©  S. Lorenzo Fdez . 2002.

Ríos Ourensáns: río   Xares.

email.gif (985 bytes)

Río Xares marabilloso. Fotografía S. Lorenzo. 2011

Según Elixio Rivas no seu libro "A auga na natureza",  a palabra Xares  semella so ser variante da palabra Sales,  e esta a súa vez "son ríos que corren entre lameiros, entre outros"...

 

DATOS TÉCNICOS do río Xares:

Nacemento : na Serra do Eixe en Pena Trevinca a 2114 m . Vexetación predominante:  incultivo e subdominante cultivo.
Desembocadura: no río Bibei a altura de Larouco. Material xeológico: micacitas.
Afluentes principais:  Esquerda o río Corzos e Canda. Dereita o río Requeixo. Tipo de rotación de cultivos: centeo, trigo, patacas, barbeito.
Longitude : 32.5 km Densidade de gando: 1.1  vacuno/Ha.
Superficie conca: 311 km2 Densidade explotaciones: 3.4  nº expl./km2
Densidade población:  11 hab/km2 Precipitacións: 1382 mm.
Diferencia entre cotas:  1450 m. Deficit hídrico: máis de 90 días
Pendiente : 13.6º Días non útiles verquidos: 162 días
Textura do suelo: arenoso. Aceptación choiva: moderada.
Porcentaxe de Concellos que compoñen a conca: A Veiga 90% , O Bolo 19% Risco de contaminación: 1/3

( Fonte : As concas fluviais de Galicia. Francisco Díaz. Avelino Nuñez y Eugenio López. 1995)

 

( Fonte: As concas fluviais de Galicia. Francisco Díaz. Avelino Nuñez y Eugenio López. 1995)

No mapa fixen de maneira de resaltar o río Xares, engadín os afluentes Canda e Corzos así como o pobo de Alberguería (un detalle meu a un pobo que amo de verdade e que está vivo no meu corazón)

Mapa do río Xares. O encoro  de Prada deixou asolagado o gran pobo de  Alberguería, por certo do que son fillo adoptivo, por eso é o único pobo que poño no mapa... Ver a historia de ese gran pobo, o máis  grande dos treinta pobos que tiña o Concello  de A Veiga (Ourense) no ano 1958. Dende logo hoxe é o pobo máis vivo do Concello, sin lugar a dúbidas...

 

Algunhas consideracións:

O perfil  do río Xares mostra dous tramos de moita pendente, alternando con dous tramos de pendente morna.

O primeiro vai dende o nacemento ata 1200 metros cunha pendente do 14%. O segundo ata os 780 metros aproveita a depresión de A Veiga e vai cunha pendente do 1,6% ata Alberguería.

Xustamente en Alberguería racha esa pendente aparece outra de 9,6% nas chamadas "das costas" ou tamén o Estreito de Alberguería, xustamente onde se fixo o encoro de Prada.

Este perfil explica porque se fixo o encoro de Prada que asolagou o pobo de Alberguería totalmente. As condicións son as idóneas. Efectivamente observar no perfil que a 32-33 km. ten unha caída. Nesa caida, no comenzo, fíxose o encoro de Prada.

O último tramo é maina a pendente do 1,5%.

 

 

Fotografía do río Xares. Fora do couto. Por riba da desembocadura do río Canda. Foto S. Lorenzo. 2011

Por certo esta é a Presa da Marela, moi mala de badear xa que ten por riba dos tres metros de altura, pero sempre hai forma de facelo, sin ter que subir polo monte. (Información específica para Lari.)

Río Xares. 08/05/2012. A Ponte. Efectivamente baixaba dos neveiros, con moita auga do desxeo,  o río iba moi cheo ese día. 08/05/2012

O río Xares no pobo de Xares por debaixo do Hotel El Ciervo. 08/05/2012. Fotografía Secundino Lorenzo.

-0-

...¡El Xares! Río truchero, de perfil quebrado, que bajaba de los neveros de A Ponte, muy cerca de Peña Trevinca, a trote y con prisa, entre roquedales, sobre arena fina y cantos rodados, para perderse en las entrañas del Bibei, del Sil, del Miño, del mar.

   Y un poeta para cantarlo."...  Victor Campio.

-0-

O río Xares por riba do pobo de Xares, onde está o Hotel "El Ciervo". Ese día 08/05/2012 os neveros deste río estaban soltando auga as cheas, incluso con abundante desxeo.

 

Couto do Xares: A Veiga

 

Mapa dibuxo do couto, actualizado a maio de 2012. Por certo moi curioso o refuxio.

Aproveitaron unha rocha e dentro efectivamente fixeron un refuxio onde hai ata lareira. O malo do tema é que moitos galegos non saben usar o que é de todos, estaba un pouco sucio e con desperdicios. Observar que ata ten chiminea. Por certo na fotografía está o meu amigo e compañeiro de pesca e paseos Xulio (Páxaro).

No refuxio hai tamén unha mesa con bancos feitos de cemento, xa que si non durarían pouco. Todo un detalle de Medio Ambiente que deberan repetir en moitos ríos...Na fotografía éstán Secundino L. o que escribe e Xulio (Páxaro) na bolsa había uns chourizos, bebidas e unhas froitas. A bolsa volveu con nós a casa, o demáis non...

200 m augas abaixo do rio Canda ó Pozo de Mouros

     Debe ser do pouco que queda na provincia en bon estado. De tódolos xeitos  a última vez que o pesquei, tiña moita troita pequena e notei moita repoboación indiscriminada.  Nesta zona, como xa está dito,  é couto de pesca da troita.

Fotografía da parte alta do couto.

Parte superior do couto. Por riba da Ponte de Valdín.

Parte superior do couto. Por riba da Ponte de Valdín. Por debaixo da desembocadura no río Canda.

Fotografía da parte baixa do couto.

As fotografías anteriores son do autor da www, perteñecen ó couto do Xares e fueron sacadas o día 10-01-2002. O río, hai que telo en conta, a pesar da data, xaneiro do 2002, viña prácticamente no estiaxe. Sobra decir que é un río sensacional.

Couto do río Xares. Fotografía S. Lorenzo. 2011.

Couto do río Xares. Tosta preto de Baños. Fotografía S. Lorenzo.

 

Este ano (1998) foi repoboado con unha solta de 19.935 troitas comúns dun máximo de 14 cm. En 1999 botáronse 20.000 alevins de 2 cms. No 2.000 tamén botaron alevins vesiculares, concretamente 10.000. Penso que se están facendo ven as cousas nesta zona. Hai que decilo.

Ollo que está aprobada unha minicentral nun afluente deste río, concretamente no río Canda, os minicentraleiros chegan a tódolos sitios. Sin dúbida vai a perxudicar grandemente a zona. O tempo ...

 

Río Canda, afluente do Xares pola esquerda, xusto onde comenza o couto. Este día iba un poco cheo e un pouco sucio coas choivas. 08/05/2012. Fotografía S. Lorenzo.

 

Un pouco máis arriba do anterior e pola dereita desemboca outro bon río: O Requeixo.

 

Non comprendo, como unha zona que deberá ser declarada Parque Natural ou zona protexida ou similar permite estos mamotretos de presas. Esto é, que os alcaldes da zona deixan facer...¡¡ Un desastre , si se leva a cabo!!.

Última hora, xaneiro do 2001 : a minicentral foi rexeitada. A zona debera ter festa rachada. Enhoraboa.

A parte alta do Xares é unha zona preciosa. Según Antonio Villarino no libro Espacios naturais de Ourense:  a zona está ameazada polos incendios, a caza (especialmente considera negativo o cercado cinexético do couto de Xares), os proxectos turísticos con pouca cabeza e o excursionismo irrespetuoso.

 Leo na Voz de Galicia do día 27-03-2000 que pretenden declarar a zona de "Explotación especial para caza e pesca" creando un gran couto para a zona que podría chegar ata Viana. Pois anden listos " si nesa zona se meten minicentrais díganlle adeus ate logo a zona para a pesca" e dende logo estanse a meter polo menos a do Xares, otra no Bibei alto e otro preto de Viana. Amigos móvanse...

 Para chorar. Esquilmado total. Nalgúns tramos non leva auga. Os encoros da zona, o encoro de Prada e o encoro de Santa Olaia (Eulalia)   fan o que lles dá a gana.

En tempos o tramo a Veiga- estreito de Alberguería, sobre dez kms, era un auténtico río,  cheo de muíños e de vida.

O río Xares a altura de Sta. Cristina. Ano 1950. O río cunha pendente de 1,6% transcurría entre lameiros e con moitos pobos a un e outro lado do río, tamén con moitas pontellas que unían estos pobos. Alberguería-Corexido-Meda;  Vilaboa-Candeda;  Sta. Cristina-Castromarigo-Casdenodres-A Veiga. Hoxe entre estos pobos non hai comunicación. Fixeron únicamente unha ponte na Veiga a 10 kms. Prometeron moito e non fixeron nada, os amigos de Moncabril, a empresa que fixo o encoro entre 1955-1958...

  Hoxe está zona está baixo o encoro de Prada que asolagou dende o Estreito de Alberguería ata 500 m. arriba de A Veiga (10 kms. de río).

Por certo o encoro de Prada deixou baixo as augas pobos preciosos como o de Alberguería, pobo que eu non coñecín pero do que me falan paisanos galegos que tuveron que emigrar a Arxentina, xa que lles deixaron sin nada cando se fixo o encoro. Neste link falo deste pobo: Alberguería, un pobo importante noutras épocas.

Pobo de Alberguería en 1958. Unha marabilla que inda sigue a vivir nos nosos corazóns...

 

Encoro de Prada a medio rematar e pobo de Alberguería a punto de desaparecer, ano 1958.

Fotografía do río Xares no ano 1956. "Voo americano". Vese perfectamente por onde iba,  que presas tiña preto de Alberguería, as Pontes, incluso os pasais a Corixido. Unha fotografía histórica que se completamenta coas dúas seguintes.

Río Xares en Alberguería onde decía Pascual Madoz que "hay abundante pesca de ricas truchas" . Claro que Madoz escribiu esto en 1850...

Este era o río Xares. Hoxe esta zona é a cabeceira do encoro de Prada. Tamén se ve o muíño de Amancio. Ver a seguinte fotografía. Esta era a Ponte que comunicaba Alberguería coa zona do Bolo.

Fotografía que xa non se poderá ver máis. O muíño de Amancio no río Xares xusto onde está o azud da presa. O río Xares era un gran río.

Encoro de Prada. Feito pola empresa Moncabril S.A. entre 1955-1958. Estreito de Alberguería. Río Xares. Hoxe a explotación do encoro faina a empresa Endesa.

 

Os caudais ecolóxicos da zona son para chorar.

 

Encoro de Prada por debaixo o caudal actual apenas deixa ver o río. Novembro do 2001, despois dun bon ano de choivas.
Encoro de Prada que deixou a Alberguería totalmente asolagado e a xente tuvo que sair do pobo. Ano 1958..

Este era o caudal o dia 08-11-2001. Realmente miserable, apenas había río Xares. Observar o caño, cun difusor na punta.

 

Río Xares en Novembro del 2001. Lastimoso. O caudal ecolóxico por baixo do encoro de Santa Eulalia  penoso.
Encoro de Santa Olaia ( Eulalia). Dende 1998 Endesa deixa un caudal penoso, ata ese ano o  río iba seco total.

Caudal ecolóxico por debaixo do encoro de Santa Olaia. Unha vergonza. O río vai medio seco dende este encoro ata a súa desembocadura no río Bibei.

Incrible. Non entendo como Medio Ambiente permite estos desastres na provincia de Ourense e menos nunha zona que está a padecer os maiores abandonos de poboación. A xente está desesperada non hai de que vivir na comarca, únicamente os pode salvar a súa beleza na natureza, os seus ríos, as súas serras, sendeiros, etc...si estos, os ríos,  están para o arrastre ¿ qué lles queda ?.

Fotografía de Pacheco. Río Xares.

Fotografía de Pacheco. Río Xares.

O encoro de Prada  fíxose no comenzo deste canón, precisamente no chamado Estreito de Alberguería.

Por debaixo do encoro de Prada o río despéñase e descende 220 metros en apenas 6 kms., encaixado en granitos e cunha montaña excepcional ( esto era fai 40 anos hoxe non se coñece).

O río Xares vai entre montañas que se ven na  fotografía ( menos mal que de momento o desastre non cambia as montañas).

En tempos era sensacional. Hoxe nesa zona está o encoro de Santa Olaia.

Capilla de Santo Tomé e Balneario de Mondón.:  outra fotografía histórica da zona. Por debaixo do estreito de Alberguería, marxen esquerda do Xares.

Unha zona increible. Unha zona,  eu penso que,  descoñecida polos ourensáns. Unha zona pouco protexida.

Unha zona que está da man dos Srs. de Endesa e os seus encoros. Realmente son os amos da zona.

Para min esta zona tal como está hoxe, en setembro do 2000 é deprimente.

A Consellería de Medio Ambiente debera meter man dura na zona...e polo menos esixir a lei...que menos...

 

Nesta fotografía vese o Balneario de Mondón e por baixo o río Xares. A fotografía é anterior a 1950.

Sobre o Balneario de Mondón ver este link do que son autor.

Río Xares, encoro de Santa Olaia. Lonxe na cima vese unha canteira que é onde está o encoro de Prada. A sensacional fotografía é de Ramón Vega.

 

Por debaixo desta zona está Portomourisco:

Fotografia de Dr. A. Rguez. Rguez.

A ponte de Portomourisco, famosa dende a antiguedade como paso sobre este río fabuloso.

Hoxe o río por debaixo non existe.

Dende esta página www reivindico que se devolva a este río a súa condición de tal, que se conserven os caudais ecolóxicos, en fin,  que o río Xares volva a ser un río non o roubo que é hoxe.

A Xunta debera tomar cartas no asunto e esixir a Endesa, un mostruo das finanzas, que presume de ecoloxista e respetar a natureza, que gañe menos diñeiro na zona ( un pouco menos) e que cumpla a lei.

Incríble. Non entendo como Medio Ambiente permite estos desastres na provincia de Ourense. Non se enteran ou non queren enterarse destas e outras desfeitas. Os donos das centrais e minicentrais parecen realmente os donos dos ríos da Provincia. Esta situación tén que rematar xa.

Teño observado nos Codos de Larouco que apenas hai auga, da a sensación de que sí, xa que se ven os pozos cheos, pero a auga non corre e está putrefacta. O caudal ecolóxico non existe ou e ínfimo (o menor que permite, o parecer, Medio Ambiente). Nos codos xa van xuntos o río Xares e o Bibei así que saquen consecuencias. ¡ É unha vergoña auténtica e non se entende como Medio Ambiente non fai nada!. Será que están Iberdrola e Endesa polo medio, por certo unha empresa eléctrica monstruo que presume de loitar polo medio ambiente. ¡ Vivir para ver !.

Ollo que de cando en vez abren as comportas, por suposto sin avisar e pódense producir máis de un accidente mortal.

As denuncias había que levalas a Europa, non se poden consentir que un río como o Xares ou o Bibei estén secos,  por exemplo na zona de Portomourisco. Hai que denunciar estos feitos.

En xaneiro do 2002, constato que o caudal ecolóxico é un auténtico engaño, incluso onde sae a auga colocaron unha pedra difusora para que parezca que solta máis auga. Realmente lamentable que ENDESA realice este tipo de actos e actuacións...

Realmente bota moi pouco a tubería que se ve na fotografía, xa que ten unha pedra difusora mismo por diante. Esta picaresca impresentable é moi típica en Ourense das empresas hidroeléctricas. Realmente é unha vergoña.

Este é o estado do río o dia 19-01-2002 co caudal anterior. Unha auténtica tomadura de pelo ós galegos.

¡¡ Xa vai sendo hora de que medioambiente investigue este caudal ecolóxico e meta as multas correspondentes e faga que corrixan o caudal.

Para rematar poño esta fotografía de Logio onde se ve o último tramo do río Xares, a punto de desembocar no río Bibei.

-------------------------------------------------------------------------------

O día 7 de maio de 2010 estuven pescando no Couto do río Xares, e escribin no foro da páxina web un texto co que me gustaría cerrar estos datos,  dun río maravilloso.

salir.jpg (922 bytes) Saír a Ourense Natural.                                          salir.jpg (922 bytes) Saír a Alberguería

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Un día pescando no río Xares. 10/05/2010

Si que me fai ilusión e moita. Levo anos tratando de conseguir en boa lide, sin usar recomendación, un permiso de pesca no couto troiteiro do Xares. Conseguino por internet a primeiros de ano e soio para este día.
O día preséntase moi malo, casi de neve, frio, din que choverá e non sei que máis. Pero dame igual...
Estarei a pe de río coa miña cana e pensando nos moitos pescos que dunha ou outra forma pescaban no río Xares en Alberguería como Tomás Prada o carteiro, o pai de Maruja, ou na ficción o Saúl e o Tito tratando de coller aquela gran troita do Pozo Grande, na sensacional novela "La marca del agua" de Santiago Palmeiro...
Eu tamén tratarei de coller unha troita grande ou máis pequena, a medida é 17 cms. e cando a colla brindarei con nostalxia por aquela xente que lle roubaron un bon día de maio do ano 1959 non soio o río Xares e as troitas sinon moito máis, moitísimo máis...
E direi ¡vai por eles!. Por suposto que tamén lembrarei a Ovidio, o meu amigo para sempre, cando, en calquera pozo deste río, pense naquela vez que fixo o rito da "Fraga dos mozos", pasando a outra orela nadando a braza...
¡Como te boto de menos!...Cantas historias inda non me contaras...e fúchesche sen facelo...

http://www.albergueria.es/deportes.htm#NADANDO_A_BRAZA_EN_EL_XARES.
Tamén irá o brindis por tantos e tantos amigos e amigas que teño actualmente, relacionados con Alberguería; e por aqueles que xa nos deixaron, pero que dalgunha forma tuven moitísima relación con eles como Obdulia Paradelo e Claudina Estévez entre outros.
Por suposto si non teño a sorte de pescar unha troita brindarei igual, inda que soio sexa co murmurio do río Xares...
 

Pois si que pesquei aquel día unhas truitas, como dicen na zona, marabillosas. ¡Vai por eles!

Río Xares, esta postura deume tres troitas marabillosas a pluma...

Ver as fotografías daquel día.

Volver o principio.