|
|
Ríos Ourensáns : río Támega. |
|

Río Tamega por Laza.
DATOS TÉCNICOS:
| Nacimento : na Alberguería preto de Prado. | Vexetación predominante: árbores e cultivo. |
| Desembocadura: no Douro, xa moi entrado en Portugal. | Material xeológico: micacitas. |
| Afluentes principais: Dereita: río Bubal. | Tipo de rotación de cultivos: centeo, trigo, patacas, barbeito. |
| Longitude : 38.5 km | Densidade de gando: 0.8 vacuno/Ha. |
| Superficie conca: 669 km2 | Densidade explotacións: 6.7 nº expl./km2 |
| Densidade población: 32 hab/km2 | Precipitacións: 1157 mm. |
| Diferencia entre cotas: 1000 m. | Deficit hídrico: máis de 90 días |
| Pendente : 2.26º | Días non útiles verquidos: 193 días |
| Textura do suelo: arenoso. | Aceptación choiva: moi alta |
| Porcentaxe de Ayuntamientos que compoñen a conca: Laza 40%, Castrelo 10% , Verín 10% , Monterrei 30%, Oimbra 10%. | Risco de contaminación: 2.4/3 |
( Fonte : As concas fluviais de Galicia. Francisco Díaz. Avelino Nuñez e Eugenio López.)

Consideracións sobre o río Támega:
Foi un gran río ata non fai moito, sobre todo pola zona de Laza.
A partir de Verin, fai xa moitos anos que é un desastre. Moitas arrabazas, debido sen dúbida os vertedeiros incontrolados e os deterxentes que se botan o río en Verin.
En Verin oín que iban limpalo. Trataremos de confirmalo.
Para que se fagan unha idea o día 15-03-98 realizouse unha limpeza de 3 km. de río e sacáronse 5 Tm. de basura. Vivir para ver.
Este río está pedindo a gritos unha limpeza integral de toda a súa conca. Penso que é perfectamente recuperable e debe recuperarse. O río Támega é como un Dios para o Valle que leva ese nome.
Felicitar dende estas lineas a labor do colectivo "Senda Verde". Gustaríame que me tuveran enterado das súas actividades. O fin e o cabo defendemos o mismo. Un saudo.
A CEE ( ver Voz de Galicia do dia 25-05-98) puso á zona de Verin como non apta para bañarse. É incríble. Seguro que a xente de Verin non se enterou naquela data.
¿ Que fai medio ambiente para recuperar este río ? . ¿ Por que non se informou á población deste peligro ?. Incríble.
Recentemente, xunio de 1999, parece que entrou en funcionamento a depuradora. Dende logo o río ó día 10-06-99 viña coas augas limpas, esperemos no sexa un espexismo producto das eleccións locais.
Estado de conservación:

Arrabazas no Támega.
- Tramo Nacimiento-Verin:
O río Tamega no couto de Laza. Matamá.
Moi pouca troita. Moi esquilmado o río en todo o tramo. O decir esquilmado non me refiro polo pescador, refírome os verquidos, na provincia de Ourense tense o costume de tirar todo o río de tal xeito que podemos atopar no río de todo, desde lavadores ata cociñas, etc..
Esquilman tamén o río os envelenamentos masivos de zonas ( o último o dia 17-07-98 con morte masiva de troitas e peixes) , con todo tipo de "artes", os ríos están cheos de botellas de lexía, ¿ por que será ? . Nesta zona tén un couto.
Río Támega no seu primeiro tramo, preto do pueblo Castro de Laza. Un río encantador pero moi descuidado. A fotografía está sacada dun libro de Antonio-Augusto Diéguez Añel titulado Támega, un libro que rezuma en tódalas súas páxinas un amor incríble a un val tamén incríble. " El río -el Támega-siempre presente como un Dios que lo anima todo, lo atraviesa silenciosamnete - su paso entre pequeñas cascadas y mansos remansos, es como un arrullo continuo en medio de la colina- para mezclarse con las aguas del gran Duero y alimentar la inmensidad del mar". Trozo do libro antes citado e que merece a pena.
Este ano 1999, foi repoboado con troita común, en total 18.000 troitas pequenas, un máximo de 14 cm. Si se limpa o río, poden ir arriba.
Nota de febreiro do 2000 : aparece o río Tamega en Verin contaminado nun tramo. Pode se-la depuradora que non funcionou ben...sin comentarios.
- Tramo Verin-Frontera Portuguesa:
Lastimoso. É sin lugar a dúbidas o tramo que peor está.
De tódolos xeitos non entendo como non se aproveita este río, é unha maravilla e turísticamente podía ser moi rentable, xa que Verin é maravilloso e pode ofrecer moitas cousas os novos turistas das riquezas verdes, que van en aumento ( goza de tres manantiais de augas termais que son os mellores da Provincia de Ourense. Aparte hai que decilo o Val de Verín, o Val do Támega é do mellor da Provincia.
Recentemente os Portugueses de Chaves protestaron xa que o río chegaba infame ( verán de 1998) , contaminado completamente. Non me estrana xa que ningún pobo depura e o índice de contaminación é moi elevado.
¡¡ Os pobos do Val do Támega teñen que cuidar máis o seu río é a súa vida !!.