Outro desastre. esta vez nun gran río que sin dúbida empeza a ser irrecuperable. Unha mala noticia.

pened11.jpg (21501 bytes)

Segunda minicentral do Arnoia. Pigarzo.

 

Comentario final : estas minicentrais estropean na miña opinión unha parte do río sensacional e que podría ser explotado turísticamente. Non comprendo como os alcaldes da zona non son capaces de ver esas posibilidades y deixan facer. Por certo xa está prevista unha terceira minicentral. Esta xente cheira os cartos,  e veña...

 

Río Arnoia en la zona de Sande-Arnoya. Una zona increiblemente bella.

O río vai encaxonado entre montañas de bosques increíbles e podería ser explotado turísticamente como un dos lugares máis interesantes da provincia: pesca fluvial, senderismo, deportes de agua, etc.

Na fotografía vese a zona da que estou escribindo e que ten aproximadamente 10 km.

Estas minicentrais, feitas nesta zona estropean o río de forma increíble, os donos dirán que xa existían, certo, pero as actuais multiplican por 100 as tomas de caudais e deixan o río esfolado.

OURENSE TEN UNHA RIQUEZA EN RÍOS QUE OS NOSOS POLÍTICOS NON SABEN VER.

¡¡ OU SON CEGOS OU SON IÑORANTES!!.

 

Última hora ( octubre de 1999) : o Concello de Arnoia recibirá 700.000 pts anuais por estas minicentrais...e por si fora pouco o gran negocio, recibirá o 20% dun parque eólico que se pretende montar en Coto de Novelle, coa empresa Hidrogiesta, a propietaria das minicentrais. Según Rogelio Martinez , alcalde de Arnoia : "é positivo para o Concello". Tamén recibirán un 1.5% da producción a cambio dunhas licencias de pasos subterraneos.

Redondeando 1.700.000 ó ano, por deixar facer á empresa anterior o que lle de a gana.

Sin comentarios...

O río Arnoia está sendo explotado a conciencia polos minicentraleiros que están a desfacer os ríos galegos con total impunidade. Un auténtico negocio impresentable.

-------------------------------

 

 

PASARON 14 ANOS.  ESTAMOS  NO 2012.  ¿COMO ESTÁ  O RÍO ARNOIA?

Río Arnoia por debaixo de Baños de Molgas.

 

Algunas  Consideracións:

   En canto á limpeza do río mellorouse na parte intermedia, pero moi deficiente en outras zonas. Hai moito que facer e moito que depurar. As depuradoras instaladas son de baixa calidade, e ademais en algunhas houbo moita trampa, ou non  funcionan ou no hai cartas para facelas funcionar ou ben non sirven para nada. O resultado é deficiente por non decir outra cousa.

Unha mostra do que  digo deuse no verán de  2011, ver como iba o río:

Baños de Molgas. Río Arnoia eutrofizado. Razón? Está clara...Descoñezo o autor da fotografía.

A partir de A Merca o río vai moito máis sucio. En Puentegrande recibe ó Orille que ven francamente mal, Celanova debe depurar pouco e mal...

O río Arnoia está pedindo a berros unha limpeza integral e  un análisis a fondo das depuradoras de: Arnuide, Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambia, Allariz e  Celanova.

Tamén as granxas s contribuen ó deterioro.

Outros problemas: os puríns na parte alta e media, algunhas obras como o Ave, etc.

Este era o aspecto de Allariz a finais do verán de 2011. Descoñezo o autor da fotografía.

 

Pola contra melloraron o couto de pesca da troita de Medos, tanto en limpeza como en troitas, así como o couto de Allariz. No vexo mellora no couto de Pontegrande.

Vexo melloras ambientais en Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira, Allariz e Outomuro. En  Allariz sobre todo.

Maceda. ben có río, mal coa depuradora...Fotografía S. Lorenzo.

Xunqueira de Ambia. Ben có  río...Fotografía S. Lorenzo.

O Parque do Rexo pode non gustar, pero é  un lugar a visitar. Ó principio non me decían moito ass árboles pintadas e as pedras, pero teño que recoñecer que o lugar ten un equilibrio e gusta moito, cada día máis... O que desdice é a minicentral, que por certo leva  tres anos sin funcionar.

Pontillón no río Arnoia. 45 m. Marabilloso. O lugar está cuidado e limpo, cousa rara bos tempos que corren. Fotografía S. Lorenzo.

Detalles de Ibarrola. Cada día que os vexo gústanme máis... Hai poucas  árbores pintadas...Fotografía S. Lorenzo.

A presa do Rexo é marabillosa. Nesta  presa había en tempos unha minicentral que era totalmente compatible có  río. Fotografía S. Lorenzo.

Un lugar para poñerse en contacto cós deuses e as ninfas do lugar e da paisaxe... Fotografía S. Lorenzo.

O Rexo merece una visita. Gusta a la gente.

 

En Allariz está todo a punto, como debe ser. A miña enhoraboa a un pobo que supo acondicionar o río e que enseña o río como unha xoia a disfrutar...

Hai xente que non entende nada....

pero non todos son iguais...

Unha das moitas imáxes fantásticas que se poden ver en Allariz. Teñen todo  impecable, dende este ponte ata a última tosta. Enhoraboa.

O tema das minicentrales resulta impresentable e afecta moi moito ó  río Arnoia sobre todo na parte central e baixa do seu canle.

É certo que non se fixo o gran encoro que estaba proxectado cara a Cartelle pero pola contra fixéronse dúas minicentrais que son grandes presas para o río: a de Rubillós e a da Peneda.

Minicentral do Rexo: non funciona por deficiencias no conducto da agua, xa que sempre foi impresentable e feita con pouca cabeza.... Un arma de matar:

Por este canal, a minicentral do Rexo leva tres años sin funcionar (2008-2011). Non  me estrana, era un arma de matar.

Esta minicentral é do Concello de Allariz e seica ten accións Engasa, así lles vai...

Minicentral de Rubillós: una obra moi grande para o río. Deixa tres kms de río inservible, peligroso e impresentable. Por riba fanno Coto libre Sin morte. Non debera funcionar mentras non arranxaran a zona, é un arma de matar. O de couto é impresentable e unha burla os pescadores e a xente que pensa...

O río impresentable cheo de pedras e terraplenes impresentables.... Ver fotografías.

Esta minicentral é de San Miguel. S.A.

Minicentral de A Peneda. outro desastre na zona.

Minicentral de A Peneda. Una gran central en toda regla. Ver link.

Esta minicentral é de Fenosa Generación S.A.

 

 

 

Por un río Arnoia limpo. por un gran río de Ourense. Por o noso río, enteiramente noso, xa que toda a súa lonxitude  58,5 kms. están na nosa provincia.

Coidemos o río Arnoia.  Noso mellor río.

Fotografía S. Lorenzo.

 

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

Os que queirades profundizar e coñecer este río un pouco mellor vouvos recomendar o libro dun amigo J.B. Reza, un experto neste río, pescador e fabuloso escritor:

O  libro está publicado no 2012 pola Confederación hidrográfica do  Miño-Sil.

 

salir.jpg (922 bytes)