Atras Home Page E-Mail Adiante
Xunqueira de Ambía
Arredores

Allariz, medieval e ecolóxica Visite a
Xunqueira
da lembranza


Escudo de Allariz A vila de Allariz está situada na riveira do rio Arnoia, 6 km. rio abaixo de Xunqueira. É unha típica vila medieval, arroupada po-lo séu castelo -hoxe derruido- e foi gardada por murallas. Está asentada nun castro prerromano cun entorno ecolóxico- paisaxístico excepcional.

A súa medieval ponte de Vilanova foi anteriormente romana, parte dun ramal da vía XVII ou Vía Nova que conducía a Armea. Esto, xunto cos importantes restos arqueolóxicos atopados na súa Praza Maior e os que actualmente están aparecendo en Meire, a sólo 2 km, por mor das obras da autoestrada, falan do séu pasado prerromano e romano.

Pero o séu explendor situase na Idade Media, na que foi sede do Adiantado de Galicia e cabeceira de unha ampla rexión da La Limia deica a Raia Seca con Portugal. Iglesia de Santiago Eiquí residiu unha das xudeirías mais activas e ricas de Galicia, de donde ven a celebración da Corrida do Boy, que lembra a vinganza de Xan de Arzúa o arremeter, montado nun touro tanguido po-los séus criados, contra os xudeos que se rian dos cristiáns que asistian a procesión do Corpus Christi. Tradicionalmente relacionada coa industria do coiro, a súa feira está documentada xa no el ano 1.122, sendo unha das mais antigas de España. Eiquí formouse o rey don Alfonso X o Sabio e foi o lugar preferido da súa dona doña Violante.

Ainda que o castelo e as murallas son sólo recordo, o séu ben conservado casco urbán é unha boa mostra do séu pasado. Outra é a románica igrexa de Santiago, de comenzos do século XII, de interesante fábrica, con dous sarcófagos con estatua xacente e depositaria de unha valiosa talla da Virxe da O. Excavacións no séu arredor atoparon importantes vestixios romanos e Residencia de Alfonso X todo un cemiterio de sepulturas antropomorfas excavadas na rocha. Tamén románica é a igrexia da Nª Sª de Vilanova, de fins do século XII; no ano 1.809 fui saqueada po-los franceses e perderonse as valiosas tallas dos séculos XII, XIV y XVI que posuia. Asimesmo románicas son as igrexas de San Estebo, con torre do 1.585 e altares barrocos, e a de San Pedro, rematada no 1170 e restaurada fai pouco.

Nos extramuros, na Barreira, ca súa fonte monumental do 1.793, está o Mosteiro de Santa Crara, hoxe convento de clarisas, fundado por doña Violante no 1.286, co séu claustro de 3.600 metros cadrados, o maior de España. A súa igrexa pública e torre son Ponte de Vilanova barrocas, século XVIII; conserva duas pezas do século XII de gan valor: un tríptico ca Virxe Abrideira de marfil e unha cruz de cristal de rocha. O lado está a igrexa de San Bieito, do XVIII, con dous cruceiros góticos, do 1.579, o seu carón.

A 3 km. para o Sul, subendo por Roimelo e Paicordeiro está a igrexa de San Salvador dos Penedos, na Rota do Canelar, materialmente enterrada por entre enormes penedos, con un dos millores cristos románicos. Perto atópase o cumio de Malpaso con un castro e sepulturas antropoides.

A 6 km., muy perto de Xunqueira, está o conxunto histórico-artístico de Santa Mariña de Augasantas, onde di a lenda que morreu martirizada a santa. A igrexa, de finais do século XII, é de tres naves sin cruceiro e con tres ábsides. Por un camiño, que percorre a lenda do martirio da santa, chegase a igrexa non rematada da Ascensión, coñecida como Os Fornos, construida po-lo 1.300 sobre un conxunto prerromano. A pouca distancia está o castro A Cidá de Armea, resto dun importante asentamento prerromano e romano.
Casa da Paneira

O séu paso po-la vila o rio Arnoia vistese de luxo. Mentras a idílica Acearrica invita a sonar con contos de fadas, o Arnado sedúcenos cas súas terrazas por riba do rio. A praia fluvial calma o afán dos corpos sofocados mentras os museos etnográficos enchen a ialma con recordos do pasado.

Pero a beleza e a tradición alarganse po-lo decorrer do rio nunha invitación o sendeirismo de calidade. A Rota dos Muiños conducenos rio abaixo por 14 km. de espléndida beleza, salpicados por numerosos muiños tradicionais, que na súa segunda metade convírtense en obsesivos. Rio arriba, a Senda do Pescador lévanos dende o lugar de Acea de Meire o de Acea de Ambia, atravesando o concello de Ecoespacio do Rexo, de Ibarrola Xunqueira, por 7 km. de paz e beleza especiales millorados por numerosas mostras do pasado nunha sucesión de encoros, muiños, minicentrais, pontes e pasados xunguidos o rio como si formasen parte dil.

No ano 1998 o artista escultor vasco Ibarrola creou as veiras do rio Arnoia, no paraxe do Rexo entre Allariz e Xunqueira de Ambía, un ecoespacio que ven atraer moitas visitas o longo do ano.

O rio ten o séu complemento na montaña. A Rota do Canelar, que sae do lugar de Paicordeiro, permitenos elexir entre un camiñar de 5 km, subindo 200 m. deica o lugar das Teixugueiras, a 900 m. de altitude, nun arredor de rochas espectacular, dende o que se pode gozar dunha impresionante vista sobre Allariz; e outro de 8 km, subindo 300 m. deica o lugar de San Salvador e a fonte que lle da nome. A Rota da Padela paseanos po-lo val da Padela, ida y volta, por un arredor de fragas de carballos, acibros e castiñeiros, subindo 250 m. dende o lugar de Valverde deica o Alto de Allariz, onde se pode disfrutar dunha espléndida vista do val.

Atras Home Page E-Mail Adiante

alojamiento web gratis
Otros servicios ofrecidos por HispaVista:
Cursos y Bingo
Consigue una página web gratis o un
alojamiento web profesional con Galeón