salir.jpg (1925 bytes) Sair. Secundino Lorenzo. 1998

Ríos Ourensáns : río Bibei.

email.gif (985 bytes)

 

Río Bibei en Ponte Bibei - Ourense. (Unha ponte romana marabillosa). Fotografía de Álvaro Pérez.

O río Bibei está, casi todo, embalsamado  (Personalmente digo así, seguindo a  Manuel Rivas,  cando casi todos os seus tramos son encoros)

Unha auténtica vergoña de río en casi todos os seus tramos.

 

 

A partir deste encoro un desastre. Os caudais ecolóxicos son un chiste...

     Do pouco que queda na provincia, sen lugar a dúbidas polo dificil e perigroso acceso o rio. Vai moi encaixonado e é dificil de andar. Sufre o mesmo tempo moitas variacións de nivel. Perigroso. É unha zona do máis troiteira da provincia e si non que llo digan o meu amigo Xurxo que me ensinou a zona. Sinto por el e moitos pescadores , incluso de Madrid que veñen a pescar o fin de semán a este tramo. Levarán unha sorpresa...

Recentemente ó alcalde de Viana ocúrreselle facer unha ou varias minicentrais na zona, para da-la luz a 52 pueblos da comarca. Incríble a idea deste mandatario. A todas luces non sabe o que trae entre mans. Esta zona é do pouco virxen da provincia e quere embalsamala.

Dende estas liñas direille que non sabe o que vai facer... é unha insensatez non explotalo doutro xeito...claro que seguro que a UE darelle os cartos e non gastará un can...pero deixará o río embalsamado en tódolo seu cauce e sin dúbida será lembrado, polo menos por esta folla www...¡¡¡¡ Sr. Alcalde pensee o tema duas veces, desplácese a zona e vesa o que ten... seguro que nona coñece !!!.

     Lastimoso. Unha burla para o pescador e para o  turista que se acerque. Na cabeceira do coto ten un estercoleiro. Atopei unha lavadora no medio do río, fai dous anos, pero a verdade é que había de todo. Esto pode levantar bastante polvareda, pero é certo e hai que decilo co ánimo posto en que hai que reparar a zona., é una vergoña. Inda por riba paguei 500 pts. por pescar no coto.

Este ano 1999, non é coto, pero de seguro que o estercoleiro segue aumentando. Sr. Alcalde eiquí ten un asunto importante por resolver....

Troita pescaba no río Bibei en maiyo del 2001. Soio pesou 6 1/2 kg. e medía 85 cms. O río Bibei tiña moitas troitas deste estilo, morreron a centos cando se fixo o encoro do Bao, contado por xente que traballou neste encoro, e inda vive e fala, unha desfeita.

É o terceiro río  de importancia en Ourense, pero unha empresas hidroeléctricas como Iberduero( agora chámase Iberdrola) téñeno "machacado" unha auténtica pena. Para chorar... A Consellería de Medio Ambiente de Galicia non dí nada, traga, cós ríos non está a facer nada, que pena...

Esta troita, pescada no encoro do Vao o  20 de marzo del 2002 pesou 11,250 kg. todo un record. Máxime cando  únicamente midiu 60 cms, observar a troita da ezquerda con 85 cms.  e únicamente 6,500 Kg. nos encoros poden darse estas troitas atípicas.

Na fotografía José Pérez, un veciño de Verín que non salía do seu asombro.

O que xa sabíamos é que o río Bibei sempre tuvo exemplares de troita espectaculares.

 

 

 

Moi mal casi non hai río. En alguns sitios o río vai por un tunel. Polos codos de Larouco moitas veces vese o río sen auga, e incríble cando nese lugar xúntanse o río Bibei e o río Xares e vense as augas paradas . É penoso.

Río Bibei hace muchos años en los codos de Larouco. Fotografía de Pacheco.

Ponte Bibei. A poucos kms. desemboca o río Bibei no Sil.

Zona de Larouco, moi pouca auga. O caudal ecolóxico hoxe é minimo. En tempos foi 0%

Por debaixo do encoro do Bao e na zona de Larouco. Desembocadura do río Xares, sin auga.

 

DATOS TÉCNICOS DO RÍO BIBEI

Nacimento : Na Serra Segundeira. Rotación cultivos: cultivada
Afluentes importantes: Por la izquierda el Camba. Por la derecha: el Xares. Pendente: 8.2º
Superficie : 598 km2 Textura suelo:Arenoso
Diferencia cotas :1430 Dias non útiles vertidos: 188
Longitude: 46 km Acept. choiva invernal:alta
Densidade población: 28 hab/km2 Precipitacións: 1430 mm
Densidade ganado: 0.8 vac/Ha Deficit hídrico: 60-90 días.
Densidade explot: nº 8/km2 Risco contaminación.: 1/3
Material xeológico: granito Porcentaxe ocupación: Manzaneda 10%; O Bolo 20%; Trives : 30%, Viana: 40%.

O RÍO BIBEI ACTUALMENTE ESTÁ EMBALSAMADO POR IBERDROLA. O ÚNICO TROZO QUE QUEDA SIN EMBALSAMAR VAINO COLLER DE MAN O ALCALDE DE VIANA E FACER UNHA OBRA PARA PERPETUARSE. PENOSO. DESDE ESTA FOLLA SINTO DE CORAZÓN A DESFEITA DUN FABULOSO RÍO.

¡¡¡ SR. ALCALDE NON META A PATA , PREPARE ESTA ZONA PARA O TURISMO RURAL, FAGA PROPAGANDA DA MISMA,  SACARÁ A LARGA MÁIS CARTOS E SERÁ BEN RECORDADO...!!!!.

Comunícanme que no nacemento do río, preto de Puebla de Sanabria , está programada unha minicentral. O que faltaba. Pobre río Bibei...

flecha.jpg (1051 bytes)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O RÍO BIBEI NAS ERMITAS.

Río Bibei en Las Ermitas. Un río masacrado por Iberdrola. Lo siento por el río era fantástico.

FAI 40 ANOS.

Foto do río Bibei antes de facer o encoro do  Bao. A Fotografía é de Santa María del Villar e está sacada do libro Fisonomía e alma de Galicia" de Dr. A. Rodriguez.

Unha foto histórica  que demostra como era o RÍO BIBEI: UN RÍO BRAVO, UN RÍO CAUDALOSO, UN RÍO SENSACIONAL.

HOXE ESTÁ MORTO.

Creo que a demostración É evidente.

ANO 2000.

O río Bibei no Santuario das Ermitas, simples pozas de agua, nada máis, o caudal ecolóxico que deixa Iberdrola, tanto no verán como no inverno soio permite vivir as rans.

 Non é normal que medio ambiente permita estas explotacións salvaxes e que non respetan para nada o río.

Así lles luce o pelo os ríos de Ourense, con estas desfeitas non me estrana...

 

Ver fotografías históricas deste río sensacional.

 

Río Bibei actual. Por debaixo das Ermitas.

Río Bibei. Fotografía miña do mismo día da anterior. As Ermitas.

 

Hoxe esta zona está debaixo do encoro do Vao,   de Viana.

Río Bibei en Viana. Facendo a Ponte actual.

Sin dúbida estas fotografías son históricas. Esta paisaxe xa non existe, hoxe está cuberto polo encoro do Vao. Xusto en Viana do Bolo. Ourense.

O río Bibei en tempos. Ponte Bibei.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DATOS HISTÓRICOS.

Fotografía de Tomás Vega. También asentemos en esta bandera

al río Bibéi, que algo es nombrado,

que va por Viana, también por Sobrado.

La sierra do nace se diz Segundera,

y así prosiguiendo su vía y carrera

le viene el Morisco del monte Laroco,

más dúrale a entrambos su nombre muy poco,

que el Sil se les muestra la parca tercera.

Así escribe o Licenciado Bartolomé Sagrario de Molina na Descripción del Reino de Galicia,  de este sensacional río ( hoxe defenestrado).

Este río del Bibéi es de los buenos de Galicia. Nace en la sierra que llaman Segundera, y luego viene a dar por Viana do Bolo. Esta es tierra fértil que abunda de mantenimientos, en especial de ganados, puesto que por la mayor parte toda Galicia está abastada de esto, que no se gasta la mitad en ella, proque gran parte se lleva a Castilla. De allí viene por Manzaneda, y luego por el coto de Sobrado, que nace en la sierra del Bolo, y viene por su puente del Morisco a dar al Bivéi, y luego de aquí va a dar en el Sil, cuando este Sil sale del Monte Furado, como arriba dije.

NOTA : ESTA É A RESEÑA, DEDUCIR DE ELA QUE O RÍO BIBEI ERA UN RÍO SENSACIONAL É EVIDENTE.

DENDE ESTA FOLLA WWW BERRAR QUE:

¡¡¡ IBERDROLA CUMPLA A LEI FLUVIAL DE GALICIA E CUIDE O RÍO.!!!

As veces os ríos demostrasan o que son.......é nonos deixan ser nin parecidos.....

Descoñezo o autor da fotografía.....gracias.

 

 

 

1