salir.jpg (922 bytes)  ©  S. Lorenzo Fdez .1998

Ríos Ourensáns : río Avia.

email.gif (985 bytes)

O río Avia pola zona de Bieite, un gran río que dende esta páxina reivindico. Fotografía Secundino Lorenzo.

As primeiras referencias de Avia e Avión son  do século IX , según di   Frutos Fernández Glez no seu libro "Nomes do Ribeiro".  Etimolóxicamente. Avia e Avión pertencen a un grupo de hidrónimos no que están entre outros Valdavia, Avión, Abiego, Aviño e outros. Na súa base está a "auga en movemento" e as "correntes de auga" entre outras...

Río Avia e ó  fondo Ribadavia. Fotografía de Julio Puentes.

 

DATOS TÉCNICOS do río Avia:

Nacimento : na Serra del  Suido preto de Avión. Vexetación predominante:  incultivo  e subdominante cultivo. (Na parte baixa: viñedos)
Desembocadura: no río Miño, preto de Ribadavia, en Coto do Frade. Material xeológico: micacitas.
Afluentes principais:  Dereita:regatos de Valdeiras,  Doade, Ferreiro,  Eirexe e  Maquiáns.  Esquerda: Couso,  Cardelle,   Viñao,  Arenteiro, e Varón. Tipo de rotación de cultivos: centeo, trigo, maiz, viñas.....
Longitude : 37 km Densidade de gando: 2.6  vacuno/Ha.
Superficie conca: 643 km2 Densidade explotacións: 13.2  nº expl./km2
Densidade población:  59.3 hab/km2 Precipitacións: 1502 mm.
Diferencia entre cotas:  1000 m. Deficit hídrico: máis de 90 días
Pendente : 4.6º Días non útiles pra verquidos: 232 días
Textura do suelo: areoso. Aceptación choiva: moi alta
Porcentaxe de Concellos que compoñen a conca: Avión 20%, Beariz 10% , Irixo 20%, Boborás 20% , Carballeda 10%, Leiro 10%, Carballiño 10%. Ribadavia ? %. ( Esta é a ocupación da conca que comprende os Ríos Arenteiro, Avia e Viñao). Risco de contaminación: 2.4/3

( Fuente : As concas fluviais de Galicia. Francisco Díaz. Avelino Nuñez y Eugenio López.)

Nota: non poño o gran estudio de caudais que aparece no traballo xa que hoxe o caudal ben marcado única e exclusivamente por Unión Fenosa Generación S.A. que é a dona do encoro e fai o que lle da a gana. Os interesados podelo ver no libro citado, onde febreiro era o mes de máximo caudal e setembre o do mínimo.

 

Mapa onde aparece o río Avia nacendo na Serra do Suido e desembocando no río Miño por debaixo do Encoro de Castrelo. No mapa sitúanse algúns dos principais afluentes como o Valdeiras pola dereita e pola esquerda o Couso, Cardelle, Viñao, Arenteiro e Varón.

 

 

Comentarios xerales sobre o río Avia:

 

Seguramente o maior pontillón de Ourense. Río Avia en Salón. Hoxe debaixo deste pontillón pasa un minúsculo regatiño, o río Avia. Unha vergoña. A fotografía é de Otero Pedrayo, sacada do seu libro "Os ríos galegos" de edicións Castrelos 1977. O encoro de  Albarellos impide a varios kms. de río que leve o caudal adecuado. Vai seco.

En maio deste ano 2012 fun ata zona ver este pontillón, realmente deume pena. Está en Salón e si o queredes ver basta pasar a Ponte do Viñao e sae un carreiro que vai directo, soio 10 metros o río Avia. Na zona desemboca o río Viñao que ese día lle daba a auga a un gran río como o Avia. Ver as fotografías:

A foto de otero Pedrayo está sacada de Sur a Norte, esta miña o revés, pero o pontillón é o mismo. 50 metros de largo medidos por mín. Hai algún maior en Galicia, penso que non.Fotografía Secundino Lorenzo. Maio 2012.

O pontillón é unha auténtica marabilla, feito de pedras de granito e ben asentado en columnas. O río Avia ese día con un pouco máis de caudal que fai dez anos, que non traía ningún, pero casi morto. Deume pena o río Avia, Salón e este pontillón. Fotografía Secundino Lorenzo. Maio 2012.

 

 

 

 

Do pouco que queda en Ourense, un pouco virxen, polo menos os ríos están limpos, realmente da gusto. O encoro de Albarellos recolle cantidade de ríos e regatos marabillosos: o Avia o Couso, Corbelle, Folós, Valdeiras e un longo largo etc. Todos eles maravillosos e inda no 2002 en bastante bon estado.

Vexamos unha pequena mostra fotográfica:

 

As fotografías están sacadas preto do pobo de Beresmo, tanto no río Avia como no río  que ten a praia fluvial que é o Valdeiras. Son ríos moi limpos, cuns pozos que se lles ve o fondo de 3 a 4 metros, unha auténtica marabilla a conservar. Fotografía S. Lorenzo.

 

Río Avia  por debaixo de onde sae a auga das turbinas. Pazos de Arenteiro. Fotografía S. Lorenzo

 

En moi mal estado. Moi afectado polos verquidos e polas continuas subidas e baixadas de  nivel provocadas polo encoro de Albarellos. Por debaixo deste encoro, no mes de maio o río queda sin auga nun tramo de 4 kms. Para chorar.

É unha burla que Medio Ambiente  teña catalogado como couto troiteiro desde Leiro a Ribadavia no ano 1998. Total 8 km.

Posteriormente mellorou moito.

Río Avia. Ponte de San Clodio. Fotografía Secundino Lorenzo.

Ver fotografías do couto.

Por si fora pouco,  e demostrando todo o dito,  a UE ( ver Voz de Galicia do 25-05-98) da A Leiro como un lugar onde non se deben bañar as persoas. Incríble que esto ocurra nun couto. ¿ Que fai Medio Ambiente? . ¿Que fan as autoridades da zona?. É demencial...

Parece ser que en 1999 están os problemas solucionados e a xente pódese bañar ( xa veremos ata cando...).

En Leiro no 2002 pode bañarse a xente. Confirmado. Río Avia. Foto S. lorenzo.

 

As  repoboacións dos derradeiros anos, sen pé nin cabeza, un engano para o río e un engano para os pescos de troitas. Case sempre se limitaron a botar o rio as famosas "pachangas", troitas moi grandes, para que se divirtan os pescos os primeiros dias de abrir a veda. O ano 1998 soltaron 114 troitas de 38 cm e 600 de 28 cm. Un engaña pescadores...

En 1999 volven coa misma táctica e soltan: 100 truchas de 27 cms. , 286 de 36 cms e 100 de 35 cms. , aparte de alevíns 60.000. A repoboación é moi forte e eso non se lle pode negar a Medio Ambiente, pero o problema é a CONTAMINACIÓN e eso non se arregla con estas soltas.

O tempo demostrou que estas repoboacións estaban feitas cós pes, sin ningún aval científico. Realmente estamos gobernados, con pequenas excepcións,  por xente analfabeta en moitos temas...O malo é que o final están convencidos de que saben e así nos luce o pelo. Inda por riba pagamos...

Un pouco penoso.

Unha vergoña.

O bosque de ribera da parte intermedia do río Avia é de amieiros e algún salgueiro. As plantas máis comúns son as cerudas, que en castelán chámanse celidonias. Fotografía Secundino Lorenzo.

 

 

A Veronza en Ribadavia. Río Avia. Fotografía de Julio Puentes.

 

 

Lastimoso, foi sempre unha pocilga, polo menos dende 1968 ano a partir do cal o pescaba moitas veces. Non sei si se tomarían medidas, penso que algunhas si. De tódolos xeitos o encoro de Frieira e o de Albarellos afectoulle moitísimo.

Hoxe estánse a tomar algunhas medidas,  pero segue en estado lastimoso. O Concello de Ribadavia recentemente bótalle as culpàs da contaminación o Concello do Carballiño ( este último dice que é mentira,  que vexan en Leiro como está o río que vai limpo).

Para por paz entre eles diréilles a miña opinión : " tan bon e Xán coma Perillán". O Concello de Carballiño ten o río aparte de envelenado ( dúas veces este ano)  feito unha pocilga, as augas que eu saiba sempre van río abaixo. Ahora ben, os de Ribadavia non se quedan atrás. O Concello de Ribadavia mira pouco polo río, polo menos nos últimos 30 anos.

O de Ribadavia por si fora pouco está a gastar unha fortuna en " arreglar as beiras", eu diría en rematar o río para sempre, si non, o tempo.

Río Avia en Ribadavia.  Foto de Mimia.

 

Resaltar o labor feito pola Asociación " Ridimoas" de Ribadavia pola recuperación das graveiras de San Cristobo e outras moitas cousas.

Resalta-la loita emprendida na comarca de Ribadavia pola Asociación Coto do Frade, dende estas lineas estou a súa disposición, son socio dende fai anos, xa que vexo que traballan con cabeza e están o loro de moitas falcatruadas que se fan na zona.... Recentemente, en marzo, con motivo do día contra os encoros recolleron 900 kg. de lixo entre a Veronza e a desembocadura do Avia. Unha máis.

Gracias polo anguieiro.

Río Avia, na Foz, xusto por debaixo da Ponte de ferrocarril. Este día levaba auga, dos ríos Arenteiro e Viñao entre outros. A central de albarellos non turbinaba pero o río Avia non levaba apenas auga en Salón, por riba de Pazos de Arenteiro. Maio de 2012. Fotografía Secundino Lorenzo.

O río merece outro trato. Perdón. Esquecíame que estamos en Galicia e os saneamentos dos ríos non interesan... non dan votos que é o importante ...

 

NOTAS :

    (*) O dia 22 de novembre de 1998, La Región de Ourense trae unha noticia que merece a pena resaltar: " Os Municipios bañados polo Arenteiro e o Avia buscarán unidos fórmulas para sanear estos ríos".

O parecer o día 27 de novembro porase en marcha unha plataforma ciudadán, por iniciativa de ADEGA, que conta có apoio do grupo Outeiro, Asociación de veciños Camiño, Asociación Comarcal de Empresarios e do Concello Municipal de Salud para buscar solucións de saneamiento á contaminación do Arenteiro e do Avia.

¡¡¡ A MIÑA MÁIS CORDIAL ENHORABOA.- ESTE SIN DUDA É O CAMIÑO !!!

Por certo en abril do 2002 inda non fixeron nada.

Posteriormente nada de nada.

--o--

(**) Sobre o nacemiento do Avia non teño as ideas claras e gustaríame telas. Uns dicen que nace en Avión,  en Fonte Avia. Mentras que outros dicen nace en Beariz en Porto do Carro. Dende logo no mapa da Diputación de Ourense, os dous ríos aparecen con ese nome, inda que o de Beariz pon Regueiro do Avia.

Otero Pedrayo no seu libro "Os ríos de Galicia" dice que o río Avia nace na Portela da Lama, no Concello do Carballiño e recibe pola dereita o río Avión que ven da Serra do Suido. ¿ Quen ten razón ?. Gustaríame aclaralo.

Persoalmente penso que nace en Fonte Avia, pero fáltanme datos. ¿ Quen me axuda ?. ( Fai pouco fixéronme esta pregunta unhos galegos que están en México, non supen contestarlles; gustaríame facelo.).

Para rematar o tema vexo que no dicionario Xeográfico Iilustrado de Galicia dice que "o río Avia nace a  880 m. de altitude, en Fonte Avia. (Ver libro na bibliografía)

--o--

 

    (***)  Nota Final : é de lei, ó falar do río Avia lembrar os meus mestres ná arte da pesca, mestres que usaron este río para as súas clases. Os meus mellores recordos para Manuel Portela, o mellor pescador que coñecín na miña vida de pescador de troitas, un maestro. Gerardo Alvárez  Vidal ( gran amigo xa falecido) outro mestre coa cucharilla; Braulio Soto (gran amigo xa falecido) e os seus fillos, auténticos fenómenos como pescos.    Pedro Gómez outro gran amigo ( que perdín a pista , si algún día lee estos textos non lle perdonaría que non mandase un e-mail). Para todos eles e outros grandes pescadores que había en Ribadavia e no contorno,  o  mellor dos  meus cariños e o máis grato recordo.

¡¡¡¡ Tempos aqueles no que ó Avia era un gran río !!!!

¿Volverá a ser un gran río? Moitas cousas teñen que cambiar...

--0--

¡Por un río Avia saneado e limpo!, os demais atributos xa o ten o río de sobra. ¡Polos seus anos troiteiros!, do mellor de Galicia.

Esta sensacional fotografía de Mimiá,  reivindica un río Avia marabilloso...

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Pasaron 14 anos  -    Estamos no 2012-    Como está o río Avia?.

Río Avia. Couto de troitas 8 kms. Leiro-Ribadavia. Fotografía de Secundino Lorenzo.

 

Decir como curiosidades que:

.-O río Avia salva en 37 km. de recorrido 800 m. cunha pendiente de 4,6%. O principio é un río tortuoso, con fortes contrastes entre os sectores achaiados ou levemente ondulados e os fondos encaixados.

Por eso se fixo o encoro nesa zona de Albarellos.

Encoro de Albarellos. Río Avia. 1972. Ten  90 metros de alto e 285 m de ancho. Embalsa 90,7 Hm3, xa que tamén colle o Viñao por medio dunha canaleta dende Cameixa /Boborás). De tódolos xeitos ten instalada pouca potencia  59 MW para o grande que é e o moito que estropeou. O ano é de 114 GWh é a súa producción. Empresa dueña: unión Fenosa Generación S.A.

Así era a zona onde se fixo o encoro, moi encaixada e estreita. Por eso se fixo...

 

Xusto por riba desta ponte medieval, a Ponte da Cruz hoxe medio desfeita,  desemboca o río Arenteiro no Avia. Foto de  Secundino Lorenzo. maio de 2012. A auga que leva dalla o Arenteiro e o Viñao, ese día o río Avia tiñao durmindo Fenosa-Gas Natural. Unha vergoña.

 

Río Arenteiro o que se ve a dereita da fotografía. De frente o río Avia, apenas sin auga ese día salvo a que lle daba o río Viñao a dos kms. máis arriba desta fotografía. Foto Secundino Lorenzo. maio 2012.

 

.- A partires da desembocadura do río Arenteiro a cousa cambia moito e faise máis chan, aparte que toma a dirección norte-sur. este feito permite os asentamentos humásn que hai actualmente.

Observar as voltas e reviravoltas que da o río Avia.  Esto é hoxe o encoro de Albarellos sacado do Google Earth.

O río Avia ten o índice de sinuosidade máis grande dos ríos galegos. Cousa curiosa.

.- O solo ten textura areosa capaz de absorver gran cantidade de auga no inverno. A zona pola que pasa presenta gran cantidade de paisaxes, como bosques de salgueiros ou salgueirais como un que hai en Leiro. Tamén bosques de amieiros ou samoeiros como se chaman en San Andrés: por eso o meu amigo e antiguo alumno do I.T.E.M. de Ribadavia,  Antonio Cajide, colleiteiro de viño do Ribeiro chama o seu viño  Sameiras,  en honor a estos bosques de ribeira convertidos en fincas de boas cepas que dan un viño dunha  gran categoría.

Beade. No fondo o río Avia. Fotografía de Mimiá. Na parte baixa predomina o viñedo. Enfrente Exposende e San Andrés.

.- No curso baixo predominan os viñedos e no alto árbores de tipo caducifolias, piñeiros e mato. O redor de Albarellos eucaliptos e piñeiros.

.- As súas augas foron moi ricas en troitas e tamén en salmóns. Hoxe moito menos. Por suposto o salmón xa non sube por culpa do encoro de Frieira, que na miña opinión foi un paso atrás xa que é o culpable de que non suba nin o salmón , nin as anguías, nin a lamprea e un longo etc.

.-O reximen é pluvial atlántico con certa degradación mediterranea, acusando un forte descenso  do caudal no verán a causa da estiaxe, o que da lugar a un reximen moi irregular. Esta degración ten o nome de efecto Föhn e está explicado perfectamente no libro de xeografía que poño na bibliografía.

Río Avia cun aspecto penoso. Fotografía de Xesús Fariñas 21/0972011. Unha entre moitas...

.- Hoxe o río Avia sigue cunha forte contaminación sin resolver. Moitas augas fecais van o río. Aparecen vertidos cada pouco.

 

Nesta fotografía sacada en maio de 2012 na Ponte da Cruz vese perfectamente ata que altura sube o río cando traballan as turbinas. Ver  a humidade do tronco da árbore ata onde chega. Metro e medio por riba da canle do río. Esto é un peligro auténtico...

.- O río sigue a subir e baixar continuamente, ademais de forma peligrosa. Fai pouco quedou illado un pescador en Leiro. Eu mismo quedei illado en San Cristobo e saín espido coa roupa, cana e cesta nunha man e chegandome a auga por riba dos ombreiros.

 

Río Avia en San Cristobo. Nese lugar hai unha insula no río que o divide en dúas partes. Pode verse na fotografía. Pois ben un día pescando do outro lado estaba tan baixo o río que estuven pescando dende ela o que é o cachón que sempre son posturas de primeira. O río que vedes subiu máis de un metro. En fin non quero nin pensalo... Salín espido e pensando que no peor dos casos nadaría e me salvaría...pero que mal o pasei!.  Ese é un problema grave que ten hoxe este río. Fotografía Secundino Lorenzo. Maio 2012.

.- Fixeron un couto libre sen morte dende Pazos de Arenteiro a Leiro.

Decir para rematar que o río Avia está pedindo a gritos  que se eliminen os vertidos e que se faga unha limpeza integral dende o encoro de Albarellos (que debe deixar un caudal moito máis grande e non o fío que sigue a deixar) ata a desembocadura no río Miño.

Evidentemente hai que facer o mismo cós ríos: Viñao e sobre todo o Arenteiro que é unha pocilga.

Logo facer unha repoboación con troitas autóctonas en lugares de fresas a estudiar.

Controlar de outra forma as subidas e baixadas de caudal.

O problema da morte dos amieiros no río Avia é moi grande e grave, vín cantidade dende San Cristobo ata Salón; akgún xa caídos o río...

Resolver científicamente e non da forma que se está a facer o tema da morte de centos de amieiros.

Finalmente que ...¿como está o río Avia en maio de 2012?: a vista do anterior mal.

 

Bibliografía:

  "As concas fluviais de Galicia". Francisco Díaz. Avelino Nuñez y Eugenio López. Col. Patrimonio Ecolóxico 1995.

  "Os ríos galegos". Otero pedrayo . Ediccións  Castrelos. 1977

  Dicionario xeográfico ilustrado de galicia. Tomo II, Pax. 275.  Xeogal Publicaciones S.L. 2009.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                O meu e-mail.