|
|
Os ciudadáns non poden e non deben pasar do
tema dos Parques Eólicos. Os productores
de electricidade "compañías privadas todas elas" están
esnafrando os nosos ríos, e digo "esnafrando" e seguro que me
quedo corto, e dende fai uns anos tamén as nosas mellores serras, os
mellores teitos de Galicia, algúns lugares incribles, auténticos
bosques perfectamente conservados, lugares históricos fora de serie:
Realmente, estase a vender a Natureza Galega, e as veces, a nosa historia ¿ a cambio de qué? ... Están previstos 150 parques Eólicos ata o 2010, sobre 3.150 MW. Este goberno ( demostrarase dentro duns anos) é o que máis estragou a natureza galega, o que menos fixo por ela, e inda peor, o que máis deixou facer en contra. |
|
Por este Parque eólico pasa a VEREDA MAIORE QUE DISCURRIT DE ASTORICA. A vía romana XVIII del Itinerarium Antonini. |
Os parques eólicos fan, entre outras
cousas, o seguinte: abren pistas por
tódolos sitios. Talan árbores. Fan
tendidos eléctricos en calquera lugar, meten esas aspas que dicen que non molestan a
paisaxe, e realmente son edefesios impresentables. Botan fora a fauna da zona. E digo botan fora, é
totalmente lóxico, meten medo.
Có "slogan comecocos" da non contaminación, estase a vender a Natureza Galega, estanse a vender as serras, estase a vender lugares históricos, ó único ceibe, que quedaba en galicia, a cambio de qué... É certo que os Parques Eólicos producen electricidade, osea enerxía, pero ¿ACASO SE REDUCEN OUTRAS ENERXÍAS MÁIS CONTAMINANTES?. NON. ¿ Hai sustitución de enerxías sucias por limpas ? : non. ¿Estanse a pechar minicentrais e algunhas presas?: non, están previstas ata 300 minicentrais e 28 grandes presas en Galicia. Todo enerxía limpa ... da un pouco de risa...por non chorar. |
En Galicia hai 15 empresas dedicadas a este negocio. Dentro de pouco haberá máis, esto é un chollo, fan o que lles da a gana. ¿ Quen son ?. Seguro que os mismos que explotan os ríos...claro que con outros nomes.... Algunhas destas empresas auténticas depredadoras do medio ambiente galego. |
En realidade os proxectos están sendo
bastante contestados en Galicia, que decir do Parque de Soutelo, Serra
do Xistral, Candán, Couto Mixto en Vilar ( de Randín), Serra de Lastra, A
Veiga, Irixo e un longo etc. pero todos
van para adiante, aquí, en Galicia, todo vale falando de enerxía ( lembrade o encoro do
Umia). Todo é limpo.
Así o Parque Eólico de Candán, moi contestado, entre outros moitos. : aquí fálase de 15 km. de pistas, 10 km. de tendidos eléctricos, 175 aeroxeradores, unha desfeita auténtica. En xeral os estudios de impacto limítanse a catro chorradas, as veces son de outros lugares, lamentable: teñen pouco en conta a desfeita do monte, con pistas por tódolos lugares ( que traerán caza furtiva, residuos, etc. ) , e en xeral a desfeita do lugar. Teñen moi pouco en conta as especies da zona. Realmente xustifican a súa construcción, non a súa compatibilidade co medio natural onde se asentan. Compran por catro cadelas, e todo, todo é de utilidade pública ou interés social... |
Por este Parque eólico pasa a VEREDA MAIORE QUE DISCURRIT DE ASTORICA. A vía romana XVIII del Itinerarium Antonini. |
O que está claro é que os Parques
Eólicos están supoñendo en Galicia unha perda dramática da
naturalidade da Serra de Galicia, que inda por riba a partir de agora
será máis accesible con tanta pista. Eu persoalmente tuvén acceso a
este parque do Sil ( Monte Meda), sin despeinarme, prácticamente cheguei con coche
ata os aeroxeneradores...
Unha desfeita, amparada na frase de NON CONTAMINAN. A verdade que NON CONTAMINAN, NON EMITEN NADA MÁIS QUE AIRE, ESO É CERTO, PERO DESFÁN A TOPE. |
Xa se fala de Parques eólicos constructivos e destructivos. Evidentemente estos son os que a súa incidencia negativa supera os beneficios. Pero fanse igual... Ahora están de moda, xunta coas minicentrais ( que están caladiños pero fan o que queren). Enerxía do vento, enerxía renovable. Enerxía limpa. ( ¡¡ Que medo !! ). |
A miña opinión co anterior está
clara: discrepo con poñer parques eólicos en tódales las serras galegas
onde sople ben o aire. Había que facer moitas cousas antes de eso.
Estudiar un poco os lugares e as necesidades.
¿ Qué opinan xente de peso intelectual e moral ?. Simplemente recollo algunhas frases de xente como Isaac Diaz Pardo que apunta a propósito das enerxías eólicas que " .....e unha das operacións máis escandalosas que se están a montar en Galicia con gran cabreo dos máis importantes xeógrafos e arquitectos - paisaxistas de Galicia e de fora...." e que "o recurso máis valioso que é a enerxía, que era nosa, ficará xa toda ela en mans foráneas". (Galicia 2020. Páx. 43 ). Realmente para temblar. |
|
|
| Tódalas fotografías deste comentario
son propiedade do autor da WWW. Están feitas no Eirado, no Monte da Meda, un
lugar que estaba perfectamente conservado, con un bosque natural moi
poblado de tódolos tipos de especies. Un lugar incrible da provincia de
Ourense. Un
lugar que según Antonio G. Rodicio pasa a vía romana de Astorga a
Ourense. ( Por certo descoñezo como afectou este Parque eólico a
esta vía).
Ahora terá este Parque Eólico, chamarase Parque Eólico de Meda e Parque Eólico do Sil , que seica será de "Interés Turístico social ou algo así". Dente este lugar vese parte da provincia. Un lugar fora de serie. Unha serra menos, pero un parque Eólico máis. Vivir para ver. Por certo este Parque vese dende Ourense ciudade, dende a ponte novísima, e non digamos dende a pasarela do novo ponte de Ourense, baixando por ela podremos imaxinarnos ata o xiro do aeroxenerador... é que en Ourense pensamos en todo.
Dende esta ponte, mirar o lonxe ( cara a ponte Vella), perpendicularmente, e logo xirar 10ª cara a ezquerda. Veredes os aeroxeradores de Monte Meda...dende Ourense ciudade. Tamén podremos ver o Parque Eólico dende a nova ponte de Ourense, dende a pasarela. Seguro. As súas excelencias, según os donos de estas empresas, son ( en xeral dos parques eólicos) : reducir a emisión de dióxido de carbono, fomentar o empleo, na actualidade traballan neste campo 355 persoas ( falan xa de chegar a 5000 empleos, este dato é positivo) e a non contaminación. Troulas a cambio das nosas serras. O mismo que están a facer cós ríos, as minicentrais son maravillosas, pero onde meten unha, adeus o río, irremisiblemente ... os parques eólicos coas serras o mismo... ( de tódolos xeitos a desfeita dos parques eólicos é moito menor que a desfeita dunha minicentral e dan máis postos de traballo sin dúbida). |
Un aeroxenerador pode botar ata 60 metros ou máis de altura. ( Xa se fala de 100 metros de altura, todo un prodixio, ademais son bonitos...según os constructores.). A súa potencia chega 1300 KW por peza, outra maravilla. Se mire como se mire non cadra en moitas Serras de Galicia. Por certo últimamente fálase de que están a maioría mal construidos, con materiais malos...incrible. |
Os 36 aeroxenadores ( do Parque Eólico da fotografía, cada un produce 660 kw) traballarán unha media de 2.500 horas o ano o que se traduce en 23,73 millones de megavatios e a producción media sítuase en 66,8 millóns de kilovatios hora/ano. Perteñecen a Xunqueira ( 3 aer. ), Parada do Sil ( 2 aerox. ) e Nogueira de Ramuín ( 31 aer.). Como reza o panfleto estos megavatios equivalen a producción de 2.900 toneladas de petroleo ( soio 18 deles) e xa está xustificado o proxecto. Aforramos petroleo... somos incribles.
Mentras, nada se fala de aforro enerxético, nada se fala de encoros que están a décima parte de producción ou non traballan, cando o mal xa está feito, todo a tirar da teta da natureza galega... ata que todo quede esnafrado...nada se fala de reducir o que hoxe contamina de verdade, as térmicas das Pontes ( record histórico de producción en 1998), ou Meirama que aumentou a producción)...todo vale. Lamentable... |
|
|
|
|
| O deterioro da zona é evidente. Logo
cando se inaugure mitigaran a desfeita, pero está a vista. Dicen que 8
km. de pistas.
A serra non é a mesma. |
Deterioro claro dunha zona marabillosa, o Eirado, Outeiros do Sobrado, os Chaos, dentro do Monte Meda, perfectamente conservado. Ahora, en maio do 2001 xa están vendo como está. | |
|
|
![]() |
|
| Incrible o Eirado. Quen te viu e
quen te ve.
Atracción turística... Dende a súa cima, 1.140 metros, vese o cañón do Sil, que están pedindo sexa patrimonio da humanidade...un día destes incluen este parque na oferta ... |
Carreteras por todos os lados, madeira cortada ... Asentamentos históricos sabe Deus como quedarán... Un lugar que según Antonio G. Rodicio pasa a vía romana de Astorga a Ourense. Por certo os cazadores caladiños ... seguro que cazan máis nos parques eólicos, as lebres non oirán os cans... |
|
¡ Deus colla confesada a Galicia!!. Esto non é progreso esto é unha desfeita.
A natureza@punto.
Por certo, un día destes, solicito unha minicentral e un Parque Eólico, seguro que mo dán...é un chollo. Por certo a Xunta está a solicitar (maio do 2004) subvencións do estado Español e da UE para paliar os impactos ambientais. Incrible... |
Realmente para temblar.
Hoxe hai 33 parques eólicos instalados ( maio 2001). Dende esta folla www en defensa da Natureza Galega , pido e imploro que non se desfagan as serras galegas, que se fagan as cousas con sentido, non soio mirando os cartos, que realmente se fagan estudios de impacto e non "chorradas auténticas", de moi deficiente, incluso con auténticas mentiras doutro lugar. Que non se fagan os Parques eólicos por facelos. En calquera lugar, de calquer forma. Que non se fagan parques destructivos. Calquer municipio, orden recente da Xunta, poderá construir pequenos parques eólicos, según a Xunta, así terán novos ingresos ( vaia desastre). Por outra banda axilizarán os trámites o máximo; carnet para estragar o monte, incrible. En Ourense están moi interesados: A Gudiña, Rios, A Mezquita e Vilariño de Conso. Esto é unha desfeita. |
Información sobre Parques eólicos instalados e en proxecto. (Base de datos)
O Parque Eólico de Irixo, vai desfacer O Testeiro outro dos mellores habitat do falcón peregrino e dalgunos tipos de aguías. Outra desfeita. A natureza@punto.
Sobre a empresa constructora deste Parque ( Ten catro previstos na Provincia de Ourense , 1.- Sil, 2.- Meda, 3.- Serra do Burgo y 4.- Larouco), os interesados poden ver o link:
![]()
Os concellos afectados a xuzgar pola propaganda están ¿¿ encantados?? ( postos de traballo ( 2 xóvenes de FP II empleados) , mellora de accesos, diñeiro para o Concello e bares e restaurantes cheos de xente a hora de comer... ) . :
![]() |
.... | ![]() |
---------------------------------------------------------------------
Por este Parque eólico pasa a VEREDA MAIORE QUE DISCURRIT DE ASTORICA. A vía romana XVIII del Itinerarium Antonini.
Muiño da devesa de Ameixedo. Serra do Candán. Revista Cerna. Foto de Sobreira.
A empresa Eólica Gamesa (o parecer un monstruo a nivel mundial gracias a Xunta de Galicia), ten licencia para construir na Serra do Candán dous parques. O proxecto inclue 174 aeroxeradores, 15 km. de pistas e 10 km. de tendidos eléctricos. A Xunta a verdade é que pon máis pegas para construir un establo neste lugar que un Parque Eólico, dice a revista Cerna no número 32.
A empresa presentou uns estudos de impacto ambiental cunha calidade técnica de moi deficiente, pero en Galicia da igual.
De feito non menciona a inclusión do lugar na red Natura 2000. O estudio de cada parque non menciona o do outro cando están pegados, tampouco menciona que na zona existe unha linea de alta tensión.
Realmente copian uns de outros e repito qué máis da...unha vergoña auténtica. O estudio é clavado o do Parque do Cando con datos doutro lugar.
Lémbrome do estudio de impacto do encoro do Umia que perteñecía ó lugar de Puebla de Guzmán en las Riberas del Guadiana, incluso con animais que non existen en Galicia ( Gallipato, lagartixa colibermella, meloncillo, buitre negro, aguila imperial, culebra de cogulla e un longo etc)...por certo todo valeu e o encoro está funcioando.
¡¡¡Qué máis dá !!!. Logo dirán que fan uns estudios de impacto incribles...... e vemos, os que estamos un poquiño enterados, que "mexan por nós e temos que decir que chove...".
Ó parecer estudian o ruido, a calidade das augas, seguimento de aves e quirópteros, elementos arquitectónicos, simulación infográfica (para estudiar o impacto sobre a zona)... a rediós...sempre dirán "as obligacións en materia medioambiental témolas superado ó 100%...".
O lector tome nota de algunhas frases e feitos dos responsables de Gamesa en Galicia: en decembre do 2000, e sen aprobar nada de nada, entrou a saco, na Serra do Candán, con catro palas e ala...a volar a dinamitar......logrouse parar o desastre...e pagar a multa, de coña, a friolera de 1 millón de pts., incrible.... A finais de decembre deste ano xa ten os permisos:
Frase 1 "Ahora comenzaremos a construir cuando consideremos oportuno".
Frase 2 : "Las aves rapaces no son tontas, como nos quieren hacer creer algunas personas, y saben volar entre los aerogeneradores".
Frase 3: "A seguir temblando, son os amos dos montes galegos". A frase 3 do autor da www.
Lémbrome dun estudio de impacto do Parque Eólico de Meda, onde o responsable decía que dende a Colexiata de Xunqueira soio se vían dous aeroxeradores... un estudio incrible. Hasta que punto se teñen en conta as cousas....
Os galegos debemos ser tontos...