FENOSA ESTÁ REMATANTO A GRAN OBRA DO ASCENSOR DE SALMÓNS E OUTROS PEIXES. UN DÍA DESTOS FRAGA INAUGURARÁ O EVENTO. SEGURO... |
|
|
Anuncio a bombo e platillo da gran obra. Por certo a empresa constructora é unha especialista en elementos de esquí...Ve-la páxina www.
Neste mural figura a "gran obra, que senta cátedra (en bermello)...". A liña bermella marca o primeiro proxecto. A liña azul (posta por min) marca como queda o final. O circulo azul é onde chega o ascensor (telesférico), para seguir o canal de restitución ata o encoro. Actualmente pola liña bermella están a meter os canais de auga, imaxínome que para crear unha corrente de reclamo nas artesas.
Estas son as artesas, polas que se supón entrará o Salmón (??? realmente cóstame creer que este artiluxio funcione ou sirva para algo más que non sexa cubrir o expediente...) e dende aquí será elevado ata a presa. Por suposto tamén a anguía (imposible), o sábel, a saboga, en fin todo...
Nesta xaula amarela, traerán o salmón, a anguía (??), o sabel e o que se tercie, ata a cabeceira da presa...Nesta fotografía móstraxe o final do recorrido. De feito a rexilla que se ve a esquerda é o conducto que levaría o salmón ata o encoro.
Misión casi conseguida según Fenosa: exemplo de aproveitamento hidroeléctrico sostible??. Dende esta páxina decir de momento: que me costa crer que esto funcione, o tempo o dirá...
Vense as artesas e trazando unha liña recta á dereita chégase ó estanque do ascensor, casi na presa. Realmente de película de ciencia-ficción. O lector debe saber que este artiluxio o pagamos todos, xa que é cofinanciado pola U.E e Fenosa...Pasa con moito o millóns de euros... Por certo este é o TERCER ARTILUXIO QUE IMPLANTA FENOSA para conseguir o aproveitamento hidroeléctrico sostible (??) no encoro Frieira e polo tanto no río MIño... Decir que está en proxecto o CUARTO ARTILUXIO, seica son TRES MINICENTRAIS NA ZONA DE ARBO (vivir para ver...)
Este foi o primeiro "A ESCADA PARA ANGUÍAS", primer artiluxio impresentable. A fotografía está tomada en abril do 2004. a caixiña. que de desenrolo sostible soio ten a cor, está rota e inconexa. ¡Nunca subiu unha anguía polo invento!. Por certo pode verse, inda hoxe, na parte dereita do encoro. O conducto está roto e inconexo, realmente non serviu para nada...
Este foi o SEGUNDO ARTILUXIO INVENTO: unha grúa e unha sacadeira de anguías. Todo articulado e mecanizado. Moi ben pintadiña e todo moi san... Outro desastre. O MEU DESEXO é que o TERCEIRO ARTILUXIO, o máis caro, o máis sofisticado, o que "senta cátedra", o que pagamos todos os galegos e algúns europeos, funcione, penso que non vai ser así...
ARTILUXIO 3: o que "senta cátedra". A subida das especies migradoras: salmón, sabel, saboga, anguía (imposible), todo, absolutamente todo?, subirá por aquí. DESÉXOLLE O MELLOR. ABRIL DEL 2004. Realmente, dudo que sexa útil... En calquera caso o artiluxio non cumple a Lei de Pesca Fluvial de Galicia, xa que, supoñendo que subira algún salmón, (a anguía non subirá), ¿como regresaría?.. As escadas deben permitir a subida e a baixada. Si algún baixa espéranlle as turbinas e a morte...
Nota: O tema de elevar salmones con ascensores púsoxe en prueba en Francia fai máis de 10 anos. Incluso con cámaras de detección do salmón e procedementos totalmente automatizados. Resultou un fracaso. Resultados moi pobres. Subían poucos e non baixaban ningún, nin os alevíns... O único sistema medianamente válido son as artesas ben construidas e cumplindo as normas que hai o efecto, claro que esto vale unha millonada de euros...
COTO DO FRADE, Asociación ecoloxista dda Comarca do Ribeiro, e que levou a cabo todos estos anos pasados a reivindicación sobre o desastre da Anguía do encoro de Frieira denuncia con este artigo o engaño deste ascensor. NECROMAXIA DE FENOSA EN FRIEIRA.
|